miércoles, 30 de abril de 2014

Aviso días festivo e non lectivo do centro

Dende este blog, avisamos a todas as familias que, tanto 
MAÑÁ, 1 DE MAIO (día festivo), como 
PASADO, 2 DE MAIO (día non lectivo do centro), 
NON haberá clases.
As clases retomaranse o vindeiro luns, 5 de MAIO.

"Lápiz y... acción! Roser Capdevila dibuja"

Hoxe, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias do blog unha entrada cultural, sobre a figura dunha muller moi significativa na literatura infantil do noso país. Ela é Roser Capdevila, a creadora dos contos de "Las tres mellizas".
Durante as festas de Semana Santa, unha das nosas mestras tivo a sorte de poder visitar unha exposición sobre esta escritora no Palau Robert, en Barcelona, no que se pesenta unha exposición con obra inédita de Roser Capdevila, unha das grandes figuras da ilustración.  

"Lápiz y... acción! Roser Capdevila dibuja" explora os contos máis populares da súa traxectoria e propón unha viaxe pola súa biografía que comprende máis de 300 títulos publicados en diferentes países. A súa obra foi traducida do catalán a todas as linguas maioritarias e Roser Capdevila tamén escribíu e debuxou pera editoriais de Francia, Alemaña, Austria, Italia, Canadá, Bélxica e Xapón.
A mostra presenta unha seleción de contos, representativos da súa gran produción, algúns non publicados no noso país. Estes contos permítennos, por un lado, seguir a evolución do seu estilo como ilustradora e, por outro, nos descubre a unha Roser como autora de texto. Un dos títulos selecionados é a serie de debuxos de "Las Tres Mellizas“, internacionalmente conocida, e que eclipsou a todo o mundo co seu universo de historias e personaxes xurdidos da man e a cabeza desta ilustradora.
Estos contos están acompañados por diversas escenografías que teñen por obxectivo vincular os contos e as historias que Capdevila narra e debuxa, coa súa vida persoal. Calen son os vínculos que ten Roser coa canguro Estefanía ou coa xirafa Palmira? Todo isto o podemos descobrir na exposición.
A mostra desenvólvese nos seguintes ámbitos: "Apuntes de niñez", "Nace una ilustradora", "Dibujando y buena letra", "Una experiencia de cuento", "Un personaje, un retrato", "Cuentos dentro de cuentos", "Dibujos que se mueven", "Hola a todos", "De puertas adentro", "Se alza el telón" e "El Cabaret".
A exposición permite coñecer a forma de ser de Roser Capdevila, unha persoa cuns fortes valores éticos, comprometida socialmente, que se implica en todos os proxectos onde é reclamada dunha manera altruista e que é capaz de formar unha rede de amizades que mima e valora. A personaxe lexendaria das sete vidas, capaz de sobrevivir a un parto múltiple, a un cancro e a un atropello.
Na segunda parte da mostra descobrimos a unha Roser más íntima, cunha produción extraordinaria e inédita que pertence a súa vida particular e á esfera de familiares e amigos, que cederon moitas pezas para a exposición. Cadernos e diarios, e un mundo de cartóns pintados.
Aquí vos deixamos ligazóns de interese:





martes, 29 de abril de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_"Carlos, el colibrí"

Un novo amigo de Juanita chegou a nosa aula; chámase "Carlos, el colibrí" e se adica a bicar flores. 
A partir deste aspecto estivemos falando entre todos e todas sobre se ese traballo lles parecía agradable ou desagradable; tamén estivemos coñecendo as diferentes especies de flores que Carlos bica e aproveitamos outra das sesións para observar os cadros de Van Gogh nos que aparecen distintos tipos de flores. 
Almendro en flor
 Jarrón con lirios
 Jarrón con rosas
 Jarrón con zinnias
 Girasoles
Unha vez rematadas as sesións verbais, realizamos dúas actividades sobre papel: nunha delas escribimos o nome das difrentes flores e as coloreamos; noutra, relacionamos os títulos dos cadros de Van Gogh coa imaxe correspondente.
Esperamos que vos guste o noso traballo e agora estamos a espera de coñecer a última amiga de Juanita.

lunes, 28 de abril de 2014

Así vemos a "La Bruja Colorea"

Na aula de cinco anos, o estamos a "pasar pipa" coa historia do conto "La Bruja Colorea".
Así, estivemos a debuxar como vemos á protagonista e a súa mascota: un gato de cor negra.
Aquí tedes o resultado. Quedaron simpáticas, verdade?