Mostrando entradas con la etiqueta Medo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Medo. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de noviembre de 2015

COMEMOS ARAÑAS MONSTRUOSAS

ARAÑAS DELICIOSAS DENTRO DO PROXECTO DO MEDO OS NENOS E NENAS DE INFANIL ESTIVEMOS A FACER E LOGO SABOREAR UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA, FIXEMOS ARAÑAS MOI FEAS PERO MOI SABOROSAS. PRIMEIRO UNTAMOS CON NOCILLA AS GALLETAS, LOGO CON LACASITOS PUSEMOSLLE OLLOS E PARA REMATAR CON REGALIZ FISEMOSLLE AS PATA. UMMMMMMM QUE DELICIOSAS.

jueves, 19 de noviembre de 2015

EL GRITO DE MUNCH



O GRITO DE MUNCH


COMO XA SABEDES OS NENOS E NENAS DE CATRO E CINCO ANOS O LONGO DESTE MES DE NOVEMBRO ESTAMOS A FACER UN PEQUENO PROXECTO SOBRE O MEDO. DESTA VOLTA ESTIVEMOS A TRABALLAR CO CADRO DO GRITO DE MUNCH, ENTRE MOITAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS IMOVOS DEIXAR AQUÍ UNHA PEQUENA MOSTRA DE CÓMO FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA PARA TENTAR REPRODUCIR A CARA  DO PERSONAXE DO CADRO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 5 anos_O medo no conto "Luci, la luciérnaga"

Coa  chegada do Samaín, na aula de cinco anos estivemos traballando un pouquiño o tema do medo e, estes días, tamén o traballamos da man da nosa amiga Juanita. Despois de leer a historia "Luci, la luciérnaga" mostrámoslle aos nenos e nenas unhas pinturas que introducían o tema do medo e da oscuridade. Preguntámoslle ao alumnado se era posible que nos gustase unha obra de arte onde se nos amose "medo" e, a continuación, lles pedimos que nos explicasen as respostas  ofrecidas.
As obras suxeridas foron do Pintor Henri  Rousseau.
-Una noche de carnaval, 1886
-La gitana dormida, 1897
-La encantadora de serpientes, 1907
Partindo de cada unha das obras anteriores, ofrecéuselle a cada neno/a un anaco dunha das obras, que pegaron nunha folla e, posteriormente, tiveron que rematar eles/as a súa propia obra de arte.
Aquí queda unha pequena mostra deste traballo. Esperamos que vos guste.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Festa fin do proxecto "O medo". Aula de 4 anos

Hoxe, xoves 13 de decembro, disfrutamos na aula de 4 anos dunha xornada de festa para finalizar o noso proxecto sobre o medo.
Bruxas, pantasmas, demos,... inundaron a escola durante esta xornada "tenebrosa".
As mestras Paula e Emma tamén se apuntaron á xornada de disfraces de medo... que simpáticas!!!
Tivemos tempo para xogar, divertirnos, compartir e, tamén, para cociñar. Elaboramos unhas saborosas arañas con galletas e chocolate e as degustamos xunto cunhas madalenas, gusanitos,... mirade o resultado.
Días atrás elaboramos estas divertidas bolsas para poder levar todos os nosos traballos e manualidades; hoxe, estivemos a gardar todas as cousas dentro delas... que chulas son!!!
No seu interior, levamos o traballo en papel sobre o medo,
os nosos fantasmas-chupa-chups,
os nosos botes porta-lapis
a nosa manualidade sobre o protagonista do cadro "El grito", de Munch
e todas aquelas cousas aportadas para a mostra do medo da aula.
Coma sempre, nos gustaría dar as GRAZAS a todas as familias pola súa gran colaboración con este traballo.
Ata a próxima.

Como facer un postre moi tenebroso

Hoxe, vos presentamos unha receita saborosísima para realizar nas casas ou nas aulas: arañas tenebrosas.
Para a súa realización, precisaremos os seguintes ingredientes:
 En primeiro lugar, cubrimos unha cara da galleta con crema de cacao; a continuación, colocamos dúas bolitas de chocolate para formar os ollos e uns anacos de palo Mikado para crear as patas da araña.
Aquí tedes o resultado:

Botes portalapis de monstros

Aquí vos amosamos unha manualidade moi divertida que poderedes realizar nas vosas aulas ou nas casas coa familia.
Consiste na elaboración duns porta-lapis aproveitando os botes de vidro da mermelada, os pepinillos, as olivas,...
Soamente, necesitamos pintura para pintar sobre cristal e moita imaxinación. Neste caso, a cor escollida foi a verde escura; os ollos están feitos con papel branco picado polo alumnado, a boca con rotulador permanente prateado e o pelo con folios de cores.
Quedaron chulos, verdade?

Traballo 4 anos_O medo

Aquí vos deixamos o traballo realizado polos nenos e nenas de 4 anos sobre o medo.
Agardamos que vos guste.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Hu, a pantasma

Esta mañá, recibimos unha visita inesperada na aula de 4 anos: "Hu, el fantasma".
Apareceu no encerado da aula cando non había ninguén dentro e... que susto levamos!!!
Levaba na súa boca un sobre que contiña a seguinte carta:

Entre todos e todas, estivemos a reunir pequenos consellos cos que podiamos agasallar a Hu e lle axudar na súa tarefa de ser valente; Durmir cuns tapóns nos oídos, durmir acompañado de familiares ou amigos, pasear pola praia ou tomar un zumo antes de durmir, foron algúns dos consellos escollidos polos nenos e nenas.
Agora, Hu é o noso amigo e forma parte da exposición sobre o medo que temos montada na nosa aula.
Que vos parece?

martes, 27 de noviembre de 2012

"El grito", de Edvard Munch

Na aulas de educación infantil, estivemos a traballar con este cadro:

"El grito", de Edvard Munch (1863-1944)
Estivémolo a mirar detenidamente na aula e xurdiron unha morea de preguntas e respostas que fomos contestando pouco a pouco coa colaboración de todos os nenos e nenas.
Por outra banda, quixemos representar ao protagonista do cadro e, para iso, realizamos unha simpática e tenebrosa actividade plástica, utilizando rolos de papel de baño e pinturas branca e negra. Gústavos o resultado??