viernes, 31 de enero de 2014

As nosas pombas de Paz

A finais da semana pasada, os nenos e nenas de 5º curso de primaria pasaron polas nosas aulas repartindo uns murais enormes. 
Cada un deles tiña debuxado un cadro da coleción de pombas de Pablo R. Picasso, o famoso pintor malagueño.
Explicáronnos que tiñamos unha tarefa que cumprir: visionar a imaxe, pensar o que nos transmitía e facer unha pequena reflexión sobre a Paz. A continuación, poderiamos traballar con ela como quixeramos: pintándoa, poñendo palabras alusivas á Paz, algunha frase,...
Coma nós somos moi cumpridores/as, puxémonos mans á obra para facer un bo traballo que, posteriormente, colgariamos no corcho xigante do noso porche.
Algunhas actividades que realizamos e que son moi interesantes para traballar nas vosas aulas son as seguintes:
- Diálogo: Que significado ten para ti a palabra "Paz"?
- Listaxes con palabras "bonitas" ou positivas relacionadas coa Paz.
- Xogamos a "A que saber o teu bico? facendo una roda con bicos viaxeiros que pasaban duns nenos/as a outros/as e nos que tiñamos que dicir a que sabía o bico do compañeiro/a.
-Xogamos coas apertas: nos damos apertas os que nos sentamos no mesmo grupo de mesas, soamente os nenos, agora as nenas, abrazamos á mestra,...

Aquí vos deixamos cun exemplo en imaxes das actividades:
Onte, 30 de xaneiro, celebramos a conmemoración do Día da Paz e, despois do patio, todo o alumnado de educación infantil fixo unha roda no chan do porche e puidemos realizar xogos de Paz como a roda dos bicos, que sabor teñen os bicos dos compañeiros/as, a lectura do conto "Las niñas del mundo",...
 

jueves, 30 de enero de 2014

Xuntos pola Paz

Como xa é tradición na nosa escola, para conmemorar o Día da Paz levamos a cabo a actividade "Dúas comunidades, unha realidade: Xuntos pola Paz". 
Cada ano, realizamos unha xuntaza pola Paz cunha escola como a nosa. Así, fai tempo realizabamos a actividade co CEIP. A Paz-Tintureira e, fai dous anos, comezabamos a realizar esta xuntaza co CEIP. Castelao, de Navia. Se queredes lembrar estas xuntanzas, poderedes facer click na seguinte ligazón:

O ano pasado, o alumnado do noso cole visitou a escola de Navia e, este ano, son os nenos e nenas do CEIP. Castelao os que visitarán a nosa escola, cando o tempo acompañe (tiñamos pensado realizar a actividade mañá, pero debido ás condicións meteorolóxicas, tivémolo que modificar) 
Para que os nenos e nenas dos dous colexios se coñezan, estamos a realizar variadas actividades nas aulas de educación infantil. Xa fai tempo, as mestras das dúas escolas nos puxemos en contacto para programar as diferentes actividades de coñecemento previo que levariamos a cabo os días anteriores á celebración.
Pensamos que sería moi boa idea realizar unha conexión por Skype entre as dúas escolas e con cada unha das aulas de infantil por separado, así como intercambiar uns murais de paz coas imaxes dos nenos e nenas para que se coñeceran previamente (cando realicemos estas actividades, atoparedes toda a información neste blog)
Aquí podedes ver ao noso alumnado elaborando os murais así coma o mural que foron elaborando os nenos e nenas de Navia.

(O alumnado do noso cole traballando)

 (O alumnado de Navia tamén traballou no seu mural)

Agardamos que o tempo mellore e poidamos levar a cabo esta xuntanza que resulta tan atractiva e amena para todos e todas.

Polo de agora, FELIZ DÍA DA PAZ!!!

miércoles, 29 de enero de 2014

Ideas para traballar o Día da Paz

O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz. Por iso, dende este blog queremos compartir con todos/as unha serie de actividades que xa estamos a realizar nas aulas de educación infantil, por se son do voso interese, as queredes imprimir, utilizar nas vosas casas ou aulas,...
A idea deste ano foi traballar esta poesía tan chula sobre os amigos e amigas de diferentes nacionalidades.
 O xoves 30 de xaneiro, o alumnado levará para as súas casas unha manualidade para conmemorar este día; un exemplo dela é esta pomba da Paz que terán que picar e colorear...
 ... ou esta man con cada dedo alusivo a unha raza diferente:

Se queredes lembrar actividades realizadas durante estes últimos cursos podedes premer na seguinte ligazón e acceder ao historial de arquivos relacionados coa celebración da Paz.

martes, 28 de enero de 2014

"La mariquita Juanita"_Os xirasois, de Van Gogh nas aulas de 4 e 5 anos

A semana pasada, nas aulas de 4 e 5 anos estivemos a traballar co conto número dous de "La mariquita Juanita".
Grazas a esta historia, puidemos traballar nas aulas un cadro moi coñecido de Van Gogh, "Os xirasois". Na escola, tiñamos unha reprodución desta obra de arte e puidemos comprobar cales eran as cores das que estaba composta, as diferentes tonalidades, o número de xirasois que podiamos atopar,... Sabiades que no xarrón atopamos 12 xirasois???
Cada un dos nenos/as convertíuse en Van Gogh durante a xornada e puido facer a súa interpretación do cadro, pintando os xirasois das cores que consideraba, seguindo un pouco o modelo.

Aquí podedes ver ao alumnado de 4 anos.
E aquí ao alumnado de 5 anos.
Por último, puidemos descobrir outras obras de arte nas que tamén atopabamos xirasois. Aquí as compartimos con vós para que coñezamos e aprendamos cousiñas sobre arte.

"Jarrón con doce girasoles". Van Gogh
"Niña con girasoles". Diego Rivera
"Girasoles sobre una silla". Paul Gauguin