lunes, 25 de junio de 2012

Fin de Curso 3 anos: "Sube a la ola"

Aquí vai a actuación do alumnado de 4º de educación infantil.

FESTIVAL FIN DE CURSO - CURSO 2011/2012
4º EDUCACIÓN INFANTIL: "SUBE A LA OLA"

Fin de Curso 4 anos: "Yoho, un gran pirata soy"

Aquí vai a actuación do alumnado de 5º de educación infantil.

FESTIVAL FIN DE CURSO - CURSO 2011/2012
5º EDUCACIÓN INFANTIL: "YOHO, UN GRAN PIRATA SOY"

Fin de Curso 5 anos: "Waka Waka"

Aquí vai a actuación do alumnado de 6º de educación infantil.

FESTIVAL FIN DE CURSO - CURSO 2011/2012
6º EDUCACIÓN INFANTIL: "WAKA WAKA"

viernes, 22 de junio de 2012

Boas Vacacións de Verán

O ALUMNADO E PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESEXÁMOSVOS QUE PASEDES UNHA BOAS VACACIÓNS DE VERÁN.
GRAZAS, COMA SEMPRE, POR TODAS AS VISITAS E COMENTARIOS.
VÉMONOS EN SETEMBRO.
Se queredes coñecer o calendario escolar do curso que ven, premede na seguinte ligazón:
http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2012/06/calendario-escolar-20122013.html

4º EDUCACIÓN INFANTIL - 3 ANOS A
 4º EDUCACIÓN INFANTIL - 3 ANOS B
 5º EDUCACIÓN INFANTIL - 4 ANOS
 6º EDUCACIÓN INFANTIL - 5 ANOS

jueves, 21 de junio de 2012

Traballo sobre os piratas - 4 anos

Os nenos e nenas de 4 anos somos uns expertos piratas!!! Durante todo o curso, estivemos a traballar sobre o tema e descubrimos moreas e moreas de datos de interese.
Xa fai tempo, vos amosamos o traballo "El pirata Sonrisitas" (para lembrar a entrada, poderedes premer na seguinte ligazón: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2012/05/el-pirata-sonrisitas-4-anos.html)
Hoxe, presentamos os seguintes traballos que agardamos vos gusten; todos eles forman parte dun gran libro elaborado por cada un de nós.

PALABRIÑAS DE PIRATA

LA ISLA DEL TESORO

EL BARCO TENEBROSO

miércoles, 20 de junio de 2012

Un pequeno adianto do que será a festa de hoxe...

Aquí vos deixamos con estas imaxes das aulas de educación infantil tomadas esta mesma mañá; hoxe é o día da Festa de Fin de Curso... agardamos que mañá xa teñamos todas as imaxes para amosar neste blog.

Traballo 3 anos_"SOMOS PIRATAS"

O proxecto "Suban a bordo, lean e naveguen" resultou todo un éxito. Aprendimos unha morea de datos interesantes sobre o tema e, como resultado das investigacións, elaboramos este libro que aquí podedes ver:

martes, 19 de junio de 2012

Conto "O golfiño Gaspar"

A pasada semana, puidemos disfrutar da historia "O golfiño Gaspar" na BiblioRía.
A idea xurdíu no Proxecto de Inmersión Lingüística e está relacionado co Proxecto Anual e coa Sección Bilingüe. O conto está escrito polo alumnado de 5º e 6º de primaria, na aula de lingua inglesa e coas mestras Camille e Ana; por outro lado, o alumnado de 3ºB fixo as ilustracións, nas horas da Sección Bilingüe e, os nenos e nenas de 3ºA, colaboraron na tradución e lle puxeron voz a esta historia.
 No blog de lingua inglesa do colexio podes atopar este conto redactado en inglés así como dous vídeos: un deles coas voces do alumnado de 3ºB e outro coa historia contada por Camille.
Para poder acceder, preme na imaxe ou na ligazón de abaixo.


Calendario escolar 2012/2013

Xa está publicado na páxina da Consellería de Educación o Calendario Escolar para o vindeiro curso 2012/2013
Curso Escolar:

     INICIO: 12 SETEMBRO 2012
     FIN: 21 XUÑO 2013

DÍA DO ENSINO: 2 NOVEMBRO 2012

NADAL: dende o 22 DECEMBRO 2012 ata o 7 XANEIRO 2013 (ambos os dous inclusive)

ENTROIDO: 11, 12, 13 FEBREIRO 2013

SEMANA SANTA: dende o 25 MARZO 2013 ata o 1 ABRIL 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: 17 de maio de 2013

DÍA NON LECTIVO DO CENTRO: AÍNDA POR DETERMINAR

Aquí vos deixamos a convocatoria:

lunes, 18 de junio de 2012

O día dos XOGOS PIRATAS!!!

O pasado xoves, 14 de xuño, celebramos na escola unha xornada de Xogos Piratas, cos que rematabamos o noso proxecto anual: "Suban a bordo, lean e naveguen".
Días antes da celebración pirata, os nenos e nenas da aula de 4 anos elaboraron un fermoso volcán co que o xoves fixemos un experimento.
O xoves, ás 10 horas da mañá, comezaron os xogos piratas. 
Os nenos e nenas de infantil quedaron repartidos en diferentes grupos nos que había alumnado de todas as idades (3, 4 e 5 anos) e comezaron a ronda de xogos nun dos cinco marcados. Os xogos eran os seguintes (tamén contamos coa axuda do mestre Bieito):
1. "Juanito es un pirata" - Mestra Ángeles
2. O circuito pirata - Mestra Vanessa
3. Encestamos pelotas - Mestra Tere
4. O xogo dos sacos - Mestra Emma
5. Equilibrio coa culler - Mestra Paula
Todos os nenos e nenas xogamos a todos os xogos co noso grupo. Cando rematamos a ronda,  nos diriximos cara ao porche e alí sentadiños esperamos a chegada do volcán; grazas á mestra Ángeles, puidemos realizar un experimento e descubrir a lava do volcán. Yago, un dos nenos da aula de 3 anos A, foi o axudante da mestra nesta difícil tarefa e, grazas a él, puidemos conseguir a erupción do volcán. Todos quedamos moi sorprendidos...
A continuación, unha sorpresa nos agardaba debaixo dunha vela do barco... Diego, alumno de 4 anos, foi o encargado de descubrir o que se agachaba debaixo desta vela... un cofre!!!... será un agasallo para todos nós??? Pois sí!!! Grazas ao noso traballo durante o día dos xogos piratas e por todas as investigacións levadas a cabo durante todo o ano, unha sorpresa moi doce nos agardaba: moedas de ouro e chocolate!!!
A verdade é que disfrutamos a aprendimos moitísimo durante todo o ano co proxecto pirata... SOMOS UNS VERDADEIROS PIRATAS!!!


Se queredes ver a totalidade das imaxes, podes premer na seguinte ligazón:

viernes, 15 de junio de 2012

O noso traballo sobre o conto "El pirata Pepe"_3 anos

Hoxe, os nosos cartafois co traballo sobre o conto "El pirata Pepe" deixaron a escola para viaxar ás casas dos nenos e nenas das aulas de 3 anos. Dentro de pouco, poderedes ver o resultado deste sinxelo proxecto.
 Aquí vos deixamos a ligazón para acceder ao álbum Picasa onde está ubicado o proxecto (https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/Traballo3Anos_ElPirataPepe) así como unha proxección de diapositivas do mesmo.
Agardamos que vos guste.

jueves, 14 de junio de 2012


Estimadas familias: xa a piques de rematar este curso escolar, dende a páxina web informamos das actividades programadas en relación coa fin de curso.
MÉRCORES, 20 DE XUÑO DE 2012: Ás 12.45 horas...

