Como xa comentabamos en entradas anteriores neste blog, nas aulas de educación infantil estamos a traballar cos contos do libro "La mariquita Juanita", unha serie de relatos que nos axudan a desenvolver diferentes capacidades do pensamento e, sobre todo, nos axudan a aprender a pensar.
Se na anterior sesión, traballabamos as normas que nos acompañarían durante as lecturas e actividades cos contos (para lembrar preme na seguinte ligazón: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/11/traballando-cos-contos-la-mariquita.html) nesta ocasión unha grata sorpresa chegou á aula de 4 anos.
Alí, apareceu unha caixa sorpresa co conto "La mariquita Juanita" no seu interior.
Ademais, unha carta acompañaba ao libro, e invitaba a todo o alumnado
a subir á aula de usos múltiples e seguir unhas pistas. Alí, había unha
mochila con forma de xoaniña, así coma un montón de obxectos que
asemellaban ese mesmo insecto.
Ademais, unha carta acompañaba ao libro, e invitaba a todo o alumnado a subir á aula de usos múltiples e seguir unhas pistas. Alí, había unha mochila con forma de xoaniña, así coma un montón de obxectos que asemellaban ese mesmo insecto.
Agora, é a quenda das familias. Os nenos e nenas de 4 anos queren que colaboren coa actividade, aportando á aula obxectos que tamén se parezan a unha xoaniña, iso si
DEBIDAMENTE ETIQUETADOS CO NOME DO ALUMNO/A.
Coma sempre, GRAZAS pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario