viernes, 30 de enero de 2015

Día da Paz 2015

Hoxe, venres 30 de xaneiro, se celebra o
DÍA ESCOLAR DA NO VIOLENCIA E DA PAZ
A nosa escola quixo sumarse a este día e traballamos diferentes actividades en cada unha das aulas da escola. Así, nas aulas de educación infantil, elaboramos Pombas da Paz que os nenos e nenas levaron para a súa casa en forma de colgante.
Aquí podedes ver unha mostra do noso traballo.
Doutra banda, no porche da escola, elaboramos un mural conxunto con todas as aulas da escola. Neste mural, representamos un arco da vella, formado con diferentes elementos coma corazóns, casas (relacionadas co proxecto sobre arquitectura deste curso), pombas, estrelas,...
 O alumnado de 3 anos elaborou corazóns de cor vermello.

jueves, 29 de enero de 2015

As familias da Prehistoria

Na aula de tres anos, comezamos a traballar a Prehistoria- a partires do conto "El canto del viento", como ya vos contamos en entadas anteriores.
 Despois de traballar e coñecer o que sabemos e o que queremos saber, comezamos a resolver as diferentes cuestións; unha delas era a forma de vida que levaban e o que máis nos chamou a atención foi que viviran en covas, polo que estivemos a descubrir como eran, onde están,... Elaboramos a nosa propia cova no mural do corredor e fixemos ás personaxes daquela época, xunto cos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
Outro aspecto que traballamos foi a evolución física que sufrimos e, para iso, aproveitamos a imaxe da familia de Luna (protagonista do conto) e as de todas as familias da aula. Grazas ás fotografías aportadas polos familiares á escola, puidemos facer diversas comparacións sobre os cambios sufridos ao longo dos anos.
Algunhas das conclusións ás que chegamos foron as seguintes:
-Non vestían coma nós.
-Tiñan que cazar animais para poder utilizar a súa pel e así se facían a roupa.
-Nós utilizamos prendas de roupa que mercamos nas tendas.
-As teas que utilizamos para facer a roupa están nunhas fábricas, que son as que teñen as teas e fabrican a roupa que levamos.
-Os homes e mulleres da Prehistoria van moi despeniados.
-Nós podemos ir ás perruquerías a axeitar o noso cabelo, pero eles tiñan que buscar e atopar diferentes útiles da natureza para cortar a melena.

Doutra banda, aproveitamos as imaxes para completar unha das fichas do libro da Prehistoria que estamos a realizar, así como para elaborar un mural con todas elas, que pegamos nas paredes da aula.

miércoles, 28 de enero de 2015

"Camiña con nós pola igualdade"

Onte, martes 27 de xaneiro, tivo lugar a actividade "Camiña con nós pola igualdade", dirixida ao alumnado de 6º de educación infantil da escola (tamén houbo obradoiros para os nenos e nenas de 2º, 4º e 6º de educación primaria)
Aquí vos deixamos coas imaxes, xunto cunha presentación de fotografías da xornada, que poderedes atopar na web do noso colexio.

martes, 27 de enero de 2015

Prantamos tomates

O xoves da semana pasada, o alumnado de 4 anos estivo a facer unha prantación; para iso, contaron coa axuda dos nenos e nenas de 5º de primaria, que os axudaron a prantar os tomates na Aula da Natureza. Agora, soamente temos que agardar que medren e os degustar... Mmm...
Aquí vos deixamos unhas imaxes da xornada.

lunes, 26 de enero de 2015

Conto "El canto del viento", na aula de 3 anos

Na aula de tres anos, estamos encantados/as co conto "El canto del viento", que nos motivou para afondar no noso proxecto da Prehistoria. 
Así, esta semana realizamos unha actividade relacionada coa historia; consistía en debuxar no noso caderno á personaxe que máis nos gustara do conto. Descubrimos que somos uns artistas e fixemos uns debuxos chulísimos.
Aquí vos deixamos as imaxes dos tres irmáns: Luna, Sol e Luz, que agardamos vos gusten.

viernes, 23 de enero de 2015

O noso mural do Paleolítico

Nun dos corredores da zona de educación infantil da escola, o alumnado e as mestras desta etapa estamos a facer un mural coas características máis importantes do Paleolítico, a primeira etapa da Prehistoria que estamos traballando.
Como xa comentabamos o pasado luns na entrada deste blog, estamos a coñecer a forma de vida que levaban nesta época e, sobre todo, nos centramos no aspecto que vivían en covas.
Descubrimos as covas de Altamira, as máis importantes do noso país, e puidemos observar os debuxos que realizaban no seu interior.
Aquí vos deixamos cunha mostra do mural que, pouco a pouco, vai tomando forma. Estade atentos e atentas ao blog porque, cando o teñamos rematado, subiremos as imaxes do mesmo e as compartiremos con todos e todas.
Mentres tanto, aquí vai unha mostra do noso traballo. En breves, publicaremos máis imaxes.