miércoles, 30 de noviembre de 2016

PROXECTO CHINA

Na aula de cinco anos tivemos a sorte de recibir a visita dunha cidadá chinesa , amiga de Bea.
Esta é a nosa amiga LUYAO

Nada mais chegar Luyao tiña un regalo para cada un de nós. Os nosos nomes escritos en chines.


Logo resolveu algunhas dúbidas que tiñamos sobre o idioma chines. Aprendemos os saudos básicos e algunhas outras palabriñas.

Luyao ensinounos a empregar os famosos palillos chineses, tanto para comer, como para facer moños.





Tamén nos trouxo unhas imaxes preparadas para coñecer moitas curiosidades do seu pais.

Na aula tiñamos un pai-pai aportado por Gael, e LUYAO dixonos que non soamente se utilizaba para refrescarse, pois tamén se emprega para tapar a cara cando unha persoa ten moita vergoña.

E por último LUYAO tiña preparado un baile cunha canción chinesa cantada por ela mesma.

Para agradecer esta visita entregamos a nosa amiga un pequeno presente.

MOITAS GRAZAS A BEA E A LUYAO POR ESTA SESIÓN.





martes, 29 de noviembre de 2016

VISITAMOS A BIBLIORÍA E COÑECEMOS A GASPAR

Ao longo deste mes coñecemos e visitamos a Biblioría! (http://biblioria.blogspot.com.es/)
A profe Geli presentounos a Gaspar, a mascota da Bilioteca do colexio e explicounos que Gaspar existe de verdade! É un golfiño que transita a Ría de Vigo e disfruta moito achegándose as persoas!

 (pulsade na primeira imaxe para obter máis información sobre Gaspar)

https://gl.wikipedia.org/wiki/Gaspar_(golfi%C3%B1o)



Tamén aprendemos a utilizar o Encerado Dixital Interactivo da biblioteca. Encantounos!




Cubimos o noso pasaporte lector para poder ir a biblioteca e coller libros de prestamo.








Xa na clase, fixemos os nosos propios marcapáxinas de Gaspar, para cando levemos contos de préstamos da Biblioría deixalos no lugar onde collemos os contos, e así saber cal era o seu lugar cando o devolvamos.





 Quedaron así de bonitos!



Tamén colocamos na porta da aula un buzón para Gaspar, e xa recibimos as súas primeiras cartas! onde nos conta que nos levará de viaxe, ao longo de todo o curso, polas diferentes marabillas do mundo!!




lunes, 28 de noviembre de 2016

CUMPLES NOVEMBRO

Como cada fin de mes, estivemos a celebrar nas aulas de infantil os cumpreanos do mes de Novembro, desta volta os protagonistas foron:
NOA, LUCA, LUCAS, ADRIÁN, ADÁN,ANTÍA  E MATEO 

viernes, 25 de noviembre de 2016

COLISEO ROMANO

O noso amigo Gaspar anda de viaxe polas marabillas do mundo e este mes estivo no
 COLISEO ROMANO,  pero para poder acompañalo nestas viaxes temos que ter un pasaporte, entón estivelo a preparar.




Agora que temos o pasaporte en regra imos de viaxe con Gaspar, fixemos a visita virtual e despois coloreamos o coliseo.






Agora unha vez remata a visita deste mes, pasamos a selar o noso pasaporte.




Quedamos a espera da seguinte carta de Gaspar para seguir viaxando polo mundo.