En primeiro lugar, no ximnasio, algúns dos nenos/as de 6º curso, encargados/as da BiblioRía, presentaron o acto para celebrar este día tan especial. Esta actividade dividíuse en dúas partes:
- A importancia da lectura: puidemos desfrutar dun vídeo que nos transportou a un lugar máxico, e cunha poesía que nos lembrou cousas que podemos atopar na lectura.
- O libro "El Quijote": recitaron algúns parágrafos e lembraron algunhas das citas máis célebres desta obra, sobre todo unha das que máis teñen que ver coa lectura: "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho".
Por último, puxemos un vídeo dun dos fragmentos da obra máis coñecido: "A batalla cos molinos".
A continuación, cada curso foi saíndo ao patio e se colocou no lugar correspondente para facer as lecturas dos padriños/madriñas aos afillados/as e compartir uns marabillosos marcapáxinas, feitos por eles.
Dende o equipo de BiblioRía agasallamos aos nenos/as cunha gominola de Gaspar e outra gominola de flor.
A xornada foi un éxito! Os nenos/as disfrutaron moito das lecturas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!!