viernes, 30 de marzo de 2012

Boas vacacións de Semana Santa. Voltamos o 10 de abril.

BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
VOLTAMOS ÁS AULAS O

MARTES, 10 DE ABRIL DE 2012 

Consulta o calendario escolar dete curso na seguinte ligazón:


Celebramos o Día do Teatro con Mario Tomás

O martes, 27 de marzo de 2012, celebramos ca escola o Día do Teatro e recibimos a visita de Mario Tomás.
"Mario Tomás López comienza su andadura teatral en el teatro amateur de Lugo en 1984, siendo cofundador de la asociación Chévere y participando en los diferentes espectáculos y talleres formativos de la asociación hasta 1987. Se formó en Alemania, París y Madrid con profesionales da talla de Jacques Lecoq, o con la directora del teatro Tembr de Moscú, entre otros muchos. Actor en espectáculos clásicos cómo La vida es sueño, Él burlador de Sevilla o Bodas de sangre, por sólo nombrar algunos, Mario Tomás también es y fue director y ayudante de dirección de otros muchos, tales como TROYA SIGLO XXI para el festival de teatro clásico de Mérida (2002) o la versión y puesta en escena de LOS TRES CERDITOS Y ALGUN OTRO (2007). Tiritero desde 1997 con numerosos espectáculos por toda la geografía del Estado, también colaboró en series como "Aquí no hay quien viva" (2005) y fue la voz del personaje de Bach en el programa Él conciertazo en TV-2 (2002/2004). En 2005 crea la compañía de guiñoles Tirititempo, con la cual ha estrenado ya varios espectáculos: Los Tres Cerditos y Algún Otro, La Isla del Tesoro y Setesete."


O alumnado pasou unha divertida e teatral xornada. Aquí estamos os nenos e nenas de educación infantil co alumnado de 1º ciclo.
Mario contounos moitas historias, así como nos presentou a un "avó-pato" moi simpático. Tamén tivemos tempo para participar un pouco con el; David e Carmen foron os escollidos polo autor para axudarlle a contar unha historia e, a verdade, o fixeron moi ben!!!
Cando Mario rematou a súa actuación, decidimos que era a hora de agradecerlle esta xornada de teatro cun agasallo moi especial. Paula e Luis acercáronse a Mario para lle agasallar co marcapáxinas da BiblioRía, que lle encantou!!!.
Posteriormente e como cada vez que alguén visita a BiblioRía, Mario Tomás asinou no Caderno de Bitácora e así o despedimos... ATA A PRÓXIMA!!!
Se queredes ver a totalidade das imaxes ou ler máis información sobre o acto, podes dirixirte ao blogue da BiblioRía (preme na ligazón):

http://www.biblioria.blogspot.com.es/

viernes, 23 de marzo de 2012

Chegou a Primavera. Actividade EDI

Como ben sabedes, o pasado martes sobre as 06:00 horas da mañá... Chegou a Primavera!!! e así se chama a nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo que xa podedes descargar na nos Wiki do colexio onde almacenamos todas elas.
Esta actividade está dirixida ao alumnado de 3 anos; a partires dela, traballamos as características da estación, vocabulario básico relacionado coa mesma, diferentes conceptos traballados na aula (enriba/debaixo, moitos/poucos, series,...),...
Coma sempre, poderedes proceder a súa descarga premendo na imaxe ou na ligazón... adiante!!!

 

jueves, 22 de marzo de 2012

21 de Marzo. DÍA DA POESÍA

Onte celebramos na BiblioRía da escola o Día da Poesía.
Como este ano, a "cousa" vai de barcos e piratas, decidimos traballar "La canción del pirata" de José de Espronceda.
Cada unha das aulas preparou un anaco da poesía e o traballou na clase.

Con diez cañones por banda,
viento en popa a toda vela,
no corta el mar, sino vuela,
un velero bergantín;


bajel pirata que llaman
por su bravura el Temido
en todo el mar conocido
del uno al otro confín.

La luna en el mar riela,
en la lona gime el viento
y alza en blando movimiento
ondas de plata y azul;
Se queredes descubrir máis información sobre esta celebración, poderedes visitar o blogue da BiblioRía:http://biblioria.blogspot.com.es/2012/03/21-de-marzo-dia-da-poesia.html

lunes, 19 de marzo de 2012

Xogando cos... círculos e triángulos

Nova actividade para disfrutar no Encerado Dixital Interactivo; nesta ocasión, traballando coas formas xeométricas.
Xa sabedes que para descargar a actividade poderedes premer na imaxe ou na ligazón que aparece debaixo.

Como sabemos que aos usuari@s do blogue lles gusta moito xogar coas actividades propostas e, como moitos deles non teñen o programa para poder xogar con estas actividades para o EDI, aquí vos deixamos algúns "pantallazos" dalgunhas páxinas (non podemos subir todas xa que moitas delas son interactivas, unicamente subimos as que poderedes utilizar nas casas)







 

viernes, 16 de marzo de 2012

Semana da Prensa

Durante toda esta semana (dende o 12 ata o 16 de marzo) celébrase a Semana da Prensa e, coma todos os anos, os xornais son os protagonistas destes días.
Este ano, Gaspar nos solicitou que trouxeramos á escola noticias relacionadas cos barcos e co titanic; así, milleiros de recortes de prensa chegaron ás aulas e, entre todos, estivemos a comentar cada unha das noticias. Como non podía ser doutra forma, o Titanic e tamén o Costa concordia foron as noticias máis comentadas.
Con todas esas noticias elaboramos un mural moi chulo no porche da escola, aquí vai unha imaxe:
 Por suposto, tiñamos un apartado adicado ao Titanic, como non podía ser doutro xeito... (fixádevos ben porque poderedes observar a portada do xornal de ese ano que anunciaba a tráxica noticia)
 Aula a aula, baixamos ao porche para pegar as nosas noticias no mural. Todas elas as clasificamos segundo foran de Vigo, España, Mundo ou do Titanic.
 Tamén tivemos tempo para comentar a noticia do Titanic: contamos ata 100, miramos as secuencias do tráxico suceso, observamos o barco, contamos as súas chimeneas,...

