Mostrando entradas con la etiqueta Almorzos Saudables. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Almorzos Saudables. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de febrero de 2015

Almorzos saudables

Tiñamos pendentes de subir a este blog as imaxes da actividade "almorzos saudables", levada a cabo polos nenos e nenas de 4 e 5 anos, o pasado mes de xaneiro.
Este programa ofértase para fomentar o hábito do almorzo, conquerir unha alimentación saudable e mellorar a saúde bucodental no alumnado.
Os Almorzos Saudables están dirixidos ao alumnado dos ciclos de Infantil e Primaria, cos que se realizan charlas formativas, elaboración e degustación de almorzos saudables e un recordatorio da hixiene bucodental
Aquí vos deixamos coas imaxes da xornada. Se queredes descargar algunha, o poderedes facer a partires da seguinte ligazón:

lunes, 20 de mayo de 2013

Semana da froita

Durante esta semana, dende o 20 ata o 24 de maio, o colexio participará na Campaña de Distribución de Froita Fresca, convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Esta participación conleva que cada día se entregará a cada neno/a unha peza de froita segundo esta distribución:

  • LUNS: Amorodo
  • MARTES: Plátano
  • MÉRCORES: Mazá
  • XOVES: Peladillo
  • VENRES: Nísperos

viernes, 19 de abril de 2013

Semana da froita

Durante a vindeira semana, do 22 ao 26 de abril, o colexio participará na Campaña de Distribución de Froita Fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria. 
Esta participación conleva que cada día, á hora do almorzo, se entregará unha peza de froita según este reparto: 
  • Luns: amorodo 
  • Martes: pera 
  • Mércores: mandarina 
  • Xoves: mazá 
  • Venres: plátano

viernes, 28 de septiembre de 2012

Campaña de distribución de froita fresca

Informamos a todas as familias que, durante a vindeira semana (do 1 ao 5 de outubro), o colexio participará na campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria. Esta participación conleva que se entregará unha peza de froita no almorzo, segundo este reparto:

LUNS- PLÁTANO

MARTES- MAZÁ GOLDEN

MÉRCORES- MANDARINA

XOVES- PERA CONFERENCIA

VENRES- AMEIXA
 

martes, 15 de mayo de 2012

Unha nova semana de froita

Como xa ven sendo habitual na nosa escola, a merenda con froita tivo lugar unha semana máis... mazás, laranxas, peras, amorodos e plátanos foron as froitas escollidas nesta ocasión... e a ti, cal é a peza de froita que máis te gusta???

LUNS 7 DE MAIO - MAZÁS
  
MARTES 8 DE MAIO - LARANXAS

MÉRCORES 9 DE MAIO - PERAS

XOVES 10 DE MAIO - AMORODOS

VENRES 11 DE MAIO - PLÁTANOS

lunes, 23 de abril de 2012

A semana da froita

CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA
FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
Xa fai un tempo, polo mes de novembro, participamos na "Campaña de distribución de froita fresca" convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
A entrada do blogue onde vos contabamos a noticia era a seguinte: 

Cada día na hora do patio-merenda os nenos, nenas, mestres e mestras da escola comimos froita fresca; esta semana voltamos a disfrutar desta iniciativa e estas foron as froitas de cada día:

Luns - MELÓN
Martes - MAZÁS
Mércores - MANDARINA
Xoves - AMORODOS
Venres - PERA

jueves, 23 de febrero de 2012

Almorzos Saudables

A semana do 13 ao 17 de febreiro, levamos a cabo unha actividade titulada "Almorzos Saudables".
 Os nenos e nenas de educación infantil almorzaron na escola durante dous días; a distribución das sesións foi a seguinte:

Luns 13 e Mércores 15: alumnado de 4º de educación infantil.
Martes 14 e Xoves 16: alumnado de 5º e 6º de educación infantil.

Os menús escollidos foron os seguintes:

Menú 1: pan con tomate e aceite, xamón serrano, zume de laranxa, leite, colacao.
Menú 2: bocadillo de pan con salchichón, auga, iogur natural, froitos secos e mel.

As familias estaban invitadas a asistir; así, tanto elas como o alumnado recibiron unha charla inicial onde se explicaba a importancia dunha alimentación variada así como as cantidades apropiadas a comer de cada tipo de alimento.
Por outro lado, ao rematar de almorzar tamén nos explicaron a importancia dun bo cepillado dos dentes.
Unha xornada diferente e moi divertida; con ganas de repetir para o ano!!!


Para poder ver a totalidade das imaxes, podes premer no seguinte enderezo:




CONSUMO OCASIONAL: Carnes graxas (embutidos), pasteis e bolos, bebidas e refrescos azucrados.

CONSUMO SEMANAL: Ovos (3-4). Carne magra de vacún, porco, ave (3-4 racións). Peixe e froitos do mar (3-4 racións). Legumes (2-4 racións) e froitos secos (2-3 racións)

CONSUMO DIARIO: Leite, queixo e iogur (2-4 racións). Aceite de oliva (3-6 culleres sopeiras) Froitas (3 ou máis racións) e vexetais (2 ou máis recións). Pan, pasta, arroz, patacas, outros cereais (4-6 racións)
Auga e bebidas quentes (2-3 litros). Sal iodado 5 gramos como máximo.