Mostrando entradas con la etiqueta pitiños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pitiños. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de mayo de 2017

OS PITIÑOS MEDRAN


Cada día os pitiños medran máis, polo que xa puidemos quitalos da súa incubadora. Pisaron a herba por primeira vez con nos! E observámolos máis de cerca, ao aire libre. Foi unha bonita experiencia, na que puidemos tocalos, analizar as súas patiñas e plumaxe, observar como se moven,...
















 











Gústanos moito ver como medran asique sempre que podemos imos visitalos.

jueves, 6 de abril de 2017

INCUBAMOS OVOS!

Estes días os nenos/as de tres anos recibiron unha grata sorpresa.
Os cociñeiros do cole trouxéronnos ovos para que poidamos incubar! 




Coa colaboración de Juanca baixamos a cociña buscalos e levámolos a aula da natureza. Había de varios tipos e observamos as diferenzas.





 

Logo, metémolos nunha incubadora para que estén ao quentiño. 
















Aprendemos que necesitan estar dentro do ovo uns 21 días antes de nacer, asique xa estamos contando os días, no noso calendario de aula, para que nazcan os pitiños!!