Mostrando entradas con la etiqueta Lendo coa arte que nos rodea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendo coa arte que nos rodea. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2015

Conto "Un día en la Edad de la Piedra"

Na aula de 3 anos, preparamos este conto titulado "Un día en la Edad de la Piedra", no que o protagonista principal da historia é Gugú, un neno que viviu naquela época e que cargaba cun pesado e gordo caderno de pedra.
A canción atopámola na rede e, despois de traballala na aula, fixemos as imaxes e os textos das páxinas entre todos e todas, contando coa exuda das mestras.
Aquí vos deixamos con Gugú, co seu gordo caderno de pedra e co vídeo da historia, que agardamos vos guste.

jueves, 28 de mayo de 2015

Teatro prehistórico

"La cueva de Altamira", esta foi a obra de teatro que tres nenos de 6º e un neno de 5º representaron para o alumnado de educación infantil. A obra tivo lugar na BiblioRía da escola e Gaspar foi a que a presentou.
A representación tiña dúas partes: na primeira, fixeron unha representación do conto e, na segunda parte, explicaron, sobre un power point, onde está a Cova de Altamira, como vivían naquela época e as pinturas que facían. 
Por último, un neno recitou unha fermosa poesía sobre o conto, creada por él mesmo.
Os nenos e nenas de infantil pasárono moi ben!!! e os nenos/a maiores o fixeron estupendamente.Dende aquí, lles damos as grazas e un bico enorme tamén á mestra Geli que lles axudou en todo o proceso de creación.
 Non vos perdades as fotos! Preme na imaxe e accede ao blog da BiblioRía para poder ver as imaxes.
http://biblioria.blogspot.com.es/2015/05/teatro-prehistorico-para-os-nenos-e.html
 Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

miércoles, 27 de mayo de 2015

Que libro máis interesante!!!

Como xa vos contabamos no post de onte, as familias agasallaron aos nenos polo Nadal este libro tan interesante sobre a Prehistoria.
 Un libro interesantísimo onde podemos descubrir milleiros de imaxes e información sobre a época do ano que estamos a traballar. Aos nenos e nenas de 3 anos lles encanta ler este conto despois da merenda e aquí vos deixamos cunhas imaxes do ben que o pasan.

martes, 26 de mayo de 2015

Somos arqueólogos

Os nenos e nenas de 3 anos convertíronse en arqueólogos para pasar unha divertida xornada na escola, investigando e atopando restos arqueolóxicos da Prehistoria.
O elemento motivador foi esta imaxe atopada no libro co que as familias agasallaron aos seus fillos polo Nadal.
Despois das correspondentes preguntas e de investigar a labor que realizan os arqueólogos, decidimos que nós tamén desenvolveriamos este oficio tan complicado e, por iso, nos decidimos a buscar polo areeiro da escola e polo patio diferentes restos desta época... e os atopamos!!!
Aquí vos deixamos coas imaxes.

lunes, 18 de mayo de 2015

Cantos monumentos prehistóricos!!!

Xa sabedes que o alumnado de infantil é un auténtico experto na época da Prehistoria. Así, despois de moito investigar, atoparon pola nosa zona e cidade milleiros de restos desta época da Historia.
Para poder situar visualmente os elementos atopados, decoraron un mapa da nosa cidade, onde podemos diferenciar cada unhas das localidades; os maiores de 5 anos pintaron cada unha desas localidades dunha cor diferente e, a continuación entre todos, pegamos os restos arqueolóxicos atopados.
Aquí vos deixamos co resultado.

viernes, 15 de mayo de 2015

Feliz Día Internacional das Familias

Hoxe, 15 de maio, se celebra en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.
Na nosa escola, é unha celebración que nunca deixamos pasar por alto e, coma sempre, elaboramos nas aulas un pequeno agasallo para todas as nosas familias, as que sempre colaboran cos proxectos e con todas as actividades propostas. Para todas vós, FELIZ DÍA!!!
Este ano, realizamos unha manualidade moi relacionada co tema do proxecto: unhas casas castrexas, nas que vivína os homes e mulleres da Prehistoria. Tanto aquí coma aquí xa vos amosamos como se desenvolvía o proceso de elaboración das casas prehistóricas; hoxe, vos amosamos o resultado e empaquetado final. Quedaron chulos, verdade?
 Aquí vos deixamos tamén con esta imaxe que poderedes imprimir e, a continuación, pegar unha foto da vosa familia.

miércoles, 13 de mayo de 2015

Saída ao Castro de Vigo

Como xa vos adiantamos neste post, o alumnado de 3 e 4 anos da escola foi de excursión ao Castro de Vigo.
Alí, desfrutamos dunha xornada moi especial, na que non introducimos noutra época: a Prehistoria. Puidemos converternos en pequenos homes e mulleres daquela época e nos adentrar nas casiñas e nos espazos que alí se atopan. Grazas a Rosa, a monitora, puidemos aprender a diferenciar entre unha casa castrexa (de planta circular) e unha casa romana (de planta cadrada), así como ver os diferentes obxectos do seu interior e os seus usos.
Unha xornada moi intersante na que puidemos profucdizar en todo o que xa sabemos grazas ao noso proxecto sobre a Prehistoria, enmarcado dentro do proxecto de centro "Lendo coa arte que nos rodea".
Aquí vos deixamos coas imaxes da saída.
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

lunes, 11 de mayo de 2015

A Idade dos Metais

Despois de traballar na aula coas dúas primeiras etapas da Prehistoria: Paleolítico e Neolítico, chegou o turno da: 
A IDADE DOS METAIS
Así, investigamos que os prehistóricos descubriron diferentes metais como o bronce, o cobre e, sobre todo, o ferro, que era o máis resistente, e co que fabricaban milleiros de ferramentas. Aquí podedes ver tres tipos diferentes de ferramentas e os usos que lle daban:
Por outra banda,  descubrimos un importante invento: a roda, e estivemos a traballar con obxectos que rodan e non rodan. Como o mellor para investigar, é probar, esto mismo foi o que fixemos; utilizamos diferentes obxectos que atopamos na aula para facer ensaio-erro sobre se rodaban ou non. Unha vez realizada a proba, puidemos clasificar sen problema as seguintes imaxes.

miércoles, 6 de mayo de 2015

Saímos de excursión ao Castro

Dende fai moitos días, os nenos e nenas de 3 e 4 anos estamos preparados para ir de excursión ao Monte do Castro de Vigo, ou para ir a ver as "casiñas dos prehistóricos", como dicimos na aula.
Así, coma sempre que realizamos unha saída, realizamos actividades de motivación previas para saber onde imos, como nos temos que comportar e o que imos a ver. Por iso, descubrimos a nosa cidade de Vigo e a identificamos entre outras cidades. 
Esta é a nosa cidade na actualidade...
 ... pero fai moitos anos, este era o seu aspecto.
 Na época prehistórica non atopabamos os edificios nin as tendas de hoxe en día, como tampouco os milleiros de comodidades que temos. Fai anos, os homes e mulleres vivían nestas casas, chamadas castros, feitas de pedras e palla.
 
Na visita de hoxe descubriremos moitas curiosidades sobre estas construcións, así coma sobre o tipo de vida que levaban naquela época. En canto teñamos as imaxes da saída, as subiremos a este blog, así que estade moi atentos e atentas que de seguro o pasamos"pipa"

martes, 5 de mayo de 2015

Material para descargar: Proyecto "La Prehistoria" (4 anos)

Aquí compartimos con todos vós este proyecto realizado na aula de 4 anos. É un proxecto sobre a Prehistoria e poderedes descubrir as características máis importantes deste período da historia, así coma a súa "etapa previa": a época dos dinosaurios.
Agardamos que vos guste. Se queredes descargar as fichas, soamente tedes que premer na seguinte ligazón: