viernes, 26 de noviembre de 2010

O protagonista da semana: ADRIANA

Este venres, tocoulle o turno de ser protagonista a Adriana e, como sempre, contamos coa visita da súa familia na nosa aula. Kiko e Ana son o pai e a nai da protagonista e nos fixeron pasar un rato moi agradable durante esta mañá.
Coma sempre, o primeiro que toca é ensinar cales foron as actividades desenvoltas por Adriana durante o seu "principado".
Acompañada pola mestra Tere foi contando datos da súa vida (nacemento, onde vive, a súa familia,...)
A continuación, a súa nai e o seu pai mostraron en imaxes detalles sobre a vida da nosa protagonista: o seu nacemento, as súas amizades, o que máis lle gusta facer, o seu irmán Bruno, etc.
Unha vez rematadas as fotografías, puidemos disfrutar dun conto moi orixinal... pois sí, moi orixinal porque foi un conto sen texto, soamente tiña imaxes. Que, onde está o texto?... pois cada un pode facer a historia que queira... é divertido e orixinal verdade?
Coma sempre, os nenos e nenas da aula actuaron coma xornalistas e fixeron unha roda de preguntas para coñecer un poquiño máis a Adriana, a súa nai e ao seu pai.
Adriana recompensou a todos e todas cunhas saborosas "chuches" e a mestra Tere fixo entrega a súa familia do diploma que agradece a súa participación.
Non nos queda máis que dicir: MOITAS GRAZAS!!!

jueves, 25 de noviembre de 2010

Sorpresa na BiblioRía

Todos os mércores, o alumnado de 4 anos ten sesión de BiblioRía pero, esta semana, unha gran sorpresa os agardaba nun dos sofás de cores.
O primeiro grupo que chegou atopouse cunha neniña-mochila chamada "Juju".
Expectantes, decidiron mirar que había no seu interior e se atoparon cun conto que lles gusta moito: "Las gotitas de agua y el arco iris"...
Pero non era un conto e nada máis senón que, ao final do mesmo, unhas cartolinas brancas ocupaban o seu lugar xunto cunha nota para eles/elas e as súas familias.
É un libro viaxeiro que rotará polos fogares do alumnado e onde as familias participarán activamente, debuxando algo que teña relación co conto.
Entre todos e todas elaboramos unha lista cos nomes para seguir unha orde de préstamo. O primeiro será Antón... a ver que cousiñas nos conta e como é o seu debuxo... atentos e atentas ao blogue onde atoparedes todas as novas.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
PROXECTO CICLO DA AUGA

Queridas familias!

Como sabedes, durante este curso escolar estamos a traballar sobre O CICLO DA AUGA.

Gustaríanos contar coa vosa colaboración da seguinte forma:

1. Aportando ao colexio (quen teña) contos variados ou libros de información sobre o tema.

2. Aportando fotografías sobre os diferentes estados da auga (sólido, líquido ou gaseoso) e sobre diferentes fenómenos meteorolóxicos (granizo, choiva,…) Poderán ser imaxes reais, da rede, de xornais, revistas, … Estas imaxes as utilizaremos para murais, para as fichas do proxecto, etc. polo que, se aportades algunha foto orixinal que non queredes que se deteriore, é mellor unha fotocopia ou impresión da mesma.

Grazas coma sempre pola vosa colaboración e saudiños

martes, 23 de noviembre de 2010

Recursos para o Nadal


Como avanza o curso verdade? Fai pouco estabamos en setembro e, en breves, estaremos a realizar actividades de Nadal, preparando panxoliñas, decorando as aulas,...
Aquí vos deixamos unha morea de imaxes e manualidades para traballar durante estas festas. Son ligazóns a distintos Álbumes Picassa onde atoparás milleiros de debuxos que poderás utilizar para confeccionar actividades en papel, para o EDI, etc.
En primeiro lugar, se che gustan as nosas letras da presentación (as galletas de jengibre), preme na seguinte ligazón:

