lunes, 30 de mayo de 2011

Calendario escolar 2011/2012

Xa está publicado na páxina da Consellería de Educación o Calendario Escolar para o vindeiro curso 2011/2012
Curso Escolar:

     INICIO: 12 SETEMBRO 2011
     FIN: 22 XUÑO 2012

DÍA DO ENSINO: 31 OUTUBRO 2011

NADAL: dende o 22 DECEMBRO 2011 ata o 8 XANEIRO 2012 (ambos os dous inclusive)

ENTROIDO: 20, 21, 22 FEBREIRO 2012

SEMANA SANTA: dende o 2 ABRIL2012 ata o 9 ABRIL 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: 17 de maio de 2012

DÍA NON LECTIVO DO CENTRO: 18 de maio de 2012

Aquí vos deixamos a convocatoria:

viernes, 27 de mayo de 2011

O protagonista da semana: PABLO S.

Esta semana, o protagonista da aula de 5 anos foi Pablo S. e, coma sempre, o primeiro que fixemos foi ensinarlle a súa familia e aos seus compañeiros e compañeiras os traballos realizados durante toda a semana e así coñecer máis datos sobre a súa vida.
Posteriormente, a súa nai Cristina nos ensinou, na gran pantalla da aula, unha imaxes e vídeos nas que se recollían diferentes momentos na vida do protagonista (as súas viaxes, a súa familia, as súas orixes en Etiopía,...)
Unha das actividades que máis gustou ao alumnado, e tamén ao protagonista, foi tocar o "yembé". A verdade é que "a cousa" se lle da xenial.
non podía faltar, como xa é habitual, a tradicional "rolda de prensa". Os nenos e nenas da aula resolveron as súas dúbidas e preguntaron todo o que quixeron a Pablo e a súa nai.
Descubrimos tamén que a nai de Pablo é mestra de francés e nos ensinou unha canción moi chula onde os nenos saudaban dunha maneira diferente ás nenas en diferentes momentos da canción.
Pasámolo moi ben!!!
Tamén puidemos ver diferentes vídeos con cancións e historias en francés e Cristina nos ensinou como se dicían os nomes de diferentes animais nes idioma.
E, xa para rematar, a entrega do diploma que acredita a participación da súa familia no proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!

miércoles, 25 de mayo de 2011

Como transportar a auga

Chega un novo día no recuncho de experimentos sobre a auga na aula de 4 anos!!!
Hoxe, as mestras Emma e Paula, nos plantexan o problema seguinte: como podemos mover ou transvasar a auga dun lugar a outro?, podemos utilizar as mans?
Coma sempre, cada un puxo o seu gomet no entrada correspondente do cadro... a continuación, chegaba o momento de experimentar.
O primeiro que descubrimos foi que a auga é bastante complicada transvasala coas mans xa que non a podemos coller, escurría polas mans!!!
Tamén probamos facendo o transvase coa boca pero... era un lío!!!
Probamos pois diferentes aparellos: vasos, cubos, regaderas, ... pero a mestra Paula tiña preparada unha sorpresa nunha bolsiña; cada un de nós foi palpando a bolsa para adiviñar que se atopaba dentro (a maioría dicían: "é unha almofada!!!").
Queredes saber de que se trataba??? Pois dunhas esponxas de ducha coas que conseguimos baleirar todo o cubo e levar a totalidade da auga cara o outro!!!
Pasámolo pipa!!!
A mestra Emma aínda tiña unha sorpresa: unha tubería!!!... a través dela, transvasamos a auga moi rápido dun lugar ao outro e descubrimos como o noso cole, as casas, os edificios teñen, no seu interior, unha morea de tuberías que serven para que a auga circule por elas e a leva a diferentes localizacións... por iso é tan importante que revisar as tuberías e se miramos algunha que está avariada, avisemos ao fontaneiro.
Tanto esta norma como outras, forman parte dun mural elaborado por todos os nenos e nenas. "POR UN CONSUMO RESPONSABLE DEL AGUA" é o lema co que contamos e no mural recollemos diferentes normas ou hábitos para aforrar auga.

martes, 24 de mayo de 2011

Vicentiño e as árbores da paz

Esta mañá, recibimos a visita do contacontos Servando que nos trouxo "Vicentiño e as árbores da paz".
Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que moran nos bosques, nos ríos e nos mares. Coñecimos a historia dun paxaro que descobre que nas pólas das árbores aniña a palabra PAZ,  a dun carballo que naceu na bota dun soldado, a dun trasno que vai deitando lixo pola mata...
Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos unha presentación de imaxes... agardamos que vos guste...


Aquí vos deixamos o enlace a súa páxina web onde poderedes coñecer máis cousiñas sobre este contacontos, así como a páxina de "contos Solidarios" na que participa.

http://www.touporroutou.webs.com/

http://www.contosolidarios.org/

http://www.contosolidarios.org/cantos.htm

viernes, 20 de mayo de 2011

Actividades Día das Letras Galegas

Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas, decidimos lembrar a outros autores homenaxeados nesta data.
O alumnado de 3 anos, escolleu a Rosalía de Castro e elaborou este cartel tan chulo. Cada un dos nen@s da aula pintou a unha Rosalía e escribiu una anaco dunha poesía. A continuación, o xuntamos todo nunha cartolina e aquí tedes o resultado... chulísimo!!!

3 ANOS-ROSALÍA DE CASTRO
Por outra banda, o alumnado de 4 e 5 anos escolleron a Uxío Novoneyra e Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente. Cada unha das aula, elaborou un pequeno libro onde se recollín os datos máis importantes da vida e obra do autor.
Aquí vos deixamos a presentación en imaxes de cada un deles.

4 ANOS-UXÍO NOVONEYRA

5 ANOS-XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ


Cada un dos nenos e nenas da aula levou o seu libro para casa.
Se queredes ver a totalidade das imaxes, o poderedes facer accedendo a nosa Galería Picassa; aquí vos deixamos os enlaces.
(preme no que queiras visitar)



O resto de aulas do cole, elixiron a outros autores; entre eles, non podía faltar o homenaxeado deste ano, Lois Pereiro. Cada curso, elaborou un cartel para colocar no porque do cole que quedou así de chulo.
Se queredes saber máis cousiñas sobre os nosos traballos das Letras Galegas, poderedes premer no enlace de abaixo e ir áo blogue da BiblioRía.