Como cada ano, unha nova promoción remata ciclo na nosa escola. Aquí vai un resumo en imaxes do paso do alumnado de 6º de infantil, dende que chegaron, con tres anos, ata a actualidade.
Mostrando entradas con la etiqueta Festa Fin de Curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa Fin de Curso. Mostrar todas las entradas
martes, 23 de junio de 2015
viernes, 19 de junio de 2015
Festival Fin de Curso 2015
Grazas ao ANPA, podemos desfrutar de máis imaxes das festas do mércores e do xoves.
Para ver as imaxes da festa do mércores, premer nesta ligazón:
E, para desfrutar das imaxes da festa do xoves, nesta outra ligazón:
jueves, 11 de junio de 2015
Festival Fin de Curso 2014/15
Aquí vos deixamos o programa para estes días de festivais.
MÉRCORES 17 DE XUÑO
Ás 10:30 horas-FESTIVAL DE ED. INFANTIL, 1º, 2º E 3º DE ED. PRIMARIA
(Estan convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis)
Educación Infantil 3, 4 e 5 anos: "POESÍA DA PREHISTORIA"
Educación Infantil 3 anos: Baile "EL PEQUEÑO GUGÚ"
Educación Infantil 4 anos: Poesía con lingua de signos "SOY EL HOMBRE DE CROMAGNÓN"
1º Educación Primaria: Vídeo "OS CASTREXOS" e Baile "O ROCK DOS CASTREXOS"
2º Educación Primaria: "ROMA" e Baile "DE NOCHE Y DE DÍA"
3º Educación Primaria: Teatro "CATAVENTOS E CIA."
Educación Infantil 5 anos: "GRADUACIÓN"
XOVES 18 DE XUÑO
Ás 10:30 horas-FESTIVAL DE 4º, 5º E 6º DE ED. PRIMARIA
(Estan convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis)
4º Educación Primaria: Teatro "REQUETECONQUISTA"
5º Educación Primaria: Teatro de Sombras "MANS Á OBRA"
6º Educación Primaria: "CAMIÑANDO POR VIGO" e "GRADUACIÓN"
Os días dos festivais (17 e 18 de xuño) a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 10:15 horas, polo portal dos coches para acceder ao ximnasio. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Coa finalidade de organizar do mellor xeito o funcionamento do colexio, en estas dúas datas NON poderá ser recollido o alumnado antes do remate do horario escolar ás 14:30 horas, ou ás 15:15 horas, en caso de alumnado usuario do servizo de comedor.
lunes, 30 de junio de 2014
Imaxes Festival Fin de Curso
O curso remata e hoxe compartimos con todos e todas esta presentación en imaxes sobre o festival de Fin de curso (educación infantil e 1º ciclo de primaria) que tivo lugar o xoves, 19 de xuño, e que foi todo un éxito!!!
Como
este curso andivemos a trafegar no mundo
da arte (grazas ao proxecto de centro que xurdiu da BiblioRía titulado “Lendo con Arte”) os nenos e nenas convertéronse nuns artistas; e así o demostraron neste festival de fin de curso tan cultural, onde
ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contaron, do xeito máis artístico, o
que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que
cada quen traballou.
En primeiro lugar, foi a actuación de 1º e 2º
de Primaria, que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS
MENINAS”, e nos contaron todos os
pormenores e "cotilleos" da corte de Felipe IV, e de todas as personaxes que quedaron inmortalizadas nesta obra de arte. A historia rematou bailando un “Minué”.
En segundo lugar, foi a actuación de Educación
Infantil que xirou arredor da figura e obra de VINCENT VAN GOGH. Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3,
4 e 5 anos comezou recitando un poema que resumía a vida do artista holandés.
A
continuación, os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música: “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que traballaron: “La
Noche Estrellada”; para rematar, recitaron un poema elaborado na aula adicado a
este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que
tamén falaba de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi
especialmente co cadro “La Habitación de Arlés”; a continuación, recitaron un
poema adicado especialmente a ese cadro.
E, xa para rematar, os nenos e nenas de 5 anos bailaron ao son da canción “Happy”, de Pharrell Williams e fixeron unha coreografía
que rematou nun cadro vivente representando "Los Girasoles”. Tamén eles/as
tiñan un poema adicado a este cadro que traballaron especialmente durante o
curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último, tivo lugar a gradución destes nenos de 6º
de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o vindeiro curso pasan a
Primaria. Norabóa!
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)
miércoles, 18 de junio de 2014
Programación Festival Fin de Curso 2014
Un ano máis, chega a Festa de Fin de Curso e aquí vos deixamos a programación das actividades previstas.
Xoves 19: As 10:30 h. Festa Fin de Curso Ed. Infantil e 1º Ciclo Ed. Primaria á que están convidadas a asistir como
público as familias de alumnado nestes niveis. A programación é: - 1º e 2º Ed. Primaria: “Velázquez e as Meninas" (Conto con proxección de sombras)
- 4º, 5º e 6º Ed. Infantil: “A historia de Van Gogh" (Poesía-rap)
- 4º Ed. Infantil: “Starry Starry Nigth” (Baile)
- 4º Ed. Infantil: “A noite estrelada” (Poesía)
- 5º Ed. Infantil: “Una calle de París” (Baile)
- 5º Ed. Infantil: “A habitación de Arlés" (Poesía)
- 6º Ed. Infantil: “Happy” (Baile)
- 6º Ed. Infantil: “Os xirasoles” (Poesía)
- 6º Ed. Infantil: GRADUACIÓN
- 3º Ed. Primaria: “As seis caras do Gran Señor” (Teatro)
- 4º Ed. Primaria: “O trasmundo” (Cadro humano)
- Inglés: "Turning the English classroon into a Museum" (Vídeo)
- 5º Ed. Primaria: “Picasso e a paz” (Conxunto instrumental-visual)
- 6º Ed. Primaria: “O son do ar” (Canción)
- Despedida alumnado de 6º Ed. Primaria
Os días 19 e 20, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 10:15 h. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Coa finalidade de organizar do mellor xeito o funcionamento do colexio, en estas dúas datas non poderá ser recollido o alumnado antes do remate do horario escolar ás 14:30, ou ás 15:15 en caso de alumnado usuario do servizo de comedor.
Do 23 ao 27 de xuño, na Praia de Canido (16,30 a 20,00): Biblioteca de Verán.
viernes, 21 de junio de 2013
Festival Fin de curso 2012/2013
O 19 de xuño de 2013, tivo lugar o Festival de Fin de curso na escola.
Puidemos desfrutar coas actuacións de todos os nenos e nenas de educación infantil, así como cos das nosos amigos/as de 1º ciclo de educación primaria.
A xornada comezou, coma sempre, ás 09:30 horas da mañá. Nada máis entrar na escola, xa se notaba o ambiente festivo (nenos e nenas "engominados", traxeados, elegantes,...).
Sobre as 12:00 horas da mañá, comezou o "momento traxe" nas aulas de educación infantil: xirafas, avestruces e gorilas foron os protagonistas!!! Traxe arriba, traxe abaixo e un pouquiño de colorete foi o necesario para que o alumnado estivese perfecto e acorde coa súa canción.
Nada máis chegar ao ximnasio da escola, puidemos descobrir unha gran sopresa: Susa Herrera estava alí! Viñera a visitarnos e colaborou coas nosas actuacións, presentándoas e facendo que todos os presentes colaboraran coas cancións. GRACIAS SUSA!!!
E aquí sobre o escenario...
6º EDUCACIÓN INFANTIL_5 ANOS_"O GORILA"
A continuación, tivo lugar un dos momentos máis emotivos do día: a graduación do alumnado de 5 anos.
Comezaron recitando unha preciosa poesía que versaba sobre o seu paso polo infantil e as vivencias que tiverán. Debaixo do traxe de gorila levaban unhas camisetas especiais coas imaxes de todos os compañeiros/as da aula.
Posteriormente, tivo lugar a imposición das bandas e diplomas que os acreditan como graduados en educación infantil, así como unha adaptación do tradicional "Gaudeamus".

Como colofón final, os pais/nais da aula de 5 anos quixeron facer un agasallo a cada un dos mestres/mestras que este ano tiveron os seus fillos/as, así como unhas amorosas palabras para a súa titora, Ángeles.
A continuación, tivo lugar un dos momentos máis emotivos do día: a graduación do alumnado de 5 anos.
Comezaron recitando unha preciosa poesía que versaba sobre o seu paso polo infantil e as vivencias que tiverán. Debaixo do traxe de gorila levaban unhas camisetas especiais coas imaxes de todos os compañeiros/as da aula.
Posteriormente, tivo lugar a imposición das bandas e diplomas que os acreditan como graduados en educación infantil, así como unha adaptación do tradicional "Gaudeamus".
Como colofón final, os pais/nais da aula de 5 anos quixeron facer un agasallo a cada un dos mestres/mestras que este ano tiveron os seus fillos/as, así como unhas amorosas palabras para a súa titora, Ángeles.
Aquí vos deixamos esta presentación de imaxes.
Poderedes acceder a todas as imaxes desta celebración premendo na imaxe da cámara de fotos que tedes debaixo.
viernes, 14 de junio de 2013
Actividades Fin de curso 2012/2013
Xa a piques de rematar o curso escolar, dende a escola informamos a todos os nosos usuarios/as sobre as actividades programadas para este fin de curso.
FESTA DE FIN DE CURSO NA ESCOLA
MÉRCORES, 19 DE XUÑO: Ás 12:45 horas -> FESTA FIN DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Están convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis.
Programa:
- 1º Ed. Primaria: "Lúa Chea" (Conto con proxección de sombras)
- 4º Ed. Infantil: "A xirafa" (Canción)
- 5º Ed. Infantil: "O avestruz" (Canción)
- 2º Ed. Primaria: "O lobo" (Canción con baile)
- 6º Ed. Infantil: "O gorila" (Canción)
- Graduación aula 6º Ed. Infantil.
XOVES, 20 DE XUÑO: Ás 12:45 horas -> FESTA FIN DE CURSO 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Están convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis.
Programa:
- 4º Ed. Primaria: "A formiga coxa" (Teatro)
- 3º Ed. Primaria: "Tintín e as momias namoradizas" (Canción)
- 5º Ed. Primaria: "Collín, Collín" (Conxunto instrumental)
- 6º Ed. Primaria: "Mar e arte" (Canción)
- Despedida alumnado de 6º Ed. Primaria.
Os días 19 e 20 de xuño, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 12:30 horas. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Se algunha familia quere recoller aos seus pequenos/as unha vez rematada a festa, deberá avisar á mestra-titora antes do día 19 e, en calquera caso, poderán recollelos ás 14:30 horas. O día 21 haberá clases nos horarios habituais.
OUTROS ACTOS DE INTERESE
Sábado, 15 de xuño: Festa Fin de Curso organizada pola ANPA. Dende as 12:30 ata as 19:30 horas.
Sábado, 22 de xuño: Concerto "Son dun pobo, son dunha escola" no Local Social de San Miguel de Oia ás 20:30 horas, a cargo da Banda de Música de San Miguel de Oia e alumnado de 4º, 5º e 6º curso de educación primaria da escola.
Dende o 25 ao 28 de xuño: Biblioteca de Verán na Praia de Canido. Dende as 16:30 ata as 20:00 horas.
lunes, 25 de junio de 2012
Fin de Curso 3 anos: "Sube a la ola"
Aquí vai a actuación do alumnado de 4º de educación infantil.
FESTIVAL FIN DE CURSO - CURSO 2011/2012
4º EDUCACIÓN INFANTIL: "SUBE A LA OLA"
Fin de Curso 4 anos: "Yoho, un gran pirata soy"
Aquí vai a actuación do alumnado de 5º de educación infantil.
FESTIVAL FIN DE CURSO - CURSO 2011/2012
5º EDUCACIÓN INFANTIL: "YOHO, UN GRAN PIRATA SOY"
Fin de Curso 5 anos: "Waka Waka"
Aquí vai a actuación do alumnado de 6º de educación infantil.
FESTIVAL FIN DE CURSO - CURSO 2011/2012
6º EDUCACIÓN INFANTIL: "WAKA WAKA"
viernes, 22 de junio de 2012
Boas Vacacións de Verán
O ALUMNADO E PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESEXÁMOSVOS QUE PASEDES UNHA BOAS VACACIÓNS DE VERÁN.
GRAZAS, COMA SEMPRE, POR TODAS AS VISITAS E COMENTARIOS.
GRAZAS, COMA SEMPRE, POR TODAS AS VISITAS E COMENTARIOS.
VÉMONOS EN SETEMBRO.
Se queredes coñecer o calendario escolar do curso que ven, premede na seguinte ligazón:
http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2012/06/calendario-escolar-20122013.html
Se queredes coñecer o calendario escolar do curso que ven, premede na seguinte ligazón:
http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2012/06/calendario-escolar-20122013.html
4º EDUCACIÓN INFANTIL - 3 ANOS A
4º EDUCACIÓN INFANTIL - 3 ANOS B
5º EDUCACIÓN INFANTIL - 4 ANOS
6º EDUCACIÓN INFANTIL - 5 ANOS
miércoles, 20 de junio de 2012
Un pequeno adianto do que será a festa de hoxe...
Aquí vos deixamos con estas imaxes das aulas de educación infantil tomadas esta mesma mañá; hoxe é o día da Festa de Fin de Curso... agardamos que mañá xa teñamos todas as imaxes para amosar neste blog.
jueves, 14 de junio de 2012
Estimadas familias: xa a piques de rematar este curso escolar, dende a páxina web informamos das actividades programadas en relación coa fin de curso.
MÉRCORES, 20 DE XUÑO DE 2012: Ás 12.45 horas...
FESTA FIN DE CURSO: EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (Están convidadas as familias do alumnado de estes niveis a asistir como público).
4º ED. INFANTIL: "SUBE A LA OLA" (Canción)
2º ED. PRIMARIA: "CON GRACIAS Y POR FAVOR" (Teatro)
5º ED. INFANTIL: "YOHO, UN GRAN PIRATA SOY" (Canción)
6º ED. INFANTIL: "WAKA WAKA" (Baile)
6º ED. INFANTIL: "GRADUACIÓN DO ALUMNADO"
2º ED. PRIMARIA: "FLORA" (Adaptación escénica do conto do mesmo título)
1º ED. PRIMARIA: "METAMORFOSE" (Representación)
XOVES, 21 DE XUÑO DE 2012. Ás 11.30 horas...
ADAPTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "TWELFTH NIGHT", de Willian Shakespeare a cargo da aula de 6º curso. A apertura do centro para asistir a esta actividade será ás 11.20 horas.
Ás 12.45 horas...
FESTA FIN DE CURSO: 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (Están convidadas a asistir as familias do alumnado destes niveis)
3º B ED. PRIMARIA "YELLOW SUBMARINE" (Canción)
6º ED. PRIMARIA "COREOGRAFÍA PARA VASOS" (Luz negra)
6º ED. PRIMARIA "DESPEDIDA DO ALUMNADO"
3ºA ED. PRIMARIA "A ÁRBORE TESTIGA" (Teatro)
4º E 5º ED. PRIMARIA "CLAROS E SOMBRAS DO TITANIC" (Espectáculo sombras e luz negra")
Os días 20 e 21, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 12.30 horas. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Se algunha familia queres recoller aos seus pequenos unha vez rematada a festa, deberá avisar á mestra titora ANTES DO DÍA 20 e, en calquera caso, poderán recollelos ás 14.30 horas.
O día 22, haberá clases nos horarios habituais.
OUTROS AVISOS
DOMINGO, 17 DE XUÑO: Festa Fin de Curso organizada pola ANPA. Dende as 12.30 ata as 20.30 horas.
SÁBADO, 23 DE XUÑO: Concerto "Son dun pobo, son dunha escola" a cargo da Banda de Música de San Miguel de Oia e alumnado de 4º, 5º e 6º cursos do colexio. Será no local social de San Miguel de Oia, ás 20.30 horas.
DO 25 AO 29 DE XUÑO: Biblioteca de Verán na Praia de Canido. Dende as 16.30 ata as 20.00, con acto de inauguración o día 25 ás 16.30 horas.
lunes, 27 de junio de 2011
Fotos da Festa de Fin de Curso
Xa podedes acceder ás imaxes da Festa de Fin de Curso que se celebrou o pasado mércores, 22 de xuño de 2011.
Grazas o Anpa, poderedes descargar a foto do voso fillo, filla, familiar,... soamente tedes que acceder ao seu Álbum Picasa onde teñen aloxadas a máis de 300 fotos da festa.
Aquí vos deixamos o enlace:
BLOGUE DO ANPA:
ÁLBUM ONDE ESTÁN ALOXADAS AS IMAXES DA FESTA: https://picasaweb.google.com/ampariadevigo/FinDeCurso2011?authkey=Gv1sRgCKWHpreJlJLxdw#
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



