Mostrando entradas con la etiqueta Auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Auga. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de junio de 2011

A auga 4 anos

Aquí vos deixamos o resultado das nosas investigacións e traballos sobre a auga... agardamos que vos guste e, xa sabedes, se queredes ver o traballo con máis detemento, podedes premer nun dos enlaces que tedes debaixo.


Enlace ás Galería de Imaxes da páxina web do cole:


Por outro lado, para rememorar o que foi a realización, motivación e experimentación sobre o tema da auga, podes ver as entradas anteriores feitas no blogue e relacionadas co tema premendo na palabra "auga" que aparece abaixo.

miércoles, 25 de mayo de 2011

Como transportar a auga

Chega un novo día no recuncho de experimentos sobre a auga na aula de 4 anos!!!
Hoxe, as mestras Emma e Paula, nos plantexan o problema seguinte: como podemos mover ou transvasar a auga dun lugar a outro?, podemos utilizar as mans?
Coma sempre, cada un puxo o seu gomet no entrada correspondente do cadro... a continuación, chegaba o momento de experimentar.
O primeiro que descubrimos foi que a auga é bastante complicada transvasala coas mans xa que non a podemos coller, escurría polas mans!!!
Tamén probamos facendo o transvase coa boca pero... era un lío!!!
Probamos pois diferentes aparellos: vasos, cubos, regaderas, ... pero a mestra Paula tiña preparada unha sorpresa nunha bolsiña; cada un de nós foi palpando a bolsa para adiviñar que se atopaba dentro (a maioría dicían: "é unha almofada!!!").
Queredes saber de que se trataba??? Pois dunhas esponxas de ducha coas que conseguimos baleirar todo o cubo e levar a totalidade da auga cara o outro!!!
Pasámolo pipa!!!
A mestra Emma aínda tiña unha sorpresa: unha tubería!!!... a través dela, transvasamos a auga moi rápido dun lugar ao outro e descubrimos como o noso cole, as casas, os edificios teñen, no seu interior, unha morea de tuberías que serven para que a auga circule por elas e a leva a diferentes localizacións... por iso é tan importante que revisar as tuberías e se miramos algunha que está avariada, avisemos ao fontaneiro.
Tanto esta norma como outras, forman parte dun mural elaborado por todos os nenos e nenas. "POR UN CONSUMO RESPONSABLE DEL AGUA" é o lema co que contamos e no mural recollemos diferentes normas ou hábitos para aforrar auga.

domingo, 15 de mayo de 2011

O sabor da auga

O pasado xoves, na aula de 4 anos, tivemos unha nova sesión de experiementos relacionados coa auga. Xa coñecemos se ten son e se ten cor... agora chega o turno do seu sabor.
Coma sempre, reflectimos nun papel as opinións do alumnado. Houbo para todos os gustos ("sabe a mar", "sabe a fresa", "sabe a menta", "non sabe a nada"...)
Unha vez que todos os da aula, puxeramos o gomet onde nos correspondía, decidimos facer a experimentación. 
Collimos vasos diferentes para facer sabores a amorodo, menta, auga salgada,... para iso, utilizamos sal que botamos na auga natural, un chupa-chups de amorodo, un chicle de menta,...
Agora tocaba ir probando eses sabores e comparar o que probamos coa auga natural que trouxemos da cociña... non nos gustou nada probar a auga salgada!!!... tampouco ao mestre Juanca ao que lle pedimos que tamén fixera a experimentación.
Despois de moito probar, chegamos á conclusión de que a auga NON TEN SABOR, NON SABE A NADA!!!
ATA O PRÓXIMO EXPERIMENTO!!!

viernes, 6 de mayo de 2011

A cor da auga

Despois de investigar sobre o son da auga e saber que soamente o ten cado está en movemento, decidimos descubrir agora cal era a súa cor.
Coma sempre, rexistramos nunha folla as opinións de todos os que estabamos na aula e fixemos un rexistro das mesmas para saber cal era a resposta maioritaria...
... pois ben, feitas a preguntas correspondentes, comezamos a investigar. Fixemos ou "tintamos" a auga de todas as cores que os compañeir@s dixeran anteriormente e comparamos esa auga coa que habitualmente bebemos, compramos no súper, sae da billa, etc.
Non coincidía ningún... como podía ser?... non era vermella, nin rosa, nin verde, nin azul,... entón, cal era a súa cor?
Algúns comezaron a dicir... "a auga non ten cor... é transparente"... polo que decidimos facer a proba con papeis "celofán"... miramos a través dos papeis de diferentes cores e aproveitamos o "film trasparente" da merenda dun neno para mirar a través del... anda!!! a través do papel transparente, miramos igual que a través da auga!!!
Así, anotamos na nosa folla de rexistro o aprendido nesta sesión... a auga non ten cor, é transparente... xa sabemos unha cousiña máis.

miércoles, 4 de mayo de 2011

O son da auga


Hoxe, na aula de 4 anos e continuando co proxecto sobre a auga, decidimos investigar se ten son... Como non había forma de atopar o consenso, decidimos anotar nunha folla as nosas opinións; cada un dos nenos e nenas da aula colocou un gomet na súa resposta.
Unha vez completados todos, contamos cantas respostas tiñamos e as anotamos no papel... Chegaba o momento de investigar e descubrir... para iso, collimos un gran recipiente cheo de auga e decidimos escoitar o seu son pero... non escoitabamos nada.
Posteriormente, a mestra Paula proxectou co videoproxector da aula uns vídeos sobre diferentes fenómenos atmosféricos e sobre os sons do mar... Como podía ser que a auga non tivera son na aula e, moitas veces, si que tivera?
Imitamos eses fenómenos no cubo de auga... baleiramos unha botella de auga coma se fora unha cascada, collimos coas mans auga e a deixamos caer como se estivera a chover, sopramos con palliñas para facer os movementos da auga co vento, etc.
Investigando, investigando, descubrimos que a auga cando esta "parada" no ten son PERO SI CANDO SE MOVE.
Todo iso o anotamos na nosa folla de rexistro e a colgamos do corcho da aula...
A verdade é que o pasamos pipa e as mestra Emma e Paula nos prometeron que fariamos máis experimentos!!! así que... ata a próxima!!!