viernes, 31 de mayo de 2013

O protagonista da semana: DIEGO

A semana, do 20 ao 24 de Maio, o protagonista foi:
DIEGO

Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Diego: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . . e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto . . . !
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou. Pouco a pouco o panel foise enchendo coas súas cousas.
O venres día 12, tivemos a visita na aula dos seus pais, Encarna e Jose, acompañados dalgunhas das moitas mascotas de Diego: os peixiños e o grilo.
Diego, amosoulles o traballo que estivo a facer durante a semana e deseguido chegou o momento das preguntas, comezamos preguntando os seu nome e interesándonos polos traballos.
Tan curiosos como sempre, quixemos saber como foi Diego de bebé e que fai cando está na casa. Así soubemos que de bebé tomaba moito biberón, pero agora non come moito, aínda que si bebe moito. Que cando está na casa se pasa todo o día xogando, sobre todo ao futbol e coa bici, que o futbol é o seu deporte favorito e xoga no equipo de S. Miguel e que tamén lle gusta moito pintar. Que ve pouco a tele e tampouco lle gusta disfrazarse. O que si lle gusta tamén é dar paseos coa súa familia e ir a pescar cangrexos e peixes co ganapán. Cando está na cociña coa súa mamá gústalle axudarlle, sobre todo a facer postres.

Despois pasámolo moi ben participando no xogo de acertar as adiviñas de animais que Encarni, a mamá, nos leu nun libro moi chulo. Acertamos case todo!

Antes de rematar repartiron uns agasallos que estabamos desexando abrir. E quedamos guapísimos coas pulseiras tan chulas elaboradas por eles mesmos.
E como sempre, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

lunes, 20 de mayo de 2013

Semana da froita

Durante esta semana, dende o 20 ata o 24 de maio, o colexio participará na Campaña de Distribución de Froita Fresca, convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Esta participación conleva que cada día se entregará a cada neno/a unha peza de froita segundo esta distribución:

  • LUNS: Amorodo
  • MARTES: Plátano
  • MÉRCORES: Mazá
  • XOVES: Peladillo
  • VENRES: Nísperos

viernes, 17 de mayo de 2013

17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas e, este ano, o autor homenaxeado é ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
e aquí vos deixamos este vídeo sobre a súa vida e a súa obra, elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES "Concepción Arenal" de Ferrol.


Por outro lado, grazas ao CEIP. de Pedrouzos-Brión podemos desfrutar dunha magnífica recompilación de material variado sobre a figura de Vidal Bolaño.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/course/view.php?id=68

E, como non, a páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia ofrécenos a posibilidade de investigar máis a fondo sobre o autor homenaxeado deste ano cunha recompilación de diferentes recursos elaborados por diversos centros da nosa Comunidade.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/514
 
Coma sempre, grazas a todos os centros por compartir estes materiais co resto da Comunidade Educativa.

miércoles, 15 de mayo de 2013

15 de maio, DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Hoxe, 15 de maio, celebramos na escola o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.

 
(Imaxe do cartel elaborada por: http://www.alejantoraz.com/)
Como todos os anos, elaboramos un agasallo para as familias de cada un dos nenos e nenas de educación infantil. Este curso escolar, aproveitando o noso proxecto de centro ("Lendo o mundo con Tintín") decidimos realizar un fermoso cadro coa imaxe dos protagonistas principais: Tintín e Milú, paseando polo Congo.
A verdade é que estes nenos e nenas de educación infantil son uns verdadeiros artistas!!!

Festival Internacional de Títeres de Redondela

Coma sempre, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias as novas relativas a espectáculos ou actos de interese.

Así, coma todos os anos, dende o 14 ao 19 de maio de 2013 celébrase o 
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA.
Ao longo de todos estes días, poderedes desfrutar de milleiros de actividades.  
O festival, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela e a Asociación Xente Titiriteira, contará coa presenza de multitude de compañías de teatro de diferentes países, artistas especializados na manipulación de obxectos, títeres de man e guante ou varitas, marionetas de fíos, bonecos tradicionais de madeira e sombras chinesas.
Hai dúas programacións: a de sala, que se desenvolverá no Auditorio Multiusos da Xunqueira, e a de rúa, que se desenvolverá nas distintas rúas e prazas do municipio redondelano e son gratuitas para todos los públicos. 
Se queredes consultar a programación completa, poderedes premer na seguinte ligazón:




martes, 14 de mayo de 2013

Canto mide unha avestruz?

