A partires dos xoguetes que temos na aula estamos traballando a conciencia fonolóxica. Concretamente cos animais, fixemos un xogo que consistía en elixir un animal que nos gustase e buscar o seu nome. Con esta tarefa traballamos a atención, a audición de fonemas e fomentamos o recoñecemento de letras.
Mostrando entradas con la etiqueta Animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animais. Mostrar todas las entradas
lunes, 26 de febrero de 2018
miércoles, 24 de mayo de 2017
LOLA A TARTARUGA
A semana pasada os nenos e nenas de educación infantil tiveros unha visita moi especial, a mama de Nacho Redondo, de 4 anos, presentounos unha das súas mascotas. De que animal se tratará?
jueves, 22 de mayo de 2014
"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_"Tania, la araña"
Unha nova historia chegou a nosa aula da man da nosa amiga Juanita; nesta ocasión, coñecimos a unha nova amiga: "Tania, la araña".
Se onte vos contabamos neste blog, toda a investigación realizada en torno ás bolboretas, despois de ler o conto "Maripepa, la mariposa", hoxe lle toca o turno ás arañas.... non paramos con tanto insecto!!!
A historia de "Tania, la araña" levóunos a facer un diálogo entre todos e todas sobre as palabras e expresións "GRAZAS", "POR FAVOR",
"BOAS TARDES",... preguntándonos cando debemos utilizar cada unha
delas e en que situacións. Cada neno e nena foi expresando os diferentes
momentos en que eles utilizarían eses termos e uns fomos aprendendo dos demais.
Unha vez rematadas as sesións verbais,
realizamos unha actividade escrita onde completamos o título do conto,
escribimos o nome de cada un dos protagonistas e, a continuación, pasamos a colorealos.
miércoles, 26 de marzo de 2014
"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Coñecemos a Guillermo
Na aula de 4 anos, continuamos a traballar co conto "La mariquita Juanita" e a descobrir diferentes experiencias con ela. Nesta ocasión, coñecemos a un novo amigo de Juanita: "Guillermo, el grillo saltarín".
Coma sempre, o primeiro que facemos e ler a historia para, a continuación, realizar unha dramatización da mesma. O alumnado aproveitou a escena
onde Juanita tenta desprazarse saltando
como o seu amigo Guillermo para facer a vivencia deste anaco da historia. Todo isto nos axuda para levar a cabo un diálogo conxunto sobre a actitude de Guillermo e Juanita
que, aínda que caen ao chan, deciden reir e xogar, non deciden chorar. Organizamos un diálogo sobre esta actitude e a comparamos co comportamento que nós temos ante
situacións similares no parque, no patio, etc.

Unha vez rematada a parte
oral, realizamos unha folla de actividades onde localizamos aos personaxes da historia, escribimos os seus nomes e os coloreamos.
jueves, 20 de febrero de 2014
"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_A paciencia
A semana pasada, vivenciamos
con Juanita unha nova experiencia, pois tras coñecer unha nova amiga, "Maripepa, la Mariposa", tentamos
conducir un diálogo no que os nenos e nenas tiñan que se poñer no lugar da bolboreta. Para
isto, utilizamos preguntas como: Se foses unha bolboreta, serías quen de aguantar no casulo tanto tempo? Por
que?
A continuación, visionamos un vídeo onde se explicaba a metamorfose
dunha bolboreta e falamos ampliamente deste proceso.
Unha vez rematada a parte oral, cada neno/a tivo que colorear as catro fases do proceso,
picar e pegar seguindo unha serie secuenciada en base o que xa tiñamos
visto no vídeo.
miércoles, 12 de febrero de 2014
"La mariquita Juanita"_Aulas 4 e 5 anos_"Maripepa, la mariposa"
A semana pasada, vivimos con Juanita unha nova experiencia a través dos seus contos: a xoaniña coñeceu unha nova amiga e con ela tivo novas sensacións; esta amiga era unha bolboreta chamada Maripepa.
Coma sempre, o primeiro que fixemos foi ler o conto e descobrir o que sabían os nenos e nenas deste insecto que tanto lles gustou. Falamos das dúas características, da súa cor, da súa forma, de se coñeciamos outras bolboretas, como eran, etc.
Unha vez traballado este aspecto, estivemos a falar sobre un tema moi importante: a paciencia. Grazas á historia de Maripepa comprendimos a importancia deste valor, de saber agardar. A bolboreta tivo que aguantar dentro do seu casulo durante moito tempo para se poder converter no fermoso animal que era.
Doutra banda, lembramos a historia do conto "Unha eiruga moi larpeira", onde a protagonista do conto transfórmase nunha fermosa bolboreta despois dun longo proceso no que a paciencia é fundamental.
E nós? Sabemos agardar? Temos paciencia? Cada un identificou momentos nos que eles ou elas tiñan paciencia e momentos onde non a tiñan.
Doutra banda, lembramos a historia do conto "Unha eiruga moi larpeira", onde a protagonista do conto transfórmase nunha fermosa bolboreta despois dun longo proceso no que a paciencia é fundamental.
E nós? Sabemos agardar? Temos paciencia? Cada un identificou momentos nos que eles ou elas tiñan paciencia e momentos onde non a tiñan.
Unha vez rematada a parte oral, entre todos
e todas estivemos a debuxar unha bolboreta na pizarra e, a continuación, cada un fixo o mesmo na súa folla, pintando ou decorando as diferentes bolboretas para as deixar ben bonitiñas.
Se queredes descargar o conto "Unha eiruga moi larpeira" en formato para traballar co Encerado Dixital Interactivo, podedes premer na seguinte ligazón:
http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Contos
http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Contos
Por outra banda, aquí vos deixamos unha actividade LIM para que xoguedes con esta eiruga e a súa historia que tanto gusta a pequenos e maiores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