     FESTA FIN DE CURSO: EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (Están convidadas as familias do alumnado de estes niveis a asistir como público).

     4º ED. INFANTIL: "SUBE A LA OLA" (Canción)
     2º ED. PRIMARIA: "CON GRACIAS Y POR FAVOR" (Teatro)
     5º ED. INFANTIL: "YOHO, UN GRAN PIRATA SOY" (Canción)
     6º ED. INFANTIL: "WAKA WAKA" (Baile)
     6º ED. INFANTIL: "GRADUACIÓN DO ALUMNADO"
     2º ED. PRIMARIA: "FLORA" (Adaptación escénica do conto do mesmo título)
     1º ED. PRIMARIA: "METAMORFOSE" (Representación)

XOVES, 21 DE XUÑO DE 2012. Ás 11.30 horas...

     ADAPTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "TWELFTH NIGHT", de Willian Shakespeare a cargo da aula de 6º curso. A apertura do centro para asistir a esta actividade será ás 11.20 horas.

 Ás 12.45 horas...

     FESTA FIN DE CURSO: 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (Están convidadas a asistir as familias do alumnado destes niveis)
     3º B ED. PRIMARIA "YELLOW SUBMARINE" (Canción)
     6º ED. PRIMARIA "COREOGRAFÍA PARA VASOS" (Luz negra)
     6º ED. PRIMARIA "DESPEDIDA DO ALUMNADO"
     3ºA ED. PRIMARIA "A ÁRBORE TESTIGA" (Teatro)
     4º E 5º ED. PRIMARIA "CLAROS E SOMBRAS DO TITANIC" (Espectáculo sombras e luz negra")

Os días 20 e 21, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 12.30 horas. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Se algunha familia queres recoller aos seus pequenos unha vez rematada a festa, deberá avisar á mestra titora ANTES DO DÍA 20 e, en calquera caso, poderán recollelos ás 14.30 horas.

O día 22, haberá clases nos horarios habituais.

OUTROS AVISOS

DOMINGO, 17 DE XUÑO: Festa Fin de Curso organizada pola ANPA. Dende as 12.30 ata as 20.30 horas.

SÁBADO, 23 DE XUÑO: Concerto "Son dun pobo, son dunha escola" a cargo da Banda de Música de San Miguel de Oia e alumnado de 4º, 5º e 6º cursos do colexio. Será no local social de San Miguel de Oia, ás 20.30 horas.

DO 25 AO 29 DE XUÑO: Biblioteca de Verán na Praia de Canido. Dende as 16.30 ata as 20.00, con acto de inauguración o día 25 ás 16.30 horas.

miércoles, 13 de junio de 2012

Galeg@ de... corazón

Que vos parecen as nosas camisetas?, son chulas, verdade?
Dende o Equipo de Normalización Lingüística xurdíu esta iniciativa que tanto familias, mestr@s e alumnado fixemos realidade.
Os nenos e nenas de 6º de primaria proporcionáronnos estas camisetas brancas; as familias puideron mercar unha para os seus fill@s e a trouxeron á escola.
Nas aulas, e coa axuda das mestras, pintamos as letras e o corazón vermello co lema "Galeg@ de... corazón"
Aquí podedes ver o resultado. Agora estas camisetas teñen que voltar ás casas para que as familias pasen o ferro  por elas para fixar a pintura téxtil... 
LEMBRADE QUE TEMOS QUE PASAR O FERRO COA CAMISETA DO REVÉS E, A CONTINUACIÓN, FACELO DIRECTAMENTE DO DEREITO SOBRE A PINTURA. TODO ISTO A UNHA TEMPERATURA MEDIO E SEN USAR VAPOR.
Os nenos e nenas de 4º de educación infantil (3 anos) DEBERÁN TRAER POSTA DA CASA ESTA CAMISETA PARA A ACTUACIÓN DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO, O VINDEIRO MÉRCORES, 20 DE XUÑO.
Coma sempre, GRAZAS por colaborar.