Mostrando entradas con la etiqueta Día do árbore. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do árbore. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de marzo de 2011

Facemos árbores

Como xa vos anunciabamos na entrada do día 14 de marzo titulada "Comezamos a preparar o Día da Árbore" (preme no título para volver a ela), os nenos e nenas de educación infantil elaboramos unhas árbores moi chulas.
O primeiro que fixemos foi pintar o tronco das árbores de cor marrón (cada un na súa aula, utilizou a técnica que quixo) e, a continuación, picamos a silueta.
Cando xa está picado, decoramos a árbore ao noso gusto: con gomets amarelos de limóns, vermellos de mazás, verdes de peras,...
Posteriormente, recortamos pola liña de puntos e encaixamos a árbore. Para que queda máis estable, poñemos na base unha boliña de plastilina onde encaixa a árbore.
Para darlle máis volume ao tronco, utilizamos as virutas que quedan de afilar os lápis de cores e as pegamos cu poquiño de cola branca.
Gustouvos???

lunes, 21 de marzo de 2011

Celebramos o Día da Árbore e o Día da Poesía

Hoxe, 21 de marzo de 2011, unha chea de celebracións inundaron a nosa BiblioRía: a chegada da primavera, o Día da Árbore e o Día da Poesía.
Os corredores do colexio quedaron decorados cunha morea de árbores elaborados por cada un dos nenos e nenas da escola.
Landro e Gaspar quixeron celebrar con nós este día e estaban xuntos e presentes na BiblioRía.
Aquí vos deixamos co acto de celebración na BiblioRía e co programa do mesmo.
I RECITAL DE POESÍA NA BiblioRía
(21 – MARZO – 2011)
(a música ambiental que nos acompañou nesta celebración foi a seguinte: “A primavera” de Vivaldi)
Hola! Bo día, e benvidos ao 1º Recital de Poesía na BiblioRía.
Hoxe, 21 de marzo, estreamos primavera, e como di o refrán: “A primavera o sangue altera”, por iso nós estamos algo alterados e alteradas. E non é para menos!!!... con tantos acontecementos...
 pois como xa vos anunciaron Gaspar e Landro, hoxe tamén celebramos o
Día da Poesía
e o
Día da Árbore
(preme en cada un dos títulos da celebración para "saber máis")
Dúas cousas moi importantes na nosa vida: A árbore lle da osíxeno aos nosos pulmóns e a poesía lle da osíxeno aos nosos sentimentos . . . e xa que estamos a celebrar o
Ano Internacional dos Bosques,
 os nosos poemas foron seleccionados sobre ese tema, o que nos da tamén unha idea de cómo  a Natureza e as árbores inspiran aos poetas.
Do baúl dos nosos “Tesouros dos Bosques” sacamos poemas de Rosalía, de Pondal, de A. Machado, Antonio García Teijeiro . . .  que nos falan de pinos, carballos, sauces, bosques, arboredas, etc
E agora prestade atención imos a ver unhas imaxes de un power point de bosques que de seguro ides coñecer, acompañados pola música de Alberto Cortez, titulado:
“OS TESOUROS DO BOSQUE”
E chegou o gran momento!!!... cada curso recitou o seu poema.
1º PARTE
En Primeiro lugar os máis pequenos do cole: os nenos e nenas de 3 anos recitaron un poema de  A.GARCÍA TEIJEIRO, titulado  “AS FOLLAS DUNHA ARBORIÑA”
En 2º lugar os nenos e nenas de 4 anos presentaron unha canción popular titulada: DENTRO DE LA TIERRA NEGRA” -  pOPULAR
En 3º lugar, o turno dos nenos e nenas de 5 anos, cun poema titulado: “PLANTEMOS EL ÁRBOL” de E.E. RIVAROLA
 
En 4º lugar, os nenos e nenas de 1º de Primaria  recitáronnos:  “MEU AVÓ MERCOU UNHA BARCA” de  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
 
En 5º lugar os alumnos e alumnas de 2º A recitaron un poema de , EDUARDO PONDAL titulado  “OS PINOS”
E para rematar esta primeira parte do noso Recital de Poesía, os nenos e nenas de 2ºB recitaron “UNA SEMILLA PEQUEÑA”  de TERESA  DE LARDIZÁBAL
2º parte
En 6º lugar os nenos e nenas de 3º DE  PRIMARIA recitaron un poema de  A. MACHADO, titulado  “A UN OLMO SECO”
En 7º  lugar os nenos e nenas de 4º DE PRIMARIA presentaron un poema  titulado: “POEMA DEL ÁRBOL”  de A. MACHADO.
En 8º lugar, o turno dos nenos e nenas de 5º, cun poema titulado: “MI ÁRBOL Y YO” de ALBERTO CORTEZ
E xa para rematar, como broche final os nenos e nenas de  6º de Primaria recitaron un poema titulado: “TRES ÁRBOLES” de GABRIELA MISTRAL
 
Un gran aplauso para todos e todas!!!
 Soamente podemos dar as grazas de parte de todo o EQUIPO DE BIBLIOTECA, XUNTO CON GASPAR E LANDRO por participar deste xeito tan fermoso neste 1º RECITAL DE POESÍA, desexando que nos esperen moitas máis primaveras para a poesía neste cole.
A coordinadora
Mª Ángeles Maquieira Camiña 
Xa para rematar, a mestra Marilú entregou a todos os participantes unhas saborosas gominolas de parte de Landro e Gaspar...
ATA A PRÓXIMA!!!

miércoles, 16 de marzo de 2011

Recursos e poesías para o Día da Árbore e da Poesía

O vindeiro Luns, 21 de marzo, celebraremos no colexio o Día da Árbore e o Día da Poesía; para ese día, temos preparadas varias actividades que, pouco a pouco, vos comentaremos dende este espazo web.
Se na entrada anterior comentabamos a manualidade que imos a realizar cos nenos e nenas (realización dunha árbore), hoxe vos amosamos estas árbores tan chulas que decorarán os nosos corredores e que o alumnado está a pintar nas aulas.
Por outro lado, cada unha das clases da escola está a traballar unha poesía. Aquí vos deixamos as das aulas de Educación Infantil.

3 ANOS
As follas dunha arboriña
bercidad por ventos mouros
querían que lles tecesen
vestidos feitos en ouro.
Pero os ventos enfadados
pola presunción das follas
sopraron con tanto arrouto
que caeron case todas
Antonio García Teijeiro

4 ANOS
Dentro de la tierra negra
la semilla está dormida
con el agua y con el sol
brotará su cabecita
Poco a poco irá creciendo
y su tronco se hace fuerte.
Ya de ramas se llenó
y sus hojas son muy verdes.

5 ANOS
Abramos la tierra, plantemos un árbol,
será nuestro amigo y aquí crecerá,
y un día vendremos buscando su abrigo
y flores y frutas y sombra dará.

El cielo benigno dé riego a su planta,
el sol de septiembre le dé su calor.
la tierra su jugo dará a sus raíces
y tengan sus hojas verdura y frescor.

Plantemos el árbol, el árbol amigo;
sus ramas frondosas aquí extenderá,
y un día vendremos buscando sus flores
y sombras y frutas y flores dará.
Enrique E. Rivarola
No libro "La palabra y su mundo", Editorial Plus Ultra.

lunes, 14 de marzo de 2011

Comezamos a preparar o Día da árbore

O vindeiro luns, 21 de marzo, celebraremos no colexio o Día da Árbore e o Día da Poesía. Dende as aulas de Educación Infantil, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias unha actividade moi sinxela consistente en montar unha árbore sobre cartolina; aquí vos deixamos as plantillas (as poderedes decorar como queirades, utilizando diversas técnicas, materiais,...)
Dende este espazo web, estaredes ao día de como o imos facendo nós.