Mostrando entradas con la etiqueta Pascua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pascua. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2015

Vacacións de Semana Santa

Informamos a todas as familias que, tal e como se recolle no calendario escolar deste ano, dende o día 28 de marzo ata o 6 de abril (ambos os dous inclusive) se celebrarán as vacacións de Semana Santa e non haberá clases. 
A volta ás aulas terá lugar o vindeiro martes, 7 de abril de 2015.
Desexamos que desfrutedes destes días de descanso e nos vemos no terceiro trimestre.
BOA PASCUA

lunes, 16 de marzo de 2015

Decorando ovos de Pascua

Estes días, nas aulas de educación infantil estamos a elaborar as portadas para as fichas do segundo trimestre. Así, a temática é a Pascua e, como non, un elemento que lles encanta: os ovos de Pascua.
Aquí vos deixamos coas imaxes realizando a actividade e con esta ligazón por se queredes descargar e imprimir máis modelos:
Nos vos esquezaces que dende este blog compartimos con todos milleiros de recursos para facilitar a vosa tarefa docente ou o trabllo na casa. Así, dende esta ligazón (ou premendo no debuxo da banda dereita de Pascua) poderedes atopar recursos variados sobre a festa:

martes, 3 de marzo de 2015

Recursos Pascua

Coma sempre por estas datas, nas aulas de educación infantil se fan actividades relacionadas coa época de Pascua, sobre todo, ovos, coelliños, etc.
Recuperamos hoxe este post publicado con anterioridade no que compartimos estas actividades variadas sobre a festa e que agardamos vos axuden na tarefa de recompilar ideas e recursos.
Aquí vos deixamos unhas ligazóns interesantes onde poderedes descargar material variado:






lunes, 31 de marzo de 2014

Ideas para celebrar a Pascua

Coma sempre por estas datas, nas aulas de educación infantil facemos algunha manualidade ou traballo sobre a Pascua; xa sexan ovos, coellos, etc.
Nas aulas da nosa escola estamos a traballar cos coelliños que tanto gustan aos máis pequenos e queremos compartir con todos e todas algunhas ideas que atopamos na rede e que vos poden servir tanto para traballar nas vosas aulas, como nas casas (xa que as familias, en moitas ocasións, nos demandades recursos variados para que os nenos e nenas se divirtan nos días sen cole).
Dunha banda, aquí vos deixamos uns crebacabezas para pintar, recortar e montar. Grazas a eles traballaremos a motricidade fina, o recorte coas tesoiras, a orientación espacial,...
Por outra banda, tamén compartimos estes debuxos para unir con números e que poderemos facer cos pequenos de forma amena e divertida, axudándolles cando o precisen (sobre todo, cos números "altos").
Ou estas actividades para montar os coellos.
O mundo de internet, ofrécenos variadas opcións e recursos; moreas e moreas de álbumes picasa, blogs super interesantes, webs variadas,... nos que poderemos atopar debuxos para pintar, manualidades, actividades,... para traballar tanto nas aulas coma durante estes días festivos de Semana Santa nos que os máis cativos estarán de vacacións.
Aquí vos deixamos unhas ligazóns interesantes onde poderedes descargar material variado: