Mostrando entradas con la etiqueta Estacións do ano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Estacións do ano. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de marzo de 2015

Inicio da Primavera

O pasado venres, 20 de abril de 2015, ás 23 h. 45 m. deu comezo a Primavera. Dende este blog, coma sempre, compartimos ideas e recursos que faciliten a vosa labor docente, así coma o traballo nas casas, por parte das familias.
Poderedes acceder a elas premendo no debuxo da flor que tedes no marxe dereito deste blog, ou no mesmo debuxo, que deixamos aquí debaixo. agradamos que os recursos sexan do voso interese e que desfrutedes desta estación do ano que tanto gusta a pequenos e maiores.
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/Primavera


martes, 10 de febrero de 2015

Bonecos de neve...brr...que frío vai!!!

Na aula de 4º de educación infantil-3 anos, deseñamos estos bonecos de neve tan chulos!!! Levabamos moitos días con ganas de realizar esta actividade e, por fin, o mércores e xoves pasado, a puidemos levar a cabo.
Así, para a súa realización, precisamos de plastilina branca (coa que fixemos dúas boliñas: unha grandes para o corpo, e outra máis pequena, para a cabeza), plastilina laranxa para o nariz, plastilina doutra cor para os ollos e a bufanda, botóns, un anaco de pajita e o cartel.
Para que quedasen ben brillantes foi necesario pintalos cunha pouca cola branca e os deixar secar durante toda a noite. Por último, os envolvimos nun papel de celofán de cor verde e lle puxemos unha atadura... Non nos digades que non quedaron chulísimos!!!

lunes, 12 de enero de 2015

Xa estamos no Inverno

O xoves pasado, comezamos un novo trimestre na escola e, durante as vacacións de Nadal, chegou unha nova estación: o INVERNO. Para nos ir adentrando un poquiño máis nesta época do ano, os nenos e nenas de 5 anos fixemos un crebacabezas moi chulo que aquí vos amosamos.
 Coma sempre, dende este blog queremos facilitar a vosa tarefa docente e, por iso, compartimos con todos e todas unha recompilación de material variado sobre esta estación do INVERNO ao que poderedes acceder premendo no debuxo de inverno situado na marxe dereita deste blog.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Decorando no outono

Os corredores de educación infantil sempre están cheos de vida. Dependendo das festas que esteamos a traballar os murais e a decoración variada forma parte de eles.
Así, o outono é unha estación que sempre nos ofrece milleiros de actividades e festas a realizar. O primeiro que levamos a cabo foi a decoración do corredor cunha árbore sen follas para, a continuación, completar a actividade cunha poesía.
Grazas ao alumnado de tres anos, puidemos facer unha mostra de productor típicos de outono e o corredor se decorou con noces, castañas, landras, follas, cogumelos,...
Esta semana, celebraremos o Magosto na escola e non podiamos deixar pasar a ocasión para realizar ao castañeiro e á castañeira, imáxenes que nos servirán despois para realizar unha sesión de fotos co alumnado. A idea descubrímola grazas ao blog http://laclasedelpatopaco.blogspot.com.es/ 
(xa volo contaremos noutra entrada, polo que tedes que estar moi atentos e atentas).
De momento, aquí vos deixamos coas imaxes da decoración de outono.

martes, 11 de noviembre de 2014

Traballo 4 anos_"Xaime e as landras"

Como ben vos contabamos nestra entradas antigas do blog:



Os nenos/as de 4 anos estiveron a prantar landras. A actividade xurdíu despois de ler o conto "Xaime e as landras" que, dende aquí, recomendamos. Así, realizamos, ademais da prantación, un libro con actividades sinxelas sobre a historia que hoxe vos amosamos no blog. Doutra banda, compartimos con todos e todas as imáxenes das actividades en branco e negro por se algún está interesado/a en realizalas.



lunes, 10 de noviembre de 2014

Degustación de outono en catro anos

Os nenos e nenas de catro anos realizamos fai días unha degustación de productos de outono na aula. Así, algúns deles xa os coñeciamos e, outros, os descubrimos nesa sesión; Algúns eran secos, outros carnosos, algúns foron máis do noso agrado, outros menos.
Os froitos máis "novos" ou menos coñecidos foron o "kaki" e o pomelo, que tiñan sabores que non nos acabaron de "convences"; as madarinas, granadas, peras, noces, etc. tiveron máis éxito.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Mostra de Outono na escola

É tempo de Outono na escola, tempo de Samaín, de castañas, de landras, de cabazas,... dun sinfín de froitos e características propias da estación do ano na que nos atopamos.
Grazas á colaboración das familias, puidemos realizar dúas mostras de Outono na escola; unha situada no porche do colexio e, a outra, no corredor de educación infantil onde, cada días, aumentamos a mostra de froitos, follas e características da estación.
Aquí podedes ver unha mostra da actividade realizada co alumnado de 4 e 5 anos no porche da escola, onde contamos coaaxuda da mestra Carme para decorar a entrada con froitos típicos da estación.

lunes, 20 de octubre de 2014

O mural de outono vai medrando

O pasado mércores, 8 de outubro, publicabamos no blog a seguinte entrada (http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/10/mural-de-outono-na-aula-de-3-anos.html) na que vos contabamos que o alumnado de tres anos fixera un mural sobre a caída das follas durante o Outono.
Como nas aulas estamos a traballar unha poesía sobre esta estación do ano, así como diferentes xogos relacionados con ela, decidimos que o noso mural podería medrar e ter relación coa poesía, por iso lle estamos a engadir elementos novos, como a nube soprando, o home que limpa as follas, etc.
 A poesía é a seguinte:
LAS HOJAS DEL ÁRBOL CAYERON AL SUELO
(UNA, DOS, TRES, CUATRO)
DESPUÉS VINO EL VIENTO Y SE LAS LLEVÓ
(SOPLAR, SOPLAR, SOPLAR, SOPLAR)
EL BUEN BARRENDERO BARRÍA LAS HOJAS
(RAS, RAS, RAS, RAS)
Y EL SUELO DEL PARQUE MUY LIMPIO QUEDÓ
(BIEN, BIEN, BIEN, BIEN)

O alumnado de catro anos está a prestar axuda, escribindo cada unha das palabras da poesía e, a continuación, pegando as mesmas no mural.
Aquí están prestándonos axuda e podedes ver como vai quedando.