viernes, 30 de mayo de 2014

Convertímonos en Van Gogh

Na entrada publicada onte xa vos contabamos que estiveramos coñecendo un pouco máis a fondo a figura do artista Vincent Van Gogh.
Unha vez realizada a pequena investigación sobre a súa vida, descubrimos diferentes obras ou as obras máis significativas que marcaron a súa traxectoria como pintor.
O alumnado, seguindo o seu propio criterio, escolleu ou decidiu cal era a obra de arte que máis lle gustara e, libremente, a reproduciu nunha gran folla de papel.
Hoxe, aquí vos amosamos o fantástico resultado. son todos uns artistas!!!
"La noche estrellada"
 


"Autorretrato con la oreja vendada"


"La casa amarilla"


 
 
"Campo de cipreses"
 
"La habitación de Arlès"
 
"Los girasoles"
 



"Café terraza de la Place du Forum, en Arlès"



 



jueves, 29 de mayo de 2014

Descubrimos "Vincent Van Gogh y los colores del viento"

Na aula de 5 anos, estivemos a ler o conto titulado "Vincent Van Gogh y los colores del viento", da editorial Laberinto.

Autoras: Chiara Lossani, Octavia Monaco
Número de páginas: 40
ISBN: 978-84-8483-488-5
Argumento: «Quen é ese loco vestido coma un espantallo, que vai polos campos cun atillo de teas baixo o brazo, e unha bolsa chea de lapis e pinceis?», se preguntaba a xente. Aquel pintor era Vincent Van Gogh. Vincent tiña unha única e verdadeira mestra: a Natureza, que lle instruía sobre as luces, as sombras, as formas e as cores. Tiña un único admirador: o seu irmán Theo. Hoxe, ese loco é un dos pintores máis famosos do mundo.
 Se lembrades, este conto recibímolo na maleta sorpresa que chegou a principios de curso a nosa aula e que nos invitaba a investigar sobre diferentes cadros de pintura, así coma sobre a vida e a obra dun pintor relevante.
Pois ben, ese pintor importante que estamos a investigar dende fai tempo é Van Gogh e grazas a este conto, podemos coñecer un pouco máis a súa vida, os seus traballos, ao seu irmán Theo, os seus pensamentos,... Para completar a información ralatada na historia, contamos na aula con diferentes libros de información aportados polas familias e que nos axudan a coñecer máis a fondo a figura deste xenial pintor.
Na aula, tamén nos convertemos en Van Gogh durante un tempo e pintamos cos pinceis e as pinturas, con moita paciencia, uns xirasoles como os do xenial pintor.
Doutra banda, despois de investigar e descubrir diferentes obras do artista, decidimos facer a nosa libre interpretación dos mesmos. Así, debuxamos nunha folla o cadro que máis nos gustaba do pintor e o pegamos nun marco decorado por nós. 
Mañá, vos amosaremos a resultado das obras de arte realizadas por todos os nenos e nenas da aula, así que... moi atentos e atentas!!!

miércoles, 28 de mayo de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_"Tania la araña"

A semana pasada, na aula de catro anos estivemos afondando na historia da nosa amiga "Tania la araña". Despois de repasar o conto, comentamos a actitude que tivo Tania ao cambiar de casa, cando xa estaba cansa de vivir nese lugar.
Posteriormente, conducimos un diálogo cos nenos e nenas sobre o feito de cambiar de casa e cales eran os animais que o podían facer. Falamos de animais que levan a súa casa ás costas, de animais que fabrican a súa propia casa e de animais, coma os peixes, que teñen que vivir unicamente nun tipo de medio como é o acuático, porque doutro xeito morrerían.
Unha vez rematado o diálogo, fixemos unha actividade escrita onde nomeamos e escribimos o nome das diferentes casas dos animais que figuraban na lámina.
Aquí deixamos unha pequena mostra deste traballo. Agardamos que vos guste.
 

martes, 27 de mayo de 2014

Sesión de contacontos con Nati, do grupo de teatro Sarabela

O pasado mércores, 21 de maio, grazas á Editorial Everest, tivemos a grata sorpresa de contar na BiblioRía cunha contacontos chamada Nati (Nati Natillas), integrante do grupo de teatro “Sarabela”, que nos deleitou cunha sesión de historias moi entretida.
Nati contounos que tiña un amigo que se chamaba Emilio e que era cociñeiro; mentres fai as comidas, a xente pasa pola cociña e lle conta historias a Emilio. Este aproveita para lle transmitir a Nati as historias da xente e ela aproveita para nolas transmitir a todos os nenos e nenas.
A primeira historia que nos contou era a dun can chamado Nico, que vivía nunha granxa de ovellas. Pola noite non podía durmir, ata que a súa irmá Nica lle propuxo que contase ovellas, como fan os humanos... e nós nos convertimos nesas ovellas!!! Pasámolo pipa!!!
A continuación, nos contou a historia dunha viaxe de Emilio a África, onde coñeceu a tribu dos “Mangala”. Grazas a Nati, aprendimos unha canción africana e descubrimos como apareceron os animais da selva.
E, coma os nenos e nenas queriamos máis e máis historias, Nati compraceunos contándonos outro conto africano titulado “Os tres moniños”, que se asemellaba moito a "Os tres porquiños".
Foi unha sesión estupenda onde os pequenos/as do cole participamos interactuando e colaborando en todo aquilo que a contacontos nos pediu.
        Estivemos moi atentos/as, non so na narración, senón na magnífica expresión corporal coa que Nati acompañaba cada historia. 
 



Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

lunes, 26 de mayo de 2014

Feira do Libro Novo, en Vigo

O venres, día 16 de maio, presentouse na Casa Galega da Cultura, a FEIRA DO LIBRO NOVO DE VIGO, que terá lugar na Praza de Compostela, entre os días 23 de maio - 1 de xuño e que, unha vez máis, contará coa presenza das dúas bibliotecas públicas da cidade: a "Biblioteca Pública Juan Compañel" e a "Biblioteca Municipal Neira Vilas".
A feira, organizada pola Federación de libreiros de Galicia, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.
A inauguración tivo lugar o día 23 de maio, ás 12:30 horas, co pregón a cargo do escritor PEDRO FEIJÓO.
Este certame, o máis antigo de Galicia, despois da feira da Coruña, vense celebrando tradicionalmente a principios do mes de xullo. Este ano cambiouse a data coa intención de acadar maior afluencia de público e expositores, e así poder implicar tamén á Comunidade escolar.
Sabedes que o prezo dos libros teñen un 10 % de desconto na feira??
Pois ánimo e disfrutade do pracer da lectura!!
Se queredes mirar o programa premede na seguinte ligazón:

viernes, 23 de mayo de 2014

Libro de actividades sobre o conto "Vamos a mirar colores"

Hoxe, queremos compartir con todos e todas este traballo elaborado polo alumnado de 5º de educación infantil-4 anos sobre o conto "Vamos a mirar colores".

Aquí vos deixamos a libro de actividades que realizaron os nenos e nenas de 4 anos. agardamos que vos guste e o disfrutedes tanto coma nós cando o fixemos.