Mostrando entradas con la etiqueta Circo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Circo. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de diciembre de 2014

Saída ao "Circo de Nadal" (Actualizada)

Hoxe, venres 19 de decembro, e último día de clases do Primeiro Trimestre, todo o alumnado do colexio sairá de excursión ao "Circo de Nadal", ubicado na zona de Coia, en Vigo. As instalacións permanecerán instaladas baixo unha gran carpa climatizada, na Avenida Castelao do 19 de decembro ao 11 de xaneiro.
Se queredes coñecer un pouquiño máis aos responsables deste espectáculo, podedes premer na seguinte ligazón: http://www.lafiestaescenica.com/ 
 "La Fiesta Escénica" pretende con este novo espectáculo que os espectadores vivan unha experiencia de Nadal a través dun despliegue inédito de luz, música, vestiario, escenografía e números circenses protagonizados por 35 artistas internacionais provenientes do Xapón, Alemania, Rumanía,China, México, Panamá e Brasil.
Agardamos pasalo moi, moi ben e, en canto teñamos as fotos desta saída, subirémolas ao blog para que as poidades desfrutar. De momento, aquí vos deixamos cunha sinopse da función, así coma cunhas imaxes atopadas na rede:
"Ambientado na noite de Nadal, o show conta a historia dunha nena que se desperta no momento da chegada dos agasallos. Intentará agacharse para non ser descuberta polos traballadores do Polo Norte, pero ao marchar a llevan con eles por erro. Ao ser descuberta comeza unha máxica aventura repleta de fantasía na que os enanos, elfos e duendes tratarán de enviar á nena de volta ao seu fogar antes de que os seus pais desperten.
  A nena se irá atopando cunha veintena de números circenses: equilibristas, trapecistas, malabaristas, aéreos, etc. cos que se quedará marabillada. Os espectadores poderán contemplar fantásticos números como banquina, punzadores, cintas áreas, bastóns xaponeses, etc."

Fonte: http://quehacerenvigo.es/circo-de-nadal-en-vigo-2014/

Xa temos as imaxes desta saída, así que aquí vai a presentación: