lunes, 30 de septiembre de 2013

Recursos de interese para traballar a lectoescritura

Comezamos unha nova semana cunha entrada moi solicitada por usuarios e familias.
Así, recollemos unha seleción de diferentes recursos na rede para traballar a lectoescritura.
Para poder xogar ou acceder ás actividades, tes que premer na imaxe ou na ligazón que aparece baixo ela. Agardamos que vos gusten e que practiquedes na escola e na casa con estes recursos. 




Na aula de cinco anos, aproveitamos o momento da asemblea para traballar con estas actividades de letras minúsculas. Así, o neno/a que sexa encargado/a ese día, escolle a primeira letra do seus nome e xoga coas actividades propostas con ela. 


Doutra banda, queremos agradecer ao blog EL RINCÓN DE INFANTIL por compartir con todos e todas entradas de interese, ente elas, a seguinte:
Nesta entrada, poderedes atopar unha seleción de páxinas de interese para traballar, non soamente a lectuescritura, senón tamén a lóxico-matemática.

martes, 24 de septiembre de 2013

A importancia da orientación espacial e actividades

Nesta entrada de hoxe queremos facer fincapé nun aspecto relevante a traballar co alumnado de educación infantil: a orientación espacial. 
Situarse ben no espacio (tanto nós mesmos, os demais e os obxectos) é importante para o posterior desenvolvemento da lectura e a escritura, cunha direccionalidade específica (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo). No momento que esta direccionalidade non está clara, podemos atopar diferentes rotacións de letras (coma b, d, p, q) ou outro tipo de situacións.

Para poder traballar desde as casas e as aulas este aspecto, aquí vos deixamos estas actividades que poderedes imprimir e completar coa axuda das tesoiras e o pegamento.

Se queredes traballar con elas de forma dixital, aquí vai o enderezo dende onde as poderedes descargar (para utilizar co programa específico dos Encerados Dixitais Interactivos)

Estas actividades versan sobre os hábitats dos diferentes animais, aspecto que lle gusta ao alumnado e que xa traballamos con eles o curso pasado.


Buceando pola rede, atopamos diferentes ligazóns onde poderedes atopar máis actividades deste tipo para traballar nas aulas o nas casas, coa axuda das tesoiras e o pegamento.
Adiante!!!

No blogue Cosquillitas en la panza (http://cosquillitasenlapanza2011.blogspot.com.es/) atopamos tamén estes recursos que compartimos con todos e todas.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Chegou o outono

Xa estamos no outono. Deixamos atrás o verán para comezar unha nova estación e, para lembrar as súas características e poder disfrutar xogando tanto na escola como nas casas, aquí vos deixamos unha ligazón para acceder a todos os artigos publicados sobre esta estación de ano.
Poderedes atopar actividades variadas (LIM, Encerado Dixital, debuxos para colorear,...)  que agardamos sexan do voso interese e disfrutedes con elas.

Premer nesta ligazón para acceder aos diferentes artigos publicados sobre o outono:

Chega o Outono

viernes, 13 de septiembre de 2013

Profesorado de educación infantil

Aquí vos deixamos o listado do reparto de aulas e titoras de educación infantil para este curso escolar; doutra banda, tamén podedes comprobar os especialistas presentes nas aulas este ano.
 
4º Educación infantil: Emma López
5º Educación infantil: Teresa Pazos
6º Educación infantil: Paula Campos
Mestra Apoio: Ángeles Maquieira
Mestra de inglés: Marta Outomuro
Mestre de educación física: Arturo Alborés
Mestre de música: Juan Carlos Vázquez
Mestra de relixión: Ana Maquieira
Mestra de AL: Sofía García
Mestra de PT: Ángeles García
Orientadora: Mercedes Fernández

jueves, 12 de septiembre de 2013

Calendario escolar 2013/2014



CALENDARIO LECTIVOCALENDARIO LECTIVO  
CURSO ACADÉMICO: actividades lectivas
- Comezo do curso: 11 de SETEMBRO de 2012.
- Remate do curso: 20 de XUÑO de 2013.

 VACACIÓNS
- Nadal: dende o 21 de DECEMBRO ata o 8 de XANEIRO, ambos os dous inclusive.
- Entroido: 3, 4 e 5 de MARZO.
- Semana Santa: dende o 12 ata o 21 de ABRIL, ambos os dous inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS
- Día do Ensino: 31 de OUTUBRO.
- Días non lectivos do centro: AÍNDA POR DETERMINAR.