Esta foi a pregunta que desembocou na actividade que hoxe vos amosaremos.
Todo comezou a partires deste conto de Susa Herrera:
 Neste libro musicado se recollen unha morea de cancións sobre diferentes animais. Cada unha das aulas de educación infantil da escola está a traballar cunha das cancións e, polo tanto, cun dos animais.
Aos nenos e nenas de 4 anos nos tocou a avestruz e quixemos saber como eran de altas. Así, na letra do conto di que estes animais poden chegar a medir 2 metros... "Dous metros?" "E iso canto é?"
Aquí comezou a nosa investigación. O primeiro que fixemos foi pedirlle a mestra Ángeles a súa colaboración e o fixo aportando un metro moi interesante para nós.
As mestra Paula e Emma foron guiando aos nenos e nenas: "Para atopar un metro, tedes que buscar o 100, o número 100, o que está formado polo un e dous ceros"... Mans á obra!!!
Así, uns coa axuda dos outros foros buscando no metro ata atopar o número que precisabamos.
 A continuación, e coa axuda dun papel continuo de cor blanca, estiramos o metro dende un dos extremos do papel e marcamos onde estaba situado o 100 (1 metro).
Debatimos entre todos que agora tiñamos un metro, pero que as avestruces non medían un, medía dous metros, así que tivemos que chegar á conclusión que precisabamos facer outro "anaco de 100" a continuación do anterior.
Así o fixemos e xa tiñamos marcado a lonxitude dunha avestruz: dous metros.
 Neste momento, soamente tivemos que cortar o papel para o deixar nesta lonxitude e, a continuación, a mestra Paula debuxou a avestruz, que decoramos entre todos/as.
Xa tiñamos a avestruz... Que alta era!!! Máis alta que as mestras!!! E nós, canto mediamos nós?
Aproveitando outro papel continuo, o alumnado de 4 anos decidiu comprobar a súa altura e así o fixemos, rexistrando cada unha delas no papel colocado no corredor da escola.
Aquí poderedes ver un resultado desta divertida e práctica actividade.

lunes, 13 de mayo de 2013

A protagonista da semana: LUCÍA

Esta semana, do 6 ao 10 de maio, a protagonista foi:
LUCÍA

Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Lucía: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluche, xoguete, conto, que nos foi lendo e amosando as imaxes, e roupa, que nos amosou posando coma unha modelo...



Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa, que agora viste á súa boneca; coa cinta métrica comprobamos cánto medrou,... e o panel foise enchendo coas súas cousas.

O venres 10, tivemos a visita na aula da súa familia, que Lucía agardaba ansiosamente. Viñeron os seus papás, Celeste e Alberto, e o seu irmá Pedro, que está na clase de 3º de primaria.


Lucía amosoulles o traballo realizado durante a semana, e a continuación os compañeiros comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas de costume: os nomes, os traballos, cousas que Lucía fai na casa, como era de bebé, etc


Así, soubemos que Lucía de bebé durmía e comía moito. Que agora que medrou madruga e xoga moito, que lle gusta moito debuxar. Encántalle bailar e disfrazarse (o seu disfrace favorito é o de “sevillana”) Bañarse coa bañeira chea de espuma, facer excursións polo monte coa súa familia e cazar rás son outras das cousas que lle gusta facer. O seu deporte favorito é o fútbol e por iso  está no equipo de S.Miguel


Contáronnos tamén que na casa se porta moi ben, que axuda moito a limpar, facer a cama, poñer a mesa, etc.


Despois, Pedro, o seu irmá, leunos o conto: “Mis amigos del mar” ao tempo que nos ía amosando as imaxes. Gustounos moito!


E para rematar esta sesión, Lucía e Pedro repartiron os agasallos que nos trouxo a súa familia.  


 E como sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.                    
            GRACIÑAS