martes, 27 de junio de 2017

CALENDARIO PERIODO DE ADAPTACIÓN

Queridas familias aquí deixamos os grupos de alumnos de 4º de Educación Infantil e os horarios para o período de adaptación.

 

lunes, 26 de junio de 2017

AVISO REUNIÓN

INFORMAMOS A TODAS AS FAMILIAS DE ALUMNOS DE 4º DE INFANTIL PARA O VINDEIRO CURSO QUE QUEDAN CONVOCADOS A UNHA REUNIÓN XERAL NO CENTRO  MAÑÁ MARTES AS 10:30.
PREGAMOS PUNTUALIDADE E EVITAR NA MEDIDA DO POSIBLE VIR ACOMPAÑADOS DE NENOS/AS.
GRAZAS.

viernes, 23 de junio de 2017

GRADUACIÓN

Chegou o gran día, despois de disfrutar 3 anos en Educación Infantil imos pasar para Primaria, pero antes disfrutamos dunha gran festa de Graduación.

jueves, 22 de junio de 2017

IOGA

Dentro do proxecto de India os nenos e nenas de catro anos estivemos a aprender os beneficios do ioga e practicamos algunhas posturas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.











 

miércoles, 21 de junio de 2017

CUMPLES DE VERÁN

Este martes estivemos celebrando nas aulas os cumples de xuño,xullo e agosto.Desta volta foi o turno de : Paola,Sabela C.,Alexander,Romel,Miguel,Noa,Martina, Enzo e André.
FELICIDADES A TODOS E TODAS

martes, 20 de junio de 2017

TEA DE ARAÑA

Na última sesión deste curso coa profe Marta para traballar os adxetivos que empregamos nas descripcións estivemos a construir unha tea de araña con calificativos para unha araña. Este foi o resultado tan chulo que nos quedou.










lunes, 19 de junio de 2017

PROXECTO INDIA

Na aula de cinco anos durante parte do segundo trimestre e todo o terceiro traballamos moitas cousas interesantes sobre a India.
Aquí queda recollido todo o noso traballo.
Esperamos que vos guste.

viernes, 16 de junio de 2017

O TÉ

Outra das cousas que aprendemos sobre a cultura India é a súa afección a bebida de té, o cal utilizan como nós a auga, de acompañamento de calquera comida ou simplemente como bebida nos diferentes momento do día. 
Na India atópanse algunhas das maiores producións de té do mundo, puidemos observar como son os campos de té e como se leva a cabo a súa recollida.


Baixamos o comedor do cole para levar a cabo a actividade de experimentación, ali puidemos ver, tocar, ulir e saborear diferentes tipos de té, asi como observar o seu proceso de preparación.





















jueves, 15 de junio de 2017

MANOS PINTADAS

Dentro do proxecto de India, tivemos a sorte de contar coa colaboración da familia de Sabela Méndez que nos viñeron pintar con henna as mans. Toda unha experiencia.
Dende aquí queremos agradecer que colaborasen deste xeito co noso proxecto


martes, 13 de junio de 2017

HOLI

Nesta sesión estivemos aprendendo como se celebra na India a festa que da a benvida a primavera.
Nela tiranse polvos de cores, fan fogatas  e beben bahg.


lunes, 12 de junio de 2017

XOGOS DA INDIA

Para rematar o noso proxecto sobre a India estivemos a investigar sobre os xogos que teñen a súa orixe na India.
-Xogos de cartas.
-Xogos de escaleira.
-Xedrez.