Baixo o título“Cidadanía e convivencia dixital” o vindeiro sábado día 16
de novembro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de
Administración Pública en Santiago de Compostela, a duodécima edición da
xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión se
dirixe a promover no ámbito familiar o uso seguro e saudable das novas
tecnoloxías na infancia e a adolescencia e á prevención da violencia
sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos
novos medios de socialización e convivencia dixital.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
16 de Novembro de 2013
A
xornada consta de sesións informativas dirixidas ás nais e pais e,
paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico e adaptados á súa idade
onde nenos, nenas e adolescentes irán coñecendo baixo parámetros de
igualdade e a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos,
algunhas características do mundo que como nativos/as dixitais lles
está tocando descubrir, así como os riscos e responsabilidades asociados
a determinadas prácticas que se poden desenvolver online (sexting,
sextorsión, grooming, ciberbullying...).
O aforo é limitado polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.
Documentos relacionados:
Fonte da información:XUNTA DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario