Mostrando entradas con la etiqueta Recomendamos... Información e novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendamos... Información e novas. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2015

Festival Fin de Curso 2014/15

Aquí vos deixamos o programa para estes días de festivais.
 
MÉRCORES 17 DE XUÑO
 
 Ás 10:30 horas-FESTIVAL DE ED. INFANTIL, 1º, 2º E 3º DE ED. PRIMARIA
(Estan convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis)

Educación Infantil 3, 4 e 5 anos: "POESÍA DA PREHISTORIA"

Educación Infantil 3 anos: Baile "EL PEQUEÑO GUGÚ"
 
Educación Infantil 4 anos: Poesía con lingua de signos "SOY EL HOMBRE DE CROMAGNÓN"
 
1º Educación Primaria: Vídeo "OS CASTREXOS" e Baile "O ROCK DOS CASTREXOS"
 
2º Educación Primaria: "ROMA" e Baile "DE NOCHE Y DE DÍA"
 
3º Educación Primaria: Teatro "CATAVENTOS E CIA." 
 
Educación Infantil 5 anos: "GRADUACIÓN" 
 
XOVES 18 DE XUÑO
 
 Ás 10:30 horas-FESTIVAL DE 4º, 5º E 6º DE ED. PRIMARIA
(Estan convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis)

4º Educación Primaria: Teatro "REQUETECONQUISTA"
 
5º Educación Primaria: Teatro de Sombras "MANS Á OBRA"
 
6º Educación Primaria: "CAMIÑANDO POR VIGO" e "GRADUACIÓN" 
 
Os días dos festivais (17 e 18 de xuño) a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 10:15 horas, polo portal dos coches para acceder ao ximnasio. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Coa finalidade de organizar do mellor xeito o funcionamento do colexio, en estas dúas datas NON poderá ser recollido o alumnado antes do remate do horario escolar ás 14:30 horas, ou ás 15:15 horas, en caso de alumnado usuario do servizo de comedor.

viernes, 15 de mayo de 2015

Feliz Día Internacional das Familias

Hoxe, 15 de maio, se celebra en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.
Na nosa escola, é unha celebración que nunca deixamos pasar por alto e, coma sempre, elaboramos nas aulas un pequeno agasallo para todas as nosas familias, as que sempre colaboran cos proxectos e con todas as actividades propostas. Para todas vós, FELIZ DÍA!!!
Este ano, realizamos unha manualidade moi relacionada co tema do proxecto: unhas casas castrexas, nas que vivína os homes e mulleres da Prehistoria. Tanto aquí coma aquí xa vos amosamos como se desenvolvía o proceso de elaboración das casas prehistóricas; hoxe, vos amosamos o resultado e empaquetado final. Quedaron chulos, verdade?
 Aquí vos deixamos tamén con esta imaxe que poderedes imprimir e, a continuación, pegar unha foto da vosa familia.

jueves, 30 de abril de 2015

Días non lectivos

Lembramos a todas as familias que tanto mañá, VENRES 1 DE MAIO, coma o LUNS 4 DE MAIO, NON HABERÁ CLASES xa que son días festivo e non lectivo da escola.
Retomaremos as clases o vindeiro martes, 4 de maio.

Podedes consultar toda a información sobre o calendario escolar na seguinte ligazón:

viernes, 27 de marzo de 2015

Vacacións de Semana Santa

Informamos a todas as familias que, tal e como se recolle no calendario escolar deste ano, dende o día 28 de marzo ata o 6 de abril (ambos os dous inclusive) se celebrarán as vacacións de Semana Santa e non haberá clases. 
A volta ás aulas terá lugar o vindeiro martes, 7 de abril de 2015.
Desexamos que desfrutedes destes días de descanso e nos vemos no terceiro trimestre.
BOA PASCUA

jueves, 19 de marzo de 2015

Aviso ás familias: día 20 de abril, festivo

Avisamos a todas as familias que mañá, venres 20 de abril de 2015, non haberá clases xa que é un día festivo na nosa comunidade. Retomaremos a volta ás aulas o vinceiro luns, 23 de abril.
Por outra banda, desexamos que pasedes un estupendo "Día do Pai".
 

