Bos días familias:
O outro día recibimos unha carta moi especial e misteriosa…
resulta que algo ou alguén que viña de moi lonxe precisaba da axuda duns
aventureiros/as para superar unhas misións… e pensou en nos! Non nos dixo quen
era, mais deixounos unhas pistas en forma de imaxes… algúns pensamos que era un
gorro, outros un can, outros unha serpe, un elefante… E tamén fíxonos unhas
preguntas para saber un pouquiño máis sobre nos e o noso espírito aventureiro!
Despois duns días cavilando quén podería ser… por fin
apareceu na nosa clase a visita misteriosa! Era un elefantiño bonito que viña
da India a pasar unha temporada na nosa clase.
Puxémonos moi ledos e estivemos
pensando qué cousas sabemos da India e qué cousas queremos aprender…
Aquí vos quedan unhas fotos da benvida que lle demos o novo
membro da nosa aula.