Mostrando entradas con la etiqueta Conceptos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conceptos. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2014

Sesión de contacontos con Nati, do grupo de teatro Sarabela

O pasado mércores, 21 de maio, grazas á Editorial Everest, tivemos a grata sorpresa de contar na BiblioRía cunha contacontos chamada Nati (Nati Natillas), integrante do grupo de teatro “Sarabela”, que nos deleitou cunha sesión de historias moi entretida.
Nati contounos que tiña un amigo que se chamaba Emilio e que era cociñeiro; mentres fai as comidas, a xente pasa pola cociña e lle conta historias a Emilio. Este aproveita para lle transmitir a Nati as historias da xente e ela aproveita para nolas transmitir a todos os nenos e nenas.
A primeira historia que nos contou era a dun can chamado Nico, que vivía nunha granxa de ovellas. Pola noite non podía durmir, ata que a súa irmá Nica lle propuxo que contase ovellas, como fan os humanos... e nós nos convertimos nesas ovellas!!! Pasámolo pipa!!!
A continuación, nos contou a historia dunha viaxe de Emilio a África, onde coñeceu a tribu dos “Mangala”. Grazas a Nati, aprendimos unha canción africana e descubrimos como apareceron os animais da selva.
E, coma os nenos e nenas queriamos máis e máis historias, Nati compraceunos contándonos outro conto africano titulado “Os tres moniños”, que se asemellaba moito a "Os tres porquiños".
Foi unha sesión estupenda onde os pequenos/as do cole participamos interactuando e colaborando en todo aquilo que a contacontos nos pediu.
        Estivemos moi atentos/as, non so na narración, senón na magnífica expresión corporal coa que Nati acompañaba cada historia. 
 



Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

martes, 14 de mayo de 2013

Canto mide unha avestruz?

Esta foi a pregunta que desembocou na actividade que hoxe vos amosaremos.
Todo comezou a partires deste conto de Susa Herrera:
 Neste libro musicado se recollen unha morea de cancións sobre diferentes animais. Cada unha das aulas de educación infantil da escola está a traballar cunha das cancións e, polo tanto, cun dos animais.
Aos nenos e nenas de 4 anos nos tocou a avestruz e quixemos saber como eran de altas. Así, na letra do conto di que estes animais poden chegar a medir 2 metros... "Dous metros?" "E iso canto é?"
Aquí comezou a nosa investigación. O primeiro que fixemos foi pedirlle a mestra Ángeles a súa colaboración e o fixo aportando un metro moi interesante para nós.
As mestra Paula e Emma foron guiando aos nenos e nenas: "Para atopar un metro, tedes que buscar o 100, o número 100, o que está formado polo un e dous ceros"... Mans á obra!!!
Así, uns coa axuda dos outros foros buscando no metro ata atopar o número que precisabamos.
 A continuación, e coa axuda dun papel continuo de cor blanca, estiramos o metro dende un dos extremos do papel e marcamos onde estaba situado o 100 (1 metro).
Debatimos entre todos que agora tiñamos un metro, pero que as avestruces non medían un, medía dous metros, así que tivemos que chegar á conclusión que precisabamos facer outro "anaco de 100" a continuación do anterior.
Así o fixemos e xa tiñamos marcado a lonxitude dunha avestruz: dous metros.
 Neste momento, soamente tivemos que cortar o papel para o deixar nesta lonxitude e, a continuación, a mestra Paula debuxou a avestruz, que decoramos entre todos/as.
Xa tiñamos a avestruz... Que alta era!!! Máis alta que as mestras!!! E nós, canto mediamos nós?
Aproveitando outro papel continuo, o alumnado de 4 anos decidiu comprobar a súa altura e así o fixemos, rexistrando cada unha delas no papel colocado no corredor da escola.
Aquí poderedes ver un resultado desta divertida e práctica actividade.

martes, 22 de mayo de 2012

Actividade EDI: "Trazamos"

Aquí vos amosamos unha nova actividade para o EDI; nesta ocasión, relacionada coa grafomotricidade e onde traballamos os trazos básicos (horizontal, vertical e diagonal).
Coma sempre, poder acceder á descarga premendo na imaxe ou na ligazón de abaixo. Por outro lado, vos deixamos cunha serie de fichas da actividade (lembrade que todas non as podemos amosar xa que algunhas delas son dixitais e non temos forma de subilas ao blogue)

viernes, 30 de septiembre de 2011

Actividades conceptos 3 anos 1º trimestre

Aquí vos deixamos a ligazón para descargar actividades relacionadas cos conceptos a traballar nas aulas de 3 anos durante o primeiro trimestre do curso.


A maioría delas están relacionadas co tema do outono xa que, durante estes primeiros meses, realizamos co alumnado un pequeno proxecto sobre este tema.
Aquí vos deixamos unha mostra das fichas de aula.