miércoles, 4 de marzo de 2015

Deixar o chupete ten premio

Deixar o chupete... TEN PREMIO!!!
Esta é a iniciativa da tenda IMAGINARIUM para facilitar a tarefa de deixar o chupete os nenos e nenas. Hoxe, a compartimos con todos vós por se estades interesados.

viernes, 27 de febrero de 2015

Matrícula para o curso 2015/2016

Como podedes observar, na marxe dereite deste blog podedes atopar unha imaxe coa palabra "matrícula".
 Se premedes sobre ela, vos levará á páxina web da escola onde atoparedes toda a información necesaria  sobre o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016.
O prazo de presentación de solicitudes é do 2 ao 23 de marzo, ambos os dous inclusive.

Aquí vos deixamos coa ligazón correspondente:





jueves, 19 de febrero de 2015

Semana da Prensa 2015_Aviso ás familias

Queridas familias,
Con motivo da Semana da Prensa 2015 (dende 0 9 ao 13 de marzo) solicitamos a vosa colaboración.
Como este ano estamos a traballar coa "Arte que nos rodea", necesitamos que axudedes aos vosos fillos e fillas a buscar nun xornal algunha noticia relacionada co urbanismo de Vigo: restos arqueolóxicos, arquitectura, esculturas, arquitectura popular (hórreos, petos de ánimas, cruceiros,...) Cando as atopedes, as podedes recortar e traer á escola. 
Coas achegas de todos e todas faremos un gran mural e de seguro que atoparemos historias moi interesantes para ler.
Agardamos polas vosas noticias antes do 3 de marzo.
Graciñas.
O Equipo de BiblioRía
 

martes, 3 de febrero de 2015

"Mis amigos y amigas del colegio"

Na aula de tres anos da escola, contamos cunha novidade: este libro-xogo que rotará polas casas do alumnado, titulado "Mis amigos y amigas del colegio".
Como ben podedes ver nas imaxes, está composto dunha cuberta onde aparecen todos os nenos e nenas da aula, unha folla con indicacións para as familias, e os nomes, fotos e monigotes que nos servirán para xogar; para rematar este libro-xogo, na parte posterior do mesmo atopamos unhas follas en branco para que as familias poidan deixar a súa opinión.
Aquí vos deixamos coa idea, que agardamos vos guste e, se queredes, poñades en práctica nas vosas aulas, xa que resulta un éxito.

martes, 13 de enero de 2015

Temos nova web do cole!!!

Como ben sabedes, ademais de contar con este e outros blogs na nosa escola, tamén temos unha páxina web. O seu enderezo é o seguinte:
Estes días, este portal web se estivo actualizando e, hoxe, xa podemos ver a páxina da escola cunha nova imaxe e moitísimas novas que compartir con todos e todas. Pouco a pouco, tomará "máis forma" e aparecerán novas noticias relacionadas co centro, así que xa sabedes: pasade pola nosa páxina web e descubriredes un montón de novas da nosa escola.
Xa nos contaredes que vos parece? Aceptamos suxerencias.

jueves, 30 de octubre de 2014

Información sobre os vindeiros días non lectivos

Informamos a todas as familias e usuarios/as deste blog que mañá, VENRES, 31 DE OUTUBRO, non haberá clases xa que se celebra o Día do Ensino e o LUNS 3 DE NOVEMBRO, tampouco haberá clases xa que é un día non lectivo da escola.
Podedes consultar o Calendario Escolar deste curso, premendo na imaxe do almanaque que atoparedes ao marxe dereito deste blog, así como prmendo na seguinte ligazón:

Aquí vos deixamos esta presentación de imaxes sobre a mostra das cabazas. Grazas ás familias pola súa colaboración; agardamos que non vos asustedes moito porque son tenebrosas!!!

jueves, 2 de octubre de 2014

Recomendacións para Educación Física

Este ano, contamos na escola con Daniel, o noso mestre de Educación Física e Psicomotricidade, co que o pasamos estupendamente nas súas clases, e hoxe nos lembra uns aspectos importantes para a práctica do deporte e o exercicio.
Na Educación Infantil, por motivos de saúde e hixiene, entre outros, é necesario traer o seguinte material para poder participar na clase:

- Roupa cómoda de deporte, tipo chándal.
- Zapatillas de deporte (con velcro en vez de cordóns, a ser posible). Non é necesario traer calzado a maiores para cambiarse. Se veñen da casa con calzado deportivo poden facer as sesións de psicomotricidade con este.
- Para evitar as molestias dos nenos/as con pelo lomgo, sería importante traelo recollido dalgunha forma (goma, diadema,...). O pelo longo solto dificulta os desprazamentos e nun momento en concreto que se meta o mesmo diante da cara, pode ser perigoso pola falta de visibilidade.
 - Para evitar posibles lesións na práctica dos xogos é aconsellable, así mesmo, non practicar deporte con reloxos, pendentes grandes ou que colguen moito, aneis, pulseiras de materiais duros... para así evitar posibles enganches ou golpes.
- Tamén é aconsellable traer unha goma ou corda nas gafas, para os nenos e nenas que as leven (sempre que as precisen para a práctica deportiva). Así, evitaremos posibles roturas das mesmas.

Dende sempre, a necesidade da hixiene nas prácticas deportivas foi moi importante. Nestas idades, incorporaremos, pouco a pouco, unha serie de hábitos neste ámbito que melloren a calidade e benestar dos alumnos e alumnas na práctica psicomotriz.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Benvidos a o novo curso 2014/2015

BENVIDOS Á ESCOLA
Hoxe, comezamos un novo curso escolar; coma sempre, a emoción, os nervios, os encontros cos compañeiros/as,... foron os protagonistas da xornada.
O noso blog xa bota a andar e, a través del, descubriremos as actividades e novas que temos preparadas para disfrutar xuntos/as este curso lectivo.
De momento, aquí vos deixamos coa distribución das mestras de educación infantil:

Mestra de 4º de educación infantil-3 anos: Paula
Mestra de 5º de educación infantil-4 anos: Emma
Mestra de 6º de educación infantil-5 anos: Tere
Mestra de apoio á educación infantil: Ángeles

jueves, 26 de junio de 2014

Libros de texto para o alumnado que pasa a 1º de Educación Primaria

O alumnado de 5 anos xa se despediu da etapa de educación infantil e, para o vindeiro curso, xa formarán parte do alumnado de educación primaria.
Aquí vos deixamos co listado de libros que precisan para 1º ciclo de primaria-1º curso.

-LENGUA (cuadernillos 1, 2, 3)_Editorial Edebé_ISBN: 788468300757

-MATEMÁTICAS 1_Editorial Edebé_ISBN: 9788468300634

-LINGUA GALEGA/COÑECEMENTO DO MEDIO. ANDAVÍA. (Globalizado)_Editorial Santillana_ ISBN: 788499720005

-INGLÉS. Class Book. SURPRISE 1_Editorial Oxford_ISBN: 9780194409452

-INGLES. Activity Book. SURPRISE 1_Editorial Oxford_ISBN: 9780194408066

Calendario escolar 2014/2015

Na páxina web da Consellería de Educación xa está publicado o calendario escolar para o vindeiro curso 2014/2015.

Inicio do curso: 10 de setembro
Fin do curso: 19 de xuño.

Períodos de vacacións:
- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos os dous
inclusive.
- Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
- Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos os dous inclusive.
- Días non lectivos:
     - Día do Ensino: 31 de outubro de 2014
     - Días non lectivos do centro: 3 de novembro e 4 de maio. 

Conmemoracións
- 25 de novembro de 2014: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- Do 1 ao 11 de decembro de 2014: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de
Galicia.
- 10 de decembro de 2014: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
- 30 de xaneiro de 2015: Día escolar da non violencia e da Paz.
- 8 de marzo de 2015: Día Internacional da Muller Traballadora.
- 15 de marzo de 2015: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
- Do 9 ao 13 de marzo de 2015: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con
xornais.
- Entre o 13 e o 30 de abril de 2015: Día do libro.
- 7 de abril de 2015: Día Mundial da Saúde.
- 9 de maio de 2015: Día de Europa.
- Do 7 ao 17 de maio de 2015: Semana das Letras Galegas.
- 5 de xuño de 2015: Día Mundial do Medio Ambiente.

miércoles, 18 de junio de 2014

Programación Festival Fin de Curso 2014

Un ano máis, chega a Festa de Fin de Curso e aquí vos deixamos a programación das actividades previstas.
Xoves 19: As 10:30 h. Festa Fin de Curso Ed. Infantil e 1º Ciclo Ed. Primaria á que están convidadas a asistir como público as familias de alumnado nestes niveis. A programación é: 

  • 1º e 2º Ed. Primaria: “Velázquez e as Meninas" (Conto con proxección de sombras)
  • 4º, 5º e 6º Ed. Infantil: “A historia de Van Gogh" (Poesía-rap) 
  • 4º Ed. Infantil: “Starry Starry Nigth” (Baile) 
  • 4º Ed. Infantil: “A noite estrelada” (Poesía) 
  • 5º Ed. Infantil: “Una calle de París” (Baile)
  • 5º Ed. Infantil: “A habitación de Arlés" (Poesía) 
  • 6º Ed. Infantil: “Happy” (Baile)  
  • 6º Ed. Infantil: “Os xirasoles” (Poesía) 
  • 6º Ed. Infantil: GRADUACIÓN         
Venres 20:  As 10:30 h. Festa Fin de Curso 2º e 3º Ciclo Ed. Primaria á que están convidadas a asistir como público as familias de alumnado nestes niveis. A programación é:

  • 3º Ed. Primaria: “As seis caras do Gran Señor” (Teatro) 
  • 4º Ed. Primaria: “O  trasmundo” (Cadro humano) 
  • Inglés: "Turning the English classroon into a Museum" (Vídeo) 
  • 5º Ed. Primaria: “Picasso e a paz” (Conxunto instrumental-visual) 
  • 6º Ed. Primaria: “O son do ar” (Canción) 
  • Despedida alumnado de 6º Ed. Primaria

Os días 19 e 20, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 10:15 h. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Coa finalidade de organizar do mellor xeito o funcionamento do colexio, en estas dúas datas non poderá ser recollido o alumnado antes do remate do horario escolar ás 14:30, ou ás 15:15 en caso de alumnado usuario do servizo de comedor. 

Do 23 ao 27 de xuño, na Praia de Canido (16,30 a 20,00): Biblioteca de Verán.

lunes, 26 de mayo de 2014

Feira do Libro Novo, en Vigo

O venres, día 16 de maio, presentouse na Casa Galega da Cultura, a FEIRA DO LIBRO NOVO DE VIGO, que terá lugar na Praza de Compostela, entre os días 23 de maio - 1 de xuño e que, unha vez máis, contará coa presenza das dúas bibliotecas públicas da cidade: a "Biblioteca Pública Juan Compañel" e a "Biblioteca Municipal Neira Vilas".
A feira, organizada pola Federación de libreiros de Galicia, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.
A inauguración tivo lugar o día 23 de maio, ás 12:30 horas, co pregón a cargo do escritor PEDRO FEIJÓO.
Este certame, o máis antigo de Galicia, despois da feira da Coruña, vense celebrando tradicionalmente a principios do mes de xullo. Este ano cambiouse a data coa intención de acadar maior afluencia de público e expositores, e así poder implicar tamén á Comunidade escolar.
Sabedes que o prezo dos libros teñen un 10 % de desconto na feira??
Pois ánimo e disfrutade do pracer da lectura!!
Se queredes mirar o programa premede na seguinte ligazón:

miércoles, 30 de abril de 2014

"Lápiz y... acción! Roser Capdevila dibuja"

