Mostrando entradas con la etiqueta Día da poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da poesía. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de marