jueves, 28 de noviembre de 2013

Os nenos e nenas de 4 anos investigan sobre os museos de Vigo

Na aula de 4 anos estivemos facendo unha pequena investigación axudados do señor “GOOGLE”. Recabamos información sobre algúns museos e fundacións que se atopan na nosa cidade, e o resultado foi o seguinte:

MARCO: Museo de arte contemporánea de Vigo. Conta cunha colección especializada en arte contemporáneo español e latinoamerica posterior aos anos 80.
VERBUM: Museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun xeito activo nos elementos expositivos.
MUSEO QUIÑONES DE LEÓN: Ubicado nun pazo de gran beleza, presenta unha das mellores pinacotecas de artistas galegos. O pazo alberga tamén un museo arqueolóxico, no que se expoñen pezas que van dende o ano 1500 ata o 600 antes de Cristo. Ademais, conta cuns fermosos xardíns de estilo inglés e francés.
MUSEO DO MAR DE GALICIA: O centro ten funcións divulgativas, docentes, investigadoras e recreativas. O seu deseño parte dun dos máis modernos conceptos sobre a actividade museística integrándose no seu entorno marino. Entre as súas instalacións destacan o seu acuario,o seu peirado e o seu faro.
MUSEO LISTE: Nove salas de exposición permanente amosan máis de 2.000 pezas a través das que o visitante recorre os oficios artesanais galegos, a cultura do centeo, a roda tradicional, os tecidos, a madeira excavada, a luz, a materialidade da fe e o arte de curar.
FUNDACIÓN LAXEIRO: O artista José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro (Lalín 1908–Vigo 1996) conta nesta Fundación cunha exposición permanente formada por un total de 62 obras, propiedade do Concello de Vigo, e cedidas en réxime de depósito á Fundación Laxeiro. Ademais da coleción permanente, esta Fundación organiza exposicións temporais, con fondos de colecións privadas e públicas .
FUNDACIÓN CAIXANOVA: As salas de exposicións da Colección Caixanova (3000m2) acollen, segundo os expertos, a mellor colección de arte galego do mundo. Os fondos da coleción ascenden a 4.000 obras. Expóñense 120 obras organizadas nun percorrido de forma didáctica, dende o arte galego do século XIX ata os nosos días.
A exposición Naturnova consta de 37 módulos organizados en tres áreas temáticas: O Universo, A Biosfera, O Home e O Medio. Este Centro Interactivo de Educación Medioambiental responde a preocupación pola preservación do medio ambiente.
Tres zonas de exposición adícanse a mostras temporais procedentes de diferentes museos ou colecións privadas. Tamén se expoñen nestas salas exposicións de divulgación científica e etnográfica, percorridos artísticos, novedosos ou consagrados, nunha firme aposta pola calidade creativa.
FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA: É unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter privado, adicada a promover o desenvolvemento de Galicia dende una perspectiva global. O Centro de Vigo permite programar unha seleción das mellores exposicións, concertos e seminarios da Fundación e do seu Instituto de Estudios Económicos, ampliando a distribución doutros servizos da Fundación como publicacións, becas e convocatorias de axudas sociais, investigadoras e culturais.

Unha vez que tivemos toda esta información, cada neno e nena realizou unha ficha onde identificou cada museo, escribíu o seu nome e pegou a foto correspondente.
Foi una actividade moi disfrutada polos nenos e nenas, pois algúns destes lugares xa os coñecían e o feito de poder explicar o que sabían ou as súas experiencias nalgúns deles fixo que participaran dun xeito moi activo.
Dende aquí aproveitamos para animarvos a que levedes aos vosos fillos a disfrutar destes lugares que temos tan preto.Veredes como desfrutan explicándovos o pouquiño que aprenderon nestes días.

4 comentarios:

  1. Cantas cousiñas aprenderon e nós con eles! Grazas por compartilas. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. O proxecto está a resultar un éxito. Grazas por comentar e moitos bicos.

    ResponderEliminar
  3. me gusta todo lo que haceis´ ,aprenden jugando que eso es lo importante y que muestren interés .gracias bicos´clase de paula

    ResponderEliminar
  4. Muchas gracias por tu cariñoso comentario.
    El objetivo es aprender jugando, efectivamente. A través de actividades lúdicas y significativas para ellos conseguimos que aprendan (y los profes también) un montón de aspectos del mundo que les rodea.
    Saludos

    ResponderEliminar