miércoles, 30 de septiembre de 2015

O REY U

Os nenos de cinco anos coñecimos esta semana unha nova persoaxe do país das letra.

O REY U

A continuación deixámosvos os videos do conto e da canción, esperamo que vos guste tanto como a nos.




martes, 29 de septiembre de 2015

BUSCANDO LANDRAS




Os nenos e nenas de 5º de educación infantil (4 anos) estamos a ler estes días o conto titulado "Xaime e as landras"



 



Este luns, despois do proxecto lector,acompañados do profe Dani e a profe Tere estivemos buscando un carballo polo colexio. Antes a profe Tere deunos algunhas pesquisas, e buscando, buscando atopamos  un carballo na  entrada á escola e alí puidemos ver as súas follas, o seu tamaño,  e recoller algunhas landras.
Agora, imos levar estas landras para a clase, e nas vindeiras semanas iremos facendo  novas actividades que iremos amosando  dende este blog. Esperamos que disfrutedes tanto coma nos con esta actividade.