Mostrando entradas con la etiqueta convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta convivencia. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de noviembre de 2018

CENTRO DE DÍA CASTRELOS

Este luns os nenos e nenas de 5 anos tivemos a oportunidade de compartir unha mañá cos maiores do centro de día Castrelos. Recibíronnos con ledicia e todo preparado para desfrutar dunha xornada de Samaín, tras presentarnos e coñecer aos maiores, escoitamos historias de medo, algunhas vivencias propias dos avós e incluso puidemos contar tamén algunha historia terrorífica! Agasalláronnos con roscón e chocolate quente para repor enerxías, e por último elaboramos en grupo unhas mascaras de samaín, de cabazas e morcegos, desfrutando da compañía mutua! 
Aquí vos deixamos unha mostra do vivido.





Desfrutamos moito desta convivencia! 
Grazas por contar no nos.

lunes, 12 de marzo de 2018

CARTAS

Seguimos construíndo o noso servizo de mensaxería! Esta semana decoramos o novo espazo para sentirnos máis a gusto nel e que sexa máis atractivo e chamativo para os demais nenos/as do colexio. Creemos que o estamos conseguindo porque xa comezamos a recibir mensaxes de nenos e nenas de outras aulas! Xenial!! Así nos quedou! Este venres recollemos os nosos primeiros mensaxes.