A semana pasada Noa Sanroman chegou moi contenta ao cole, traíanos unha sorpresa!! Contounos que estivo uns días en Madrid coa súa mamá e visitaron o parque de bombeiros! Alí aprendeu un montón de cousas e trouxonos un agasallo para a aula!
O conto gustounos moito. Agora podemos desfrutar del cando queiramos na nosa biblioteca de aula.
Aprendemos que se estamos en apuros ou temos algunha emerxencia, debemos chamar ao 112!
GRAZAS!
