Mostrando entradas con la etiqueta xogos didácticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos didácticos. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de abril de 2018

CONSTRUIMOS PALABRAS

Estes días andamos a xogar a construir palabras con diferentes xogos dos que temos na aula, aproveitamos as letras soltas para construir aquelas palabras que nos gustan, por outra banda cun xogo que donou Victor para todos nós xogamos a construir palabras descompostas en sílabas.
Pasámolo moi ben.





 

lunes, 9 de abril de 2018

MÁQUINA DE SUMAR

Adán trouxo unha sorpresa! 
Coa axuda do seu avó fixo unha máquina de sumar que quixo compartir con nos. El mesmo nos explicou como a elaboraro e como funciona. Está pasando uns días na nosa aula para poder xogar con ela. Moitas grazas!



















lunes, 26 de febrero de 2018

ANIMAIS E DEMAIS

A partires dos xoguetes que temos na aula estamos traballando a conciencia fonolóxica. Concretamente cos animais, fixemos un xogo que consistía en elixir un animal que nos gustase e buscar o seu nome. Con esta tarefa traballamos a atención, a audición de fonemas e fomentamos o recoñecemento de letras.





























lunes, 22 de enero de 2018

BATALLA NAVAL

Outro dos agasallos que nos trouxeron os Reis Magos foi un xogo de mesa de batalla naval, para xogar en parellas ou equipos, esta semana aprendemos a xogar. Aquí podedes ver como formaron os equipos e disputaron as súas "batallas" piratas vs vikingos. Cada equipo tiña que descubrir onde estaban os barcos dos seus rivais e afundilos. A abordaxe!