miércoles, 28 de octubre de 2015

LIMPIAMOS A PRAIA

Coma outros anos, os nenos do noso cole, decidimos que chegou a hora de recoller os refugallos que durante todo o verán deixaron tirados nas nosas praias algunhas persoas, e así mantelas limpias ...


martes, 27 de octubre de 2015

CHEGA O SAMAIN

Este ano, os nenos de catro e cinco anos estamos a traballar co medo, a continuación deixámosvos un video, no que os nenos estan a representar a expresión do cuadro "EL GRITO" de Munch. Apagade as luces e preparádevos para pasar medo....!!!!

PRANTAMOS LANDRAS




PLANTAMOS LANDRAS

Os nenos/as de catro anos estivemos a plantar na aula as landras que recollemos debaixo do carballo do cole. Agora seguiremos a regar e coidar con moito agarimo estas landras e cando medren e teñamos os carballos  plantaremolos no patio do cole.

lunes, 26 de octubre de 2015

O SAMAÍN CHEGOU

A semana do samaín chegou, e hora de superar os nosos medos...!!! Mounstruos, pantasmas, vampiros, demos, a escuridade.....vamos a desfacernos de todos os nosos medos!!!.
Mirade o que apareceu na clase de cinco anos!!! esta mañá cando chegamos había uns novos compañeiros!!!
Queredes coñecelos?
pois mirade este video......


26 DE OUTUBRO!!!!!

26 DE OUTUBRO!!!!!


A semana pasada chegounos unha carta de Gaspar





invitábanos a inaguración da biblioteca!!

Tivemos que esperar moito, pero por fin, hoxe  chegou o día!!!

Adiviñade cal e o tema deste ano?




Gaspar recordounos as normas da biblioteca e contounos un conto moi especial...





Pasámolo moi ben....




se queredes saber mais cousas deste día tan especial, acudide o blog da nosa biblioteca. http://biblioria.blogspot.com.es/

viernes, 23 de octubre de 2015

XOGOS MUSICAIS

Onte os nenos de catro e cinco anos fixeron unha actividade proposta polo equipo de dinamización da língua galega chamado xogos musicais.
Nesta actividade Luis e Samuel presentaronos intrumentos que coñecíamos, como o acordeón, a pandeireta e a gaita, e outros que non víramos nunca, o bazuqui, o birimbao e a requinta.


A clase de Patatín xogou estes días ca cor azul, e fixéron unha nube moi bonita!!!

miércoles, 21 de octubre de 2015

CHEGA O OUTONO MARRÓN E AMARELO





Os nenos/as de catro anos estivemos a pintar co dedo follas de outono marrón e amárelas, aquí vos queda un pequena mostra do noso traballo.

domingo, 18 de octubre de 2015

OS XOGOS DE SEMPRE

Un ano mais os nenos de sexto de infantil decidimos, que ademais de aprender as letras e os números, tamén queríamos aprender xogos novos. A continuación deixámosvos unha mostra dos xogos que estamos a aprender. Se queredes podémosvos ensinar como se xoga!!

viernes, 16 de octubre de 2015

A REINA A

Xa chegou a aula de sexto de infantil unha nova persoaxe do país das letras!!!!!  A reina A, aqui vos deixo   o seu conto




e sua canción



miércoles, 14 de octubre de 2015

CHEGOU GASPAR!!!!!



¡VISITANOS GASPAR!

Hoxe Gaspar visitou as clases de infantil, e deixounos unha carta pegada no noso taboleiro.
Gaspar cóntanos que este ano quere coñecernos un pouquiño mellor a cada un de nos e pensou un novo tema para traballar na BIBLIORIA. Agora  nos temos que adiviñar o titulo de ese tema, ademais pediunos axuda porque foi deixando polos corredores do cole unhas cariñas  e equivocouse o poñerlle o nome debaixo e agora nós temos que poñer o nome axeitado a cada cara. Pero cando teñamos rematado Gaspar quere que volvamos desorganizar esas palabras para que outros nenos volvan facer o mesmo percorrido polos corredores do cole.
Foi una actividade moi divertida e pasámolo moi ben , agora deixamos unhas imaxes dese percorrido, esperamos que vos guste.

viernes, 2 de octubre de 2015

GRATITUD-GOLIAT



SENTIMENTOS E EMOCIÓNS

Os nenos/as de catro anos o longo do curso traballaremos diferentes sentimentos a través da colección  ¿Qué sientes? De Violeta Monreal., pero só traballaremos os contos das iniciais dos nenos/as da clase.
Hoxe comezamos coa “GRATITUDE”, e estaremos traballando este sentimento durante todo o mes de outubro. Cada conto ten asociado un “Filin” dunha forma e cor diferente







A Gratitude e saber dicir grazas.Algo tan sinxelo e complicado o mesmo tempo para moita xente. Goliat é un neno desagradecido.Por iso se converte nun neno diminuto.Para deixar de selo, deberá aprender a dicir as ” palabras máxica ”
O longo desta sesión estivemos lendo o conto e recoñecendo algunhas cousas que nos fan sentir agradecidos, logo debuxamos o filin da gratitude e coloreamos a letra “ G “.
Aquí queda una pequena mostra do noso traballo, esperamos que vos guste.