Mostrando entradas con la etiqueta Actividades EDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades EDI. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de junio de 2014

Actividade EDI: "Sumamos y restamos con el fútbol y el baloncesto"

Hoxe, compartimos esta segunda publicación; é unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo, que poderedes descargar na seguinte ligazón: http://edi-riadevigo.wikispaces.com/numeros
A iniciación ás sumas e ás restas é un momento moi aporpiado para traballar cos aspectos cotidianos e divertidos para o alumnado; con situacións do seu día a día que sean significativas para eles/as y que lles desperten a motivación e a curiosidade por realizar estas dúas operacións: as sumas e as restas.
Así, os nosos alumnos e alumnas están moi interesados por dous deportes aos que xogan no recreo: o fútbol e o baloncesto. Aproveitando o número de xogadores por equipo, as tarxetas vermellas, os equipos de baloncesto,... realizaremos nesta actividade operacións sinxelas de sumas e restas.
Aquí vos deixamos uns pantallazos para que vexades como son:

viernes, 13 de junio de 2014

Actividades variadas sobre o verán

Xa case estamos chegando a unha nova estación do ano: o Verán.
Nas aulas, xa estamos a ultimar todos os detalles para entregar o material ao alumnado e, aproveitando a chegada da fin de curso, queremos compartir con todos/as os nosos usuarios e usuarias estes recursos variados sobre a estación.
Fai tempo, publicabamos neste blog estas dúas entradas nas que xa podiades atopar actividades en liña, actividades LIM, actividades para o encerado dixital,...

Aquí vos deixamos as dúas ligazóns:


Continuamos aumentando o noso almacén de recursos para facilitar a tarefa docente, así como para propoñer diferentes ideas de traballo nas casas, durante o tempo de vacacións; por iso, aquí vos deixamos estes crebacabezas tan chulos que agardamos vos gusten:

jueves, 5 de junio de 2014

Actividade EDI: "Nuestro amigo el seis"

Hoxe, compartimos con todos e todas unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo.
Nesta ocasión, o protagonista é o número seis, así que se queredes descargar este xogo para vos divertir con el soamente tedes que premer na seguinte ligazón:

Coma sempre, aquí vos deixamos uns pantallazos das actividades, por se as queredes ver previamente ou por se queredes imprimir algunha imaxe e traballar con ela sobre papel.

jueves, 13 de marzo de 2014

Actividade EDI: "Nos divertimos con el 5"

Se o martes, publicabamos neste blog unha actividade para o EDI sobre o número 4 hoxe, venres, ofrecemos unha nova actividade para traballar cos números; nesta ocasión, o alumnado de catro anos comparte con todos e todas un arquivo para traballar co número 5.

Coma sempre, se queredes xogar e descargar esta actividade podedes premer na seguinte ligazón:

Aquí van, coma sempre, as imaxes ou pantallazos das fichas da actividade que poderedes ver, descargar, imprimir,...