domingo, 28 de febrero de 2010

Aquí están as imaxes da Sesión 2


Nova receita para as familias: ENTREGA 2



ENTREGA Nº2


TORTA DE PERA GRATINADA


INGREDIENTES (2 persoas)
3 PERAS BLANQUILLA
24 FRAMBUESAS
1 LÁMINA DE HOJALDRE
6 LONCHAS DE QUIEXO
3 CULLERADAS DE AZUCRE
AUGA
1 VAINA DE VAINILLA


PREPARACIÓN
Pela as peras e parteas pola metade.

Pon auga a ferver nunha cazuela, engade tres culleradas de azucre e incorpora as peras e a súa pel. Coceas a lume suave durante 10-15 minutos. Retira as peras, ponas a escoar enriba dun trapo e deixa reducir o caldo coas peles.

Estira o follado, curta un cadrado grande e parte en dous (quedarán dous rectángulos). Píncha co garfo os dous rectángulos para que ao fornear non suba o follado. Colocaos nunha bandexa para forno cuberta con papel de forno e agrega un chisquiño de azucre en cada follado. Hornea a 180º C. durante 15 minutos.

Unha vez que os follados estean feitos, coloca sobre cada un deles tres montoncitos con catro frambuesas en cada un deles. Cobre cada montonciño coa metade dunha pera e pon enriba de cada pera unha loncha de queixo.

Gratina no forno a 240º C, durante 2-3 minutos.Verte o xarope de pera a unha xerra de cristal, tritura coa batidora eléctrica e coa. Introduce o xarope nun bol, curta ao longo a vaíña de vainilla e incorpora ao xarope.

Retira os follados do forno, colocaos en cada prato, salsea co xarope e serve.

Novas receitas no noso Obradoiro de Cociña

Se fai uns días , os "Sandwich do Entroido" eran os protagonistas do noso Obradoiro de Cociña, esta semana tocaron "Brochetas de froitas" elaboradas coas mesmas que rillou "Unha eiruga moi larpeira". Aquí tedes as receitas elaboradas polos nenos e nenas... esperamos que vos gusten... mmm!!!









viernes, 19 de febrero de 2010

Inundados por Eric Carle



Coma sempre que realizamos un proxecto, a colaboración das familias é fundamental; moitos son os materiais que estamos a recibir e que esperamos ter colgados no noso blog dentro de pouco: contos, fotos do autor, moitos libros,... unha pequena mostra son estas imaxes das nosas alumnas na librería que Kalandraka ten na nosa cidade.

Despois de moito buscar entre os seus libros por fin atoparon a "marca" que estabamos a buscar e que o noso alumnado descubriu que era... A SINATURA DO AUTOR DOS CONTOS: ERIC CARLE.

Aquí as temos contando a historia de "Queres xogar comigo?" y, fixádemos: están a ler o conto que elaboramos no cole; esperamos que os asistentes disfrutaran tanto coma nós na súa elaboración.

Atoparon moitos contos do autor

jueves, 18 de febrero de 2010

A nosa primeira receita para as familias

Como xa sabedes, o noso obradoiro de cociña comezou a camiñar fai unha semana... o martes, 23 de febreiro, elaboramos a nosa 1ª receita e, para seguir "traballando" nas casas, aquí vos deixamos unha moi interesante coa froita que a eiruga larpeira rillou o luns: A MAZÁ.

ENTREGA Nº1

TARTA DE MAZÁ

INGREDIENTES
1 VASO DE AZUCRE
1 VASO DE FARIÑA
1 CUCHARADA DE ROYAL
4 OVOS
2 MAZÁS GOLDEN

PREPARACIÓN
BATER OS OVOS
CANDO ESTEAN LISTOS, ENGADIR OS DEMAIS INGREDIENTES (UN A UN)
CANDO TEÑAMOS TODO BEN BATIDO, BOTARÉMOLO NUN MOLDE PREVIAVENTE UNTADO DE TULIPÁN
ADORNARMOS COAS MAZÁS PARTIDAS EN GAJOS E SEN PEL
TEMPO DE COCCIÓN: 25 A 30 MINUTOS APROX.
DESPOIS DE SACAR DO FORNO, DECORAR CON MARMELADA

Xa temos as fotos da Sesión 1 de cociña

Xa están aquí as fotos da primeira sesión do noso Obradoiro de Cociña... se o outro día, mostramos neste blog os resultados obtidos: uns saborosos sadwinches do Entroido, hoxe aquí temos as imaxes dos nosos cociñeiros e cociñeiras.
Aínda que algúns non levanten moitos palmos do chan, xa podedes observar a súa destreza á hora de cociñar...
Soamente podemos dicir que... "menudas receitas nos agardan de aquí en adiante"


jueves, 11 de febrero de 2010

Inicio do OBRADOIRO DE COCIÑA

Como todos os anos por estas datas, iniciamos o noso obradoiro. Fai dous anos, adicado a Pablo Picasso, o ano pasado a reciclaxe e, este ano, á COCIÑA.
Grazas a Eric Carle (como non podía ser doutra forma) e ao seu conto "Unha eiruga moi larpeira", abordamos unha etapa de receitas, saúde, alimentación, bos hábitos,... que se presenta moi constructiva, divertida e interesante.
De momento, vos deixamos con estes SANDWICH DO ENTROIDO...mmm... ricos, ricos!!!


lunes, 8 de febrero de 2010

CHEGA O... INVERNO

Chegou o inverno e por iso aquí vos presentamos esta actividade LIM para que realicedes diferentes actividades sobre o tema. lembra que se queres ver a pantalla en tamaño completo, soamente tes que premer sobre o botón de enriba á dereita.


domingo, 7 de febrero de 2010

Recursos para o Entroido


Dende as aulas de Educación Infantil, queremos facilitarvos a obtención de recursos para celebrar o Entroido. Preme en cada un dos apartados que queiras visitar e accede ao material en formato pdf.

Este ano o protagonista é... ERIC CARLE



Este ano, ás aulas de Educación Infantil chegan os contos de ERIC CARLE. Pode que se dicimos soamente o nome, non vos enteredes moito... pero se dicimos que é o autor de contos como "Unha eiruga moi larpeira", "A xoaniña rosmona", "Queres xogar comigo?", ... xa saiades de dúbidas.

Dende o primeiro día de cole, traballamos "Un ano con... Eric Carle" e, a verdade, os resultados están a ser altamente positivos: os nenos e nenas están moi motivados, descubrimos cousas constantemente, creamos, traballamos, etc.

Aquí vos deixamos os tres primeiros proxectos elaborados no primeiro trimestre polo alumnado de 3, 4 e 5 anos. Soamente, pincha nas portadas dos proxectos e accederás á totalidade dos mesmos.

MÁIS PROXECTOS EN:
http://centros.edu.xunta.es/ceipriadevigo/galeria/index.php?cat=5