 Coma sempre, grazas ás familias por aportar as noticias e, ao alumnado, por ser partícipes da elaboración do mural, por comentar as noticias,..


 ... ata a proxima!!!

jueves, 15 de marzo de 2012

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Este proxecto cultural que comezou a andar no ano 2000, constitúe unha das pezas máis prezadas da programación anual do Concello de Pontevedra. 

O tema deste ano é 12 + 1

O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
A presenza das supersticións é habitual tanto na tradición oral como na literatura contemporánea. Maniféstase de moitos xeitos. Cos números:12+1 (no canto de 13); con símbolos máxicos que funcionan coma amuletoss: a figa, a pata de coello...; coas accións que nos dan poder ou nos apartan do mal: cruzar os dedos, pasar a man pola barriga dunha preñada, atopar un trébol de 4 follas, botar o sal por enriba das costas, fregar o chepón dun concorvado... coa presenza de seres sobrenaturais como a Santa Compaña; co máxico poder de lugares especiais coma os cruces de camiños ou os camposantos; con elementos que nos dan medo ou nolo quitan: allos, cruces de madeira... con apócemas máxicas: a queimada e o seu conxuro... e mesmo con animais tan cotiáns coma os gatos. Se son negros, mellor que mellor!

Autor homenaxeado

O autor homenaxeado de 2012 é Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e cunha grande traxectoria de publicacións e premios. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención aparte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que fixo acreedor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1986 co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou dos seus maiores éxitos.

Dende a portal web do Salón do Libro Infantil e Xuvenil poderedes acceder a toda a información relacionada con este evento: programación de actividades, notas de prensa, galería de imaxes,...
Aquí vos deixamos o contacto:

Organización  

609 688 795 salondolibro@salondolibro.org  

Pazo da Cultura de Pontevedra_ Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra_986 833 061

Fonte da información: http://www.salondolibro.org/

lunes, 12 de marzo de 2012

Prantamos tirabeques no horto da escola

 O pasado xoves, fixemos unha prantación de tirabeques no horto da escola.
Os tirabeques son unha variedade dos guisantes, fixádevos que cor teñen!!!
En grupos de 5, fomos collendo as sementes e, coa axuda do mestre Bieito que nos indicaba onde botalas, puidemos ir facendo a prantación pouco a pouco.
Estivemos a prantar no horto da escola, pola beira de todo o espazo que ocupa... agora, estaremos moi pendentes do seu crecemento para ver se as nosas acción dan os seus froitos... xa volo iremos contando.

jueves, 8 de marzo de 2012

VI Premios Espiral de Edublogs 2012

Durante estes días, o noso blogue presenta a súa dereita un logo coma o seguinte...

 ... e, como ben dice, este blogue participa na VI Edición dos Premios Espiral de Edublogs. Para que poidades coñecer máis sobre esta convocatoria de premios, poderedes visitar o seguinte enderezo: 

Dende este enderezo web, poderedes estar ao día de todos os blogues que se presentan, ler as bases do premio, facer comentarios nos blogues que che gusten, descubrir novos espazos web de interese,...
O noso blogue preséntase pola categoría "Blogs de Profesores e Profesoras de Infantil: blogs individuales o colectivos que publiquen una temática relacionada con la Etapa de Infantil, con propuestas didácticas o experiencias en el aula." 

Este blogue xa está publicado no portal dos premios; así, o poderedes visitar premendo na imaxe ou no enderezo seguinte:


 
 Os invitamos a que visitedes estes Premios e, por suposto, o noso blogue... agardamos os vosos comentarios!!!

miércoles, 7 de marzo de 2012

"La canción del pirata" José de Espronceda

O vindeiro 21 de marzo celebramos na escola o Día da Poesía. O alumnado de infantil escolleu "La canción del pirata" de José de Espronceda para recitar ese día.
Aquí vos deixamos unha sinxela actividade LIM na que traballamos con ela; lembra que para xogar en pantalla completa tes que premer no cadrado superior dereita.
Agardamos que vos guste.

martes, 6 de marzo de 2012

Inauguramos o novo patio de educación infantil

Dende o pasado venres, estamos a disfrutar dun novo patio de xogos; este novo espazo é o que fai un tempo ocupaban as vivendas do colexio e, despois dunha serie de obras e reformas puidemos baixar a velo e tamén a estrenalo.
Aquí vos deixamos unha serie de imaxes do primeiro día; poderedes acceder a elas premendo na seguinte ligazón:


Pouco a pouco, iremos "decorando" un pouco os espazos, incorporando novos xogos e dando vida a este patio que tanto nos gusta.