Hoxe, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias do blog unha entrada cultural, sobre a figura dunha muller moi significativa na literatura infantil do noso país. Ela é Roser Capdevila, a creadora dos contos de "Las tres mellizas".
Durante as festas de Semana Santa, unha das nosas mestras tivo a sorte de poder visitar unha exposición sobre esta escritora no Palau Robert, en Barcelona, no que se pesenta unha exposición con obra inédita de Roser Capdevila, unha das grandes figuras da ilustración.  

"Lápiz y... acción! Roser Capdevila dibuja" explora os contos máis populares da súa traxectoria e propón unha viaxe pola súa biografía que comprende máis de 300 títulos publicados en diferentes países. A súa obra foi traducida do catalán a todas as linguas maioritarias e Roser Capdevila tamén escribíu e debuxou pera editoriais de Francia, Alemaña, Austria, Italia, Canadá, Bélxica e Xapón.
A mostra presenta unha seleción de contos, representativos da súa gran produción, algúns non publicados no noso país. Estes contos permítennos, por un lado, seguir a evolución do seu estilo como ilustradora e, por outro, nos descubre a unha Roser como autora de texto. Un dos títulos selecionados é a serie de debuxos de "Las Tres Mellizas“, internacionalmente conocida, e que eclipsou a todo o mundo co seu universo de historias e personaxes xurdidos da man e a cabeza desta ilustradora.
Estos contos están acompañados por diversas escenografías que teñen por obxectivo vincular os contos e as historias que Capdevila narra e debuxa, coa súa vida persoal. Calen son os vínculos que ten Roser coa canguro Estefanía ou coa xirafa Palmira? Todo isto o podemos descobrir na exposición.
A mostra desenvólvese nos seguintes ámbitos: "Apuntes de niñez", "Nace una ilustradora", "Dibujando y buena letra", "Una experiencia de cuento", "Un personaje, un retrato", "Cuentos dentro de cuentos", "Dibujos que se mueven", "Hola a todos", "De puertas adentro", "Se alza el telón" e "El Cabaret".
A exposición permite coñecer a forma de ser de Roser Capdevila, unha persoa cuns fortes valores éticos, comprometida socialmente, que se implica en todos os proxectos onde é reclamada dunha manera altruista e que é capaz de formar unha rede de amizades que mima e valora. A personaxe lexendaria das sete vidas, capaz de sobrevivir a un parto múltiple, a un cancro e a un atropello.
Na segunda parte da mostra descobrimos a unha Roser más íntima, cunha produción extraordinaria e inédita que pertence a súa vida particular e á esfera de familiares e amigos, que cederon moitas pezas para a exposición. Cadernos e diarios, e un mundo de cartóns pintados.
Aquí vos deixamos ligazóns de interese:





viernes, 4 de abril de 2014

Escola de nais e pais

O vindeiro MÉRCORES, 9 de ABRIL, de 16:00 a 18:00 horas, celebrarase no colexio unha charla, organizada pola ANPA da escola, dirixida aos pais e nais do alumnado de Educación Infantil, que tratará sobre 
A ADQUISICIÓN DE AUTONOMÍA E LÍMITES.
As persoas encargadas de impartir a charla serán Paula Villaverde e Gemma Álvarez, educadoras sociais con ampla experiencia. Preténdese que a reunión se fago de xeito participativo e poida existir intercambio de ideas.