Mostrando entradas con la etiqueta xogos de mesa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos de mesa. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de mayo de 2018

LETRAS

O aprendizaxe da lectoescritura é un proceso lento e madurativo, que conleva un gran número de aprendizaxes previos para o seu dominio. 
Na etapa infantil facemos un achegamento a mesma e na aula observamos como cada día os cativos están máis motivados con dito aprendizaxe e comezan a decodificar. Gústalles moito decatarse de que xa son capaces de recoñecer letras en textos, descobren que saben o que está escrito en algúns lugares, que len palabras,... 
E para mellorar a atención neste aspecto na aula contamos con diferentes xogos cos que practicar. Deixámosvos algunhas imaxes para que vexades que ben o facemos!




















lunes, 22 de enero de 2018

BATALLA NAVAL

Outro dos agasallos que nos trouxeron os Reis Magos foi un xogo de mesa de batalla naval, para xogar en parellas ou equipos, esta semana aprendemos a xogar. Aquí podedes ver como formaron os equipos e disputaron as súas "batallas" piratas vs vikingos. Cada equipo tiña que descubrir onde estaban os barcos dos seus rivais e afundilos. A abordaxe!