Un mes mais que estivemos a disfrutar dos cumpleanos dos nosos compañeiros e compañeiras. Desta volta celebrarono: Lucas G., Lara, Lucas R., Noa S., Adrián, Luca,Adán e Antía.
Deixamos aquí unha pequena mostra do que vimos facendo estes días. Comezamos a xogar cos nosos nomes, coas súas letras... Ordeamos os nomes pola letra de inicio, decoramos ao noso gusto a primeira letra do noso nome cos rotus.
Tamén na nosa libreta de arte estivemos facendo un debuxo de nós mesmos. Algún... pois moi abstracto ;P. Arte é arte !!
Acompañados dos alumnos e alumnas de sexto os nenas de cinco anos que trouxemos o envase con terra fomos plantas landras, para nun futuro ter unha árbore que plantar no noso monte de San Miguel.
Hoxe estreamos a nosa libreta de arte. A libreta do artista e da artista. E claro, o mellor xeito de estreala e debuxando cada artista o que quere. E así foi !! Quen sabe se dentro duns anos estas pinturas costarán moitos euros, porque valer xa valen moitísimo !!!!!!
Aquí queda a explicación de cada artista sobre a súa obra: