martes, 30 de octubre de 2012

O protagonista da semana: MIGUEL



Esta semana, do 22 ao 26 de Outubro, o protagonista foi:
MIGUEL
Ao longo destes días fomos coñecendo máis cousas sobre o noso compañeiro Miguel: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . .  estivo encantado de poder amosarnos as súas cousas favoritas! 
 Podemos ver fotos de cando era bebé e o pequeniña que era a súa roupa.  A Miguel faille moita gracia  ensinárnola. Cánto medrou!
Tamén nos foi ensinando fotos de distintos momentos  da súa vida e da súa familia. Antes eran unha familia de tres, pero este ano naceu a súa irmanciña Blanca e agora xa son catro.
O venres día 26,  visitounos a súa familia na aula, viñeron  os seus papás, Ana e Jose.  Blanca non veu porque estaba un pouco maliña, pero recordamos que xa a coñecemos a finais de curso, con só unhas semanas de vida, aínda que xa debeu de medrar moito dende aquela...
 Quen si veu foi a súa mascota, a cadeliña Rona . Foi outra mañá de venres moi divertida, na que coñecemos un pouco máis ao noso compañeiro.
Comezamos cunha sesión de fotos nun power point que Ana, a mamá, nos tiña preparada e así puidemos ver  como era  o noso protagonista nas distintas etapas da súa vida, dende que naceu ate o de agora, e canto medrou! Ate poidemos vernos todos nunha foto do fin de curso pasado que fixemos co volcán!
Jose, o papá, contounos un conto de piratas, escrito por el mesmo, titulado “¡NAUFRÁGIO A LA VISTA!”, todos estabamos moi atentos porque coñecemos moi ben ese tema. Gustounos moito.
E chegou o momento de facer de periodistas. E preguntando, preguntando. . .  soubemos que Miguel choraba moito cando era bebé, que lle gusta moito comer, que tamén lle gusta moito a auga, para xogar e para nadar, que xa sabe bañarse soiño e ate secarse e vestirse ao saír do baño, e que desfruta  axudando a coidar o xardín,  aínda que é un pouco revoltoso é moi cariñoso. 
Tamén lle preguntamos polos traballos que facían os papás, e contáronnos que a mamá é ama de casa e o papá contable, aínda que creo que non quedou moi claro para que sirve iso. . . xa medraremos para entendelo.
Por fin, outro momento esperado: a presentación en sociedade da súa mascota, a cadeliña Rona. Todos os nenos e nenas quedaron encantados co boísima que era deixándose acariñar por tantas mans inquietas.
Miguel quixo ensinarlle aos pais o traballo que está a realizar na aula sobre si mesmo.
E xa para rematar,  repartiron uns agasallos moi chulos: unhas “paxariñas de papel” de moitas cores, feitas por Miguel e a aboa Marisa coa técnica do origami, e tamén unha doce sorpresa de chocolate. 
E coma sempre, antes de rematar esta doce visita entregámoslle  un diploma como recordo desta semana e  despedimos desta familia cun merecido aplauso.
GRACIÑAS!

Vídeos de Caillou e o medo

lunes, 29 de octubre de 2012

Cadro das follas do pintor francés Matisse

O alumnado de 4 anos está a piques de rematar o seu traballiño sobre o conto "Xaime e as landras". Para "clausurar" todo o aprendido sobre os carballos, nos centramos na arte, onde sempre atopamos cadros estupendos onde descobrir historias, desenvolver a creatividade, pensar, etc.
Nesta ocasión, este cadro de Matisse foi o protagonista:
 As follas representadas no cadro nos vos lembran ás follas do carballo?, gustaríalle a Matisse esta árbore?, ...
Aquí vos deixamos dúas actividades para que os nenos e nenas poidan representar o cadro. Na primeira, poderán pintar as follas das súas cores preferidas e, na segunda, reproducir o orixinal empregando as mesmas cores que no cadro de Matisse.
 

viernes, 26 de octubre de 2012

Clasificación dos libros de infantil na BiblioRía

Este curso, contamos cunha novidade nos estantes de libros adicados a educación infantil.
Como ben sabedes, estes nenos/as non poden clasificar os libros por orden alfabético e, para poder ser autónomos na BiblioRía, precisan dunha clasificación ou orde de libros adaptada á súa idade.
Aquí podedes ver o recuncho adicado aos libros de infantil. Unha zona moi tranquila que conta cunhas mesas e cadeiras adaptadas a súa idade. Hai milleiros de libros e, este ano, cunha clasificación sinxela para todos e todas.
 

A clasificación é a seguinte:

- LIBROS CON ESTRELA (presentan no lombo unha estrela e son libros "especiais" que non se poden levar para casa")
 

 - LIBROS PARA LER NÓS (presentan unha pegatina dunha nena lendo un libro. Son contos de imaxes, contos con pouco texto e letra maiúscula, contos para primeiros lectores con poca cantidade de letra cursiva, ...)

- LIBROS PARA QUE ME LEAN: Son contos con moito máis texto e moito máis densos. Levan unha pegatina dunha mestra ou adulto lendo un libro aos nenos e nenas.

jueves, 25 de octubre de 2012

Día das Bibliotecas Escolares e Reapertura da BiblioRía

Onte, 24 de outubro de 2012, se celebrou o Día das Bibliotecas Escolares e, como xa é tradición, a reapertura da BiblioRía.
Os alumnos/as de infantil puidemos baixar á BiblioRía e ver as novas de Gaspar a última hora da mañá. Xa nos corredores da escola, podiamos ver unhas "pistas" sobre o tema deste ano así como descobrir o "lema" escollido: "LENDO O MUNDO CON TINTÍN".
Pouco a pouco, entramos na BiblioRía e puidemos ver a mostra de libros de Tintín que Gaspar nos tiña preparada. A partires deles, poderemos acceder a un milleiro de historias interesantes que nos situarán en diferentes puntos do mundo. 
 
Gaspar foi o encargado de facer as presentacións e lle pedir aos seus amigos, Tintín e Milú, que nos contasen historias emocionantes. Así, despois de repasar un pouco as normas presentes na BiblioRía, puidemos desfrutar dun anaco dunha das películas de Tintín.
 Antes de marchar, nos agardaba unha sorpresiña de Gaspar. Entregounos unha gominola con forma de golfiño e un marcapáxinas relativo ao proxecto deste ano e que poderemos colorear nas nosas aulas. As mestra recibiron unha chapa de Tintín e Milú e unha libretiña para facer anotacións.
Coma sempre, todo un éxito!!! Xa temos ganas de comezar a visitar a BiblioRía e descobrir información e historias sobre as dúas personaxes protagonistas este ano: TINTÍN E MILÚ.
ATA A PRÓXIMA