miércoles, 28 de febrero de 2018

Cineeeeeeeee !!!

O pasado venres 23 de febreiro todo o alumnado de infantil foi aos Cines Gran Vía para ver a película Ferdinand. Foi unha mañá moi divertida e emocionante e na que resultou moi enriquecedor para os nenos e nenas ir cos seus compis de clase a ver unha peli. Toda unha aventura !!!!













































 

lunes, 26 de febrero de 2018

ANIMAIS E DEMAIS

A partires dos xoguetes que temos na aula estamos traballando a conciencia fonolóxica. Concretamente cos animais, fixemos un xogo que consistía en elixir un animal que nos gustase e buscar o seu nome. Con esta tarefa traballamos a atención, a audición de fonemas e fomentamos o recoñecemento de letras.