Mostrando entradas con la etiqueta Contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contos. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO!

Como cada 23 de abril, celebramos no colexio o día mundial do libro, este ano preparamos con especial agarimo uns bicos de papel nos que se reflexaba o conto preferido de cada un dos nenos/as de todo o colexio, aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades que fermoso nos quedou. 
Ademáis ampliamos o día do libro toda a semana e fixemos diferentes actividades en compañía dos nosos padriños e madriñas lectores.


viernes, 3 de febrero de 2017

CONTOS DE AULA

Seguindo co noso proxecto de aula onde cada nen@ pode compartir cos seus amigos un conto que trae da casa, hoxe foi o turno de Alba Costas que nos contou un conto de Pepa Pig.





 

miércoles, 10 de junio de 2015

Conto "Un día en la Edad de la Piedra"

Na aula de 3 anos, preparamos este conto titulado "Un día en la Edad de la Piedra", no que o protagonista principal da historia é Gugú, un neno que viviu naquela época e que cargaba cun pesado e gordo caderno de pedra.
A canción atopámola na rede e, despois de traballala na aula, fixemos as imaxes e os textos das páxinas entre todos e todas, contando coa exuda das mestras.
Aquí vos deixamos con Gugú, co seu gordo caderno de pedra e co vídeo da historia, que agardamos vos guste.

martes, 9 de junio de 2015

"La cocina de dibujos": Brochetas de formas

Na aula de 3 anos, continuamos a "cociñar" dun xeito moi divertido, grazas ao conto "La cocina de dibujos", de Hervé Tullet,
 Despois de facer as seguintes receitas (que podedes lembrar premendo na seguinte ligazón)...




...hoxe, compartimos con todos e todas estas BROCHETA DE FORMAS.

viernes, 29 de mayo de 2015

jueves, 28 de mayo de 2015

Teatro prehistórico

"La cueva de Altamira", esta foi a obra de teatro que tres nenos de 6º e un neno de 5º representaron para o alumnado de educación infantil. A obra tivo lugar na BiblioRía da escola e Gaspar foi a que a presentou.
A representación tiña dúas partes: na primeira, fixeron unha representación do conto e, na segunda parte, explicaron, sobre un power point, onde está a Cova de Altamira, como vivían naquela época e as pinturas que facían. 
Por último, un neno recitou unha fermosa poesía sobre o conto, creada por él mesmo.
Os nenos e nenas de infantil pasárono moi ben!!! e os nenos/a maiores o fixeron estupendamente.Dende aquí, lles damos as grazas e un bico enorme tamén á mestra Geli que lles axudou en todo o proceso de creación.
 Non vos perdades as fotos! Preme na imaxe e accede ao blog da BiblioRía para poder ver as imaxes.
http://biblioria.blogspot.com.es/2015/05/teatro-prehistorico-para-os-nenos-e.html
 Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

jueves, 14 de mayo de 2015

"La cocina de dibujos": Tarta de triángulos

Na aula de 3 anos continuamos a facer saborosas receitas en papel, todas elas inspiradas a partires deste conto de Hervé Tullet.
 En receitas anteriores, xa puidemos degustar unhas saborosas "Delicias de garabatos", así como unha "Ensalada rápida de círculos". Hoxe, a nova receita que vos amosamos é unha  "Tarta de triángulos", que quedou moi, moi saborosa!!! Mmmmm!!!
Aquí vos deixamos coa receita, para que a poidades elaborar nas casas e nas aulas, así como coas imaxes do ben que cociñan os nenos e nenas de 3 anos. Agardamos que vos gusten.

lunes, 9 de marzo de 2015

"La cocina de dibujos": Delicias de garabatos

Na aula de 3 anos, continuamos traballando co libro "La cocina de dibujos" (do que xa vos falamos neste post.).
 Nesta ocasión, a receita foi...

DELICIAS DE GARABATOS


DIBUJA EN EL PLATO LOS SIGUIENTES INGREDIENTES:

PARA EMPEZAR, DIBUJA UN BONITO GARABATO EN EL CENTRO DEL PLATO, CON EL COLOR DE ROTULADOR QUE MÁS TE GUSTE.

LUEGO DIBUJA OTRO GARABATO ENCIMA, CAMBIANDO DE COLOR DE ROTULADOR.

AÑADE UN ÚLTIMO GARABATO, CON OTRO COLOR DIFERENTE DE ROTULADOR.

AHORA, CON CERAS FINAS, VETE GARABATEANDO POR TODO EL PLATO, UTILIZANDO COLORES DIFERENTES QUE TE GUSTEN.

PARA TERMINAR, ESPARCE CON EL DEDO UNA LLUVIA DE PUNTITOS DE COLORINES POR ENCIMA, UTILIZANDO TÉMPERA LÍQUIDA.
      
¡DELICIOSOS!
 

 Aquí podedes ver o resultado:

lunes, 26 de enero de 2015

Conto "El canto del viento", na aula de 3 anos

Na aula de tres anos, estamos encantados/as co conto "El canto del viento", que nos motivou para afondar no noso proxecto da Prehistoria. 
Así, esta semana realizamos unha actividade relacionada coa historia; consistía en debuxar no noso caderno á personaxe que máis nos gustara do conto. Descubrimos que somos uns artistas e fixemos uns debuxos chulísimos.
Aquí vos deixamos as imaxes dos tres irmáns: Luna, Sol e Luz, que agardamos vos gusten.