Do 5 ao 9 de Marzo celebramos a semana da prensa no cole, e estivemos analizando as diferentes noticias que cada neno/a trouxo o cole. Logo pegamos algunhas destas noticias no mural do porche que preparou o equipo de Biblioteca. Aquí deixamos unha pequena mostra da nosa colaboración neste traballo de equipo.
Mostrando entradas con la etiqueta Semana da Prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana da Prensa. Mostrar todas las entradas
viernes, 9 de marzo de 2018
martes, 17 de marzo de 2015
Semana da Prensa 2015
Para levar a cabo esta celebración, cada neno trouxo unha noticia sobre o tema que estamos a traballar neste curso. Houbo novas de escultura, arquitectura, restos arqueolóxicos... e de todas as etapas históricas. Despois de ser traballadas na aula, os nenos foron baixando ao porche e pegando algunhas no mural colaborativo da prensa, situado na entrada á escola.
Quedou precioso e os alumnos/as aprenderon moitas cousas, que era do que se trataba.
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)
jueves, 19 de febrero de 2015
Semana da Prensa 2015_Aviso ás familias
Queridas familias,
Con motivo da Semana da Prensa 2015 (dende 0 9 ao 13 de marzo) solicitamos a vosa colaboración.
Como este ano estamos a traballar coa "Arte que nos rodea", necesitamos que axudedes aos vosos fillos e fillas a buscar nun xornal algunha noticia relacionada co urbanismo de Vigo: restos arqueolóxicos, arquitectura, esculturas, arquitectura popular (hórreos, petos de ánimas, cruceiros,...) Cando as atopedes, as podedes recortar e traer á escola.
Coas achegas de todos e todas faremos un gran mural e de seguro que atoparemos historias moi interesantes para ler.
Agardamos polas vosas noticias antes do 3 de marzo.
Graciñas.
O Equipo de BiblioRía
lunes, 17 de marzo de 2014
Semana da Prensa 2014
Como ben comentabamos esta mañá, hoxe pola tarde poderiades desfrutar doutra entrada neste blog.
Aquí a tedes e, como xa adiantamos, se trata dun resumo en imaxes do que foi a celebración da Semana da Prensa, celebrada na nosa escola dende o 10 ata o día 14 de marzo.
Como xa ben sabedes, todos os días, coñecemos o que acontece no mundo grazas ás noticias.
Pódemoslas ver na televisión ou no ordenador, escoitar na radio e tamén ler nos periódicos; deste xeito, pedimos que os nenos/as trouxeran da casa noticias que tiveran que ver co mundo do arte.
A semana pasadas fomos engadíndoas no porche, para facer entre todos un gran mural.
Aquí tedes algunhas fotos.
Imaxe e texto: www.biblioria.blogspot.com
lunes, 10 de marzo de 2014
Recursos para traballar a Semana da Prensa
Como cada ano, durante toda unha semana de marzo (nesta ocasión, dende o 10 ata o 15) celebramos na escola a SEMANA DA PRENSA.
Esta conmemoración é festexada na maioría de centros escolares polo que, dende este blog, queremos facilitar a busca de recursos; así, compartimos con todos e todas estes recursos por se os resultan do voso interese.
Para comezar, aquí vos amosamos un vídeo onde poderemos descobrir cales son os medios de comunicación. En moitas ocasións, o alumnado pensa que soamente son os xornais, pero tamén temos a radio, a televisión, as revistas,...
Para comezar, aquí vos amosamos un vídeo onde poderemos descobrir cales son os medios de comunicación. En moitas ocasións, o alumnado pensa que soamente son os xornais, pero tamén temos a radio, a televisión, as revistas,...
Doutra banda, aquí vos deixamos imaxes variadas que vos poden axudar a deseñar diferentes actividades para as vosas aulas.
Por outro lado, aquí compartimos con todos e todas estas imaxes dalgunhas seccións dun xornal.
Por último, aquí van algunhas ligazóns de interese:
lunes, 18 de marzo de 2013
Semana da prensa 2013 (III)
A semana pasaba, neste blog, xa contabamos que estabamos a celebrar a Semana da Prensa.
Hoxe, aquí vos deixamos cunha seleción de imaxes que recolle a intensa actividade realizada no porche da escola por todas as aulas do colexio.
Poderedes acceder a máis información sobre a Semana da Prensa no blog da Biblioria, de tamén poderedes lembrar Semanas da Prensa pasadas. Aquí vai a ligazón:
viernes, 15 de marzo de 2013
Semana da prensa 2013 (II)
Onte, comentabamos neste blog a celebración da Semana da Prensa 2013 durante toda esta semana.
Hoxe, chega a quenda dos nenos e nenas de 4 anos que fixeron o seu traballo, colocando as diferentes noticias no corcho do porche, xunto o mapa de África. Aquí vos deixamos unhas imaxes:
jueves, 14 de marzo de 2013
Semana da prensa 2013 (I)
Durante toda esta semana, do 11 ao 15 de marzo, estamos a celebrar na escola a
Semana da Prensa.
Este ano, as diferentes noticias versan sobre os países relacionados co conto de Tintín que se traballa en cada aula.
Semana da Prensa.
Este ano, as diferentes noticias versan sobre os países relacionados co conto de Tintín que se traballa en cada aula.
Como ben sabedes, o alumnado de educación infantil está a traballar o conto "Tintín en el Congo" e as familias colaboraron aportando ás aulas noticias relacionadas con este país ou co continente africano.
Unha seleción destas noticias forma parte do gran mural que estamos a elaborar no porche da escola, onde quedan reflectidas as siluetas de cada un dos países nomeados nos contos de Tintín.
Aquí vos deixamos con estas imaxes do alumnado de 4º de educación infantil-3 anos colocando unha seleción das súas noticias no mural do porche.
Aquí vos deixamos con estas imaxes do alumnado de 4º de educación infantil-3 anos colocando unha seleción das súas noticias no mural do porche.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













