CONMEMORACIÓNS
- Día Internacional contra a violencia de xénero: 25 de NOVEMBRO de 2012 
- Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia: dende o 1 ata o 11 de DECEMBRO.
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos: 10 de DECEMBRO.
- Día da Paz: 30 de XANEIRO.
- Día Internacional da Muller Traballadora: 8 de MARZO.
- Día Mundial dos Dereitos do Consumidor: 15 de MARZO.
- Semana da Prensa: dende o 10 de MARZO ata o 15 de MARZO.
- Semana do Libro: dende o 12 de ABRIL ata o 30 de ABRIL.
- Día Mundial da Saúde: 7 de ABRIL.
- Día de Europa: 9 de MAIO.
- Semana das Letras Galegas: dende o 9 de MAIO ata o 17 de MAIO.
- Día Mundial do Medio Ambiente: 5 de XUÑO.

Poderedes consultar a Orde do 24 de maio de 2013, onde queda regulado o calendario escolar, premendo na seguinte ligazón:

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Comeza o curso escolar 2013/2014

Hoxe, 11 de setembro de 2013, comezamos un novo curso escolar no CEIP. Plurilíngüe Ría de Vigo. 
Coma sempre, é necesario lembrar unha serie de normas que todos debemos cumprir e, así, facilitar o funcionamento do centro.

- A entrada no recinto escolar será a partir das 09:15 h. a través do portal situado na Avenida Cesáreo Vázquez. Se algunha familia necesita realizar a entrada ao colexio con anterioridades ás 09:15 h, pode facelo a través do servizo "Espertar xogando", actividade que atende dende as 08:00 h. a todo o alumnado do colexio que así o solicite.

- O alumnado do colexio non pode estar acompañado por familiares no recibidor da escola. Unha vez que o alumnado acceda ao recinto escolar, os familiares acompañantes deben saír da escola a través do portal do Camiño de Oia para evitar atrancos na entrada.

- O alumnado do colexio non pode ser acompañado por familiares na subida ás aulas (agás o alumnado de 4º de educación infantil durante o Período de Adaptación).

- A partires das 09:40 h. os portais de acceso ao colexio permanecerán pechados por razóns de seguridade. A partir desta hora, e soamente para casos xustificativos, o acceso será polo portal do Camiño de Oia (este portal está previsto dun porteiro automático ao que se debe chamar) Nese caso, a persoa que acceda ao colexio debe dirixirse á primeira planta fronte ao despacho de secretaría, lugar onde será atendida por un responsable do centro.

- A partires das 14:30 h. as aulas estarán pechadas e, polo tando, o acceso ás mesmas non será posible ata o día seguinte.

Lémbrase tamén que queda totalmente prohibido o estacionamento de vehículos na zona reservada á parada do servizo de transporte escolar. Pense que por aparcar o seu coche pon, por un lado, en perigo a seguridade das nenas e nenos que se ven obrigados a descender do autobús nun lugar non axeitado para tal fin e, polo outro, a xenerar un caos de tráfico nas inmediacións do colexio. Do mesmo xeito, seguindo as directrices do Departamento de Seguridade do Concello de Vigo e, ante todo, pensando na seguridade das súas fillas/os, queda rigurosamente prohibido acceder peatonalmente ou con coche á zona de estacionamento creada no recinto escolar ao redor do ximnasio. Este acceso será para o persoal laboral do colexio ou para calquera outro persoal autorizado pola Dirección do centro. Esta medida tamén ten vixencia polas tardes en horario de actividades extraescolares, momento no que para acceder ao colexio deben facelo, única e exclusivamente, pola entrada principal.

Por outro lado, faise saber que nos percheiros ubicados no recibidor e ximnasio do colexio hai cantidade de roupas esquecidas por nenas e nenos durante o pasado curso. Así mesmo, na porta do ximnasio hai unha caixa con roupa esquecida durante o Campamento de Verán. Ábrese un prazo ata o día 27 de setembro para que sexan retiradas polos seus propietarios. A partir desta data será recollida e depositada nun contendor de roupa usada.

Sen máis, agardamos que disfrutedes deste novo curso, como todos os anos.