IMAXES VARIADAS
http://picasaweb.google.com/carmencita1275/LindaNavidad#
http://picasaweb.google.com/carmencita1275/NAVIDAD#
http://picasaweb.google.com/mvisaviri/NAVIDADI#
http://picasaweb.google.com/mvisaviri/NAVIDADI
http://picasaweb.google.com/heyling.h/Navidad#
http://picasaweb.google.com/heyling.h/Navidad02# 


MANUALIDADES
http://picasaweb.google.com/maestramagali/NAVIDAD_MAGALI#
http://picasaweb.google.com/taluqui/ManualitatsDeNadal#


domingo, 21 de noviembre de 2010

Reutilizamos as ceras... e máis cousiñas

Aquí vos presentamos unha idea moi divertida para reciclar esas ceras que xa temos vellas ou moi usadas.
A idea xurdiu cando vimos a experiencia no blogue "Mi mami es logopeda"


e decidimos probar a ver como quedaba a cousa. Evidentemente, xa lle deixamos un comentario no seu blogue a Merche (a autora do mesmo) felicitándolle pola iniciativa... esperamos os vosos agora para ver que vos parece a idea.

RECICLAMOS AS CERAS

1º Temos que encher os moldes de silicona cos anacos de ceras, clasificadas por cores.
2º Unha vez realizado este paso, precalentamos o forno a 180º e introducimos os moldes coas ceras. Alí os deixamos aproximadamente unha media hora.

3º Cando transcurra ese tempo, sacamos os moldes do forno e deixamos enfriar.
4º Unha vez enfríen, xa podemos sacar as ceras dos moldes e listo!!!

Por outro lado, queriamos compartir con todos os que seguides o noso blogue unha idea moi curiosa que nos ensinou o venres unha nena de infantil.
Fixádevos que bonita pulsera trouxo á escola... feita cos abridores das latas de refresco!!!... fantástica!!!

"Os tesouros dos bosques"

Como ben sabedes, durante este curso traballaremos a nivel de centro un fermoso proxecto anual titulado "Os tesouros dos bosques" e investigaremos as árbores que están presentes no noso colexio, no noso contorno e na nosa Comunidades Autónoma (todo isto, dependendo do nivel dos nenos e nenas).
O alumnado de Educación Infantil, traballará ás árbores presentes no colexio e, cada unha das aulas, escolleu a que máis lle gusta e realizou nos corredores un mural onde está presente. A "cousa" quedou así:

3 anos: PLÁTANO DE SOMBRA
4 anos: LOUREIRO
5 anos: MOREIRA

Por outro lado, descubriremos as árbores máis significativas de cada estación do ano. Así, no outono contamos co clásico CASTIÑEIRO, polo que traballamos as súas características na aula.
Grazas á mestra Marina que sabe moitísimas cousas das árbores, dispoñemos na BiblioRía dun catálogo florístico con todas as árbores do colexio xunto coas súas características.

Imos a coñecer o CASTIÑEIRO
Nome galego: Castiñeiro
Nome castelán: Castaño
Nome científico: Castanea sativa

Porte: Árbore

Folla: Florece en maio e xuño

Froito: Castañas, desenvólvese no interior dun ourizo que se abre cando madura.

Orixe: Asia Menor, que se difundiu por Galicia en tempos dos romanos. Podemos atopala en todo o territorio galego, sendo máis abundante na parte oriental, onde se atopan os mellores soutos.

Actividade LIM: Os dereitos humanos

Dentro de poucos días, chega a celebración dos dereitos humanos, por iso, a nosa mestra Paula, nos presenta este LIM para traballar con algúns deles (hogar, saúde, non discriminación, paz,...).
Dentro de pouco tempo, publicaremos máis actividades así que estade atentos ao noso blogue.


viernes, 19 de noviembre de 2010

O protagonista da semana: ARIDANI

Aridani foi o protagonista desta semana e hoxe, día 19 de novembro, recibimos na nosa aula á visita do seu pai, quen nos contou moitísimas cousiñas da súa vida.
O primeiro que fixemos foi contarlle a todas e todos os presentes cales foron as actividades desenvolvidas durante a semana de "principado" como protagonista; así, descubrimos como era Aridani cando naceu, como son a súa nai e o seu pai, onde vive na actualidade, etc.
A continuación, Aridani presentounos ao seu pai quen nos contou, entre outras cousas, que o protagonista non choraba nada cando era pequeno.

