O pasado 21 de outubro, nesta entrada do blog
comentabamos esta actividade que estabamos a realizar nas aulas de educación infantil.
Pouco a pouco, a nosa particular reprodución do cadro "O outono", do artista Arcimboldo, foi collendo forma. A mestra Ángeles axudounos a pegar todos os elementos, así como a chegar ás zonas máis altas para nós.
Foi unha actividade divertidísima e estabamos todos moi motivados/as. Agardamos que vos guste e aquí vos deixamos a evolución e resultado.
Agora, baixaremos a nosa obra de arte ao porche da escola onde o colgaremos e así colaboraremos, igual que o resto de aulas, a confeccionar un mural xigante sobre o outono.
Que bonito vos quedou! Encántame! Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas Ana!
ResponderEliminarA verdade é que foi unha actividade moi motivadora para os pequenos/as e a recomendamos facer nas aulas xa que da moi bos resultados.
Agora, xa forma parte do mural colectivo do porche da escola.
Estade atentos/as porque, pode ser, fagamos as catro estacións.
Saudiños