Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de enero de 2017

TALLER DE IGUALDADE

Onte os nen@s de cinco anos tivemos un "taller de igualdade", recibimos a visita de ELSA a monitora, que viña acompañada de dous amigos MARIA E TOMÁS.


Tivemos que adiviñar cal era o neno e cal era a nena , logo os desnudamos, e puidemos comprobar que algúns se equivocaran porque dixeran que María era a que tiña a camiseta de cor rosa.

Logo despois Elsa mostrounos imaxes de animais que son de cor rosa e que tanto son machos como femias, tamén nos trouxo uns animais en cartulina.


Por último fixemos un xogo, Elsa traia moitos regalos que lle podiamos facer tanto a María como a Tomás.


Con todas estas actividades aprendemos que non hai xogos de nenas e xogos de nenos o igual que tampouco hai cores de neno e cores de nena, tod@s podemos xogar con todo e vestirnos con roupa de calquera cor..
Moitas grazas Elsa, esperamos que voltes axiña.

miércoles, 20 de mayo de 2015

"Camiña con nós pola igualdade"

Os nenos de 6º de educación infantil tivemos a nosa segunda e última sesión do programa “Camiña con nós pola igualdade” con Elsa, a educadora que realizou con nós as actividades. (Para lembrar a primeira sesión, podes premer nesta ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2015/01/camina-con-nos-pola-igualdade.html)
Nesta sesión aprendimos o significado da palabra “colaborar” así coma traballamos a importancia da colaboración familiar na realización das tarefas do fogar.
Elsa contounos un conto titulado “O libro dos porcos”, onde os protagonistas non axudaban en nada a súa mamá. Un día, a mamá, que xa estaba moi cansa, marchou de vacacións e os deixou soliños na casa; como non sabían facer nada olvidáronse de poñer a lavadora, ir a compra, aspirar..., ata que se lles puso cara de porquiños.
Cando a mamá regresou, eles estaban moi arrepentidos e a partir de ese día colaboraron sempre nas tarefas do fogar.
Unha sesión moi educativa e divertida, que podedes observar nas seguintes imaxes.


miércoles, 28 de enero de 2015

"Camiña con nós pola igualdade"

Onte, martes 27 de xaneiro, tivo lugar a actividade "Camiña con nós pola igualdade", dirixida ao alumnado de 6º de educación infantil da escola (tamén houbo obradoiros para os nenos e nenas de 2º, 4º e 6º de educación primaria)
Aquí vos deixamos coas imaxes, xunto cunha presentación de fotografías da xornada, que poderedes atopar na web do noso colexio.

martes, 3 de junio de 2014

Camiña con nós pola igualdade

A semana pasada, o alumnado de educación infantil recibiu a segunda sesión do obradoiro "Camiña con nós pola igualdade", da man da nosa monitora Elsa. Para lembrar a primeira sesión, podedes premer na seguinte ligazón:
http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/Igualdade

Nesta ocasión, traballamos sobre as tarefas do fogar e a importancia de facelas entre todos e todas para colaborar e, así, desfrutar do resto do tempo coa familia: xogando, saindo ao parque,... 
Así, percorremos as estacias da casa dun amigo de Elsa e, pouco a pouco, fomos realizando as diferentes actividades propostas pola monitora.
Tender a roupa mollada, recollela, doblala,... foron destrezas traballadas co alumnado, que demostrou que sabe facer moi ben as tarefas e con moito cuidado.
Tamén preparamos unha mesa para comer/cenar. Para iso, tivemos que colocar os utensilios necesarios, así coma estender o matel e poñer as servilletas. A que quedou chula a nosa mesa? Menudas gañas de poñerse a comer ou cenar!!!
Aquí vos deixamos unhas imaxes da sesión e xa poderedes ver que os nosos nenos e nenas de 5 anos son todos uns "manitas" coas tarefas da casa!!!

lunes, 17 de marzo de 2014

Camiña con nós pola igualdade

A semana pasada, na aula de 5 anos, recibimos a visita de Elsa e realizamos actividades de igualdade.
Elsa, as mestra Paula e Alba, e todos os nenos e nenas de 5 anos, formamos un gran círculo no chan da aula e, pouco a pouco, fomos facendo as presentacións para coñecernos un pouco máis e así Elsa puidera saber os nosos nomes.
Posteriormente, nos propuxo un xogo moi divertido relacionado cos xoguetes. Cada un de nós recibíu un anaco de cartón coa imaxe dun xoguete. Tivémolo que mirar moi ben e analizar.
 
Se pensabamos que era un xoguete de nena colocabámolo nunha columna; se pensabamos que era de neno, noutra columna e, se pensabamos que poderían xogar con el nenos e nenas, pois o mantiñamos nas nosas mans.
Coa axuda de Elsa, fomos elaborando as dúas columnas e, posteriormente, analizamos cada un dos xoguetes e a razón de poñelo nunha columna e noutra.
A medida que iamos avanzando na análise, nos dimos conta que non era certo que ese xoguete alí colocado soamente fose para nenos ou nenas, senón que con el poderían xogar tanto os chicos como as chicas. Entón... haberá xoguetes de nenos e de nenas? Todos podemos xogar cos mesmos xoguetes?
 
 Pouco a pouco, as dúas columnas se foron desfacendo para facer soamente unha con todos os xoguetes.
 Tamén puidemos coñecer a Luis e Luisa, dous amiguiños de Elsa que nos ensinaron cales eran os seus xoguetes favoritos.

Grazas a esta actividade, puidemos descobrir que nenos e nenas poden xogar ás mesmas cousas, que non hai cores de nenos e cores de nenas, ...
Unha actividade moi divertida que gustou moito a nenos, nenas e mestras. agardamos que Elsa veña en outra ocasión e continuar a realizar actividades de igualdade con ela.
Ata a próxima!

Hoxe pola tarde, poderedes desfrutar doutra entrada neste blog onde os amosaremos en imaxes como foi a Semana da Prensa. Estade moi atentos e atentas.