Tamén descubrimos que era moi, moi moreno e, co paso do tempo, foi poñéndose louro, como é agora.
Os nenos e nenas da aula tamén decidimos facer as nosas preguntas e resolver dúbidas: cal é a túa peli preferida? ou cal é o teu xoguete favorito? foron algunhas das moitas preguntas que fixemos.
Sabedes unha cousa? Aridani antes non vivía nesta cidade. Vivía nunha cidade chamada Las Palmas de Gran Canaria e, grazas á tecnoloxía de hoxe en día, puidemos facer unha viaxe turística pola zona.
Coa colaboración do seu pai que nos aportaba os enderezos oportunos, puidemos pasear polas rúas onde pasou gran parte da súa infancia o protagonista.
Coa aplicación "Street View" que nos ofrece o Google Maps, avanzamos por sitios de interese da localidade, descubrimos a Rúa Américo Vespucio, a Rúa Faro e as distintas praias que conforman a paisaxe das Palmas.
Tamén puidemos ver o Colexio Público "Las Canteras" onde estudiou Aridani e descubrir como era a súa estructura e o seu exterior.
Unha vez rematada esta viaxe virtual tan divertida, o protagonista e o seu pai agasalláronnos cunhas gominolas moi saborosas e recibiron o correspondente diploma por participar nesta sesión do proxecto do protagonista... GRAZAS!!!

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Vai de festa: galería de imaxes do Samaín e o Magosto

Xa podedes disfrutar da totalidade das imaxes das dúas últimas celebracións no noso colexio: o Samaín e o Magosto.
As Galerías de Imaxes da nosa páxina web xa están actualizadas así que non deixedes de disfrutar con elas... adiante!!! Preme no apartado que desexes visitar e accederás á galería correspondente.

                
                    
                           

lunes, 15 de noviembre de 2010

Celebramos o Magosto

Aínda que o tempo non acompañou, hoxe celebramos o tradicional Magosto do cole.
O máis característico foron as castañas e os xogos tradicionais organizados por Xose, o noso mestre de Educación Física.
Aquí vos deixamos as imaxes das tres aulas de educación infantil agardando polas castañas; en breves, poderedes disfrutar de todas as imaxes da celebración nas Galerías da nosa páxina web. 
Estade moi atentos a este blogue que aquí atoparedes todas as novas.




Carapuchiña Vermella

Hoxe, na aula de 3 anos, tivemos unha sorpresa moi especial: a avoa de Hugo (un dos alumnos da aula) nos fixo unha visita e nos axudou a representar o conto de "Carapuchiña Vermella".
Durante este curso, estamos a desenvolver no cole un Proxecto de Centro titulado "Os tesouros dos bosques" e, o alumnado de 3 anos, quixo traballar eses tesouros da man dun dos contos onde o bosque está moi presente.
A xornada comezou coa chegada de Maite, a avoíña de Hugo que, como ela di, é unha "niña vieja".
Como o conto que se representaba era o de "Carapuchiña Vermella", tivemos que repartir as personaxes; a cousa quedou así:

Carapuchiña Vermella: Ariadna
Nai de Carapuchiña: Alexandra
Lobo: Hugo
Avoa: Sabela
Cazador: Joel
Narradora: Maite, a avoa de Hugo

Como podedes ver, aquí temos ás personaxes perfectamente vestidas para a ocasión.
Unha vez vestidos e vestidas, baixamos a nosa BiblioRía para reprensentar o conto... alí nos agardaba Gaspar, rodeado de contos de Carapuchiña Vermella.
Comeza a representación!!!... Silencio!!!


Todo un éxito!!!



A nosa Carapuchiña aínda tiña unha cousiña agachada: un agasallo para a nosa narradora a quen, desde este blogue, lle damos unhas inmensas GRAZAS MAITE!!!


Na páxina web do colexio poderedes atopar a totalidade de imaxes desta xornada. Se queres acceder a elas, soamente tes que premer no debuxo da Carapuchiña que tes aquí debaixo ou na dirección seguinte: