Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de febrero de 2018

ANTERIOR E POSTERIOR

Cada día temos máis interiorizada a recta numérica, actualmente estamos traballando os conceptos de anterior e posterior, a algúns resúltalles complicado de comprender, xa que non teñen ben interiorizada a correspondencia número - cantidade, pero pouquiño a pouco vano entendendo. 
Para traballar o anterior e o posterior fixémolo de diferentes formas, co propio corpo, creando unha recta numérica nos mesmos, con  pezas de construción, traballando coa recta numérica, etc… As veces de forma individual, outras por parellas ou en gran grupo, dependendo da actividade e por último en papel.

De seguido vos deixamos algunhas imaxes de xogos que fixemos.


















miércoles, 25 de junio de 2014

Actividade EDI: "Sumamos y restamos con el fútbol y el baloncesto"

Hoxe, compartimos esta segunda publicación; é unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo, que poderedes descargar na seguinte ligazón: http://edi-riadevigo.wikispaces.com/numeros
A iniciación ás sumas e ás restas é un momento moi aporpiado para traballar cos aspectos cotidianos e divertidos para o alumnado; con situacións do seu día a día que sean significativas para eles/as y que lles desperten a motivación e a curiosidade por realizar estas dúas operacións: as sumas e as restas.
Así, os nosos alumnos e alumnas están moi interesados por dous deportes aos que xogan no recreo: o fútbol e o baloncesto. Aproveitando o número de xogadores por equipo, as tarxetas vermellas, os equipos de baloncesto,... realizaremos nesta actividade operacións sinxelas de sumas e restas.
Aquí vos deixamos uns pantallazos para que vexades como son:

lunes, 23 de junio de 2014

A recta numérica do 0 ao 100 en educación infantil

Aínda que as clases acabaron o pasado venres, 20 de xuño, o noso blog non para e continúa a compartir con todos os nosos usuarios e usuarias diferentes recursos e actividades.
Hoxe, nos centramos no traballo coa recta numérica en educación infantil, un elemento moi importante a ter en conta e que presenta unha gran importancia dentro de traballo significativo cos números. 
A recta numérica serve para case todo: para contar progresiva e regresivamente, para o cálculo mental, para contar de forma salteada, para iniciarse nas operacións básicas, na medida,... 

A recta numérica é o soporte fundamental para que o alumno/a se afiance e progrese en cada un dos niveis de dominio da secuencia numérica. Se a percorremos cos dedos, aprendemos a separar adecuadamente cada un dos números, a comezar a contar dende o número que se nos pida ou dende o número elixido, a contar determinados números a partir dun concreto, a facelo en sentido progresivo ou regresivo ou, finalmente, a facelo de forma salteada.

As mestras de educación infantil elaboramos estes números para formar a nosa propia recta numérica na aula. Colocarémola baixo o encerado formando unha liña continua do 0 ao 100; pegarémola con velcro para facilitar o seu manexo por parte do alumnado.
Doutra banda, navegando pola rede tamén atopamos estes outros números do 0 ao 100 que poderedes colorear como queirades, recortar e formar a recta nas casas ou nas vosas aulas.
e con esta idea de traballar a recta numérica con pinzas e plastilina:

jueves, 13 de marzo de 2014

Actividade EDI: "Nos divertimos con el 5"

Se o martes, publicabamos neste blog unha actividade para o EDI sobre o número 4 hoxe, venres, ofrecemos unha nova actividade para traballar cos números; nesta ocasión, o alumnado de catro anos comparte con todos e todas un arquivo para traballar co número 5.

Coma sempre, se queredes xogar e descargar esta actividade podedes premer na seguinte ligazón:

Aquí van, coma sempre, as imaxes ou pantallazos das fichas da actividade que poderedes ver, descargar, imprimir,...

miércoles, 12 de marzo de 2014

Actividade EDI: "Traballamos co número 4"

Os nenos e nenas de 4 anos xa desfrutan destas actividades na pizarra dixital ou "máxica" da escola. Agora, queren compartir con todos os nosos usuarios e usuarias este arquivo para que vós tamén os divirtades nas vosas aulas, ou nas casas.

Para poder ver e descargar a actividade, podes premer na seguinte ligazón e a atoparás:

Coma sempre aquí vos deixamos as imaxes/pantallazos das fichas da actividade. Lembrade que moitas delas (se non dispoñedes do software) as podedes imprimir e xogar en papel; outras, presentan contidos dixitais ou flash que non permiten a súa visualización se ter o programa instalado no ordenador.
Atentos e atentas porque mañá, xoves, publicaremos unha actividade dirixida ao traballo co número posterior ao 4. Pois sí, mañá, toca actividade para traballar co 5, así que estade moi pendientes deste blog.