Mostrando entradas con la etiqueta Rutinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rutinas. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de enero de 2012

Creando caras

Hoxe, vos propoñemos unha divertida actividade para traballar no EDI cos nenos e nenas de 3 anos... bueno, ou cos maiores que seguro lles gusta.
Todas as mañás, o encargado/a decide que neno/a da aula quere que faga o seu debuxo; así, todos os días traballamos o esquema corporal e, para que vexades os resultado aquí vai un debuxo... están moi ben verdade?
 Por outro lado, decidimos debuxar entre todos nun papel a o encargado/a para despois que o pinte.
 Para seguir disfrutando, aquí vos deixamos esta divertida actividade coa que poderedes crear caras tan divertidas coma as das imaxes que aparecen debaixo.
Para descargar a actividade, podes premer na imaxe inferior ou na ligazón seguinte: 

 

viernes, 24 de septiembre de 2010

SAM, o noso home do tempo

Dende xa fai tempo, os nenos, nenas e mestras de Educación Infantil traballamos o tempo cunha aplicación moi curiosa. O noso "amigo" Sam ensínanos o clima que fará na nosa cidade o mesmo día e ao día seguinte, amósanos as temperaturas máxima e mínima,... e todo iso dunha maneira moi divertida. Aquí vos deixamos o enlace (preme na imaxe de abaixo e accede á aplicación).

http://www.activamultimedia.com/sam/
Por outra banda, tamén comparamos o clima que nos amosa San co que di a páxina de Meteogalicia coa que aprendemos tamén cales son as provincias de Galicia, onde está o noso cole,...
http://www.meteogalicia.es/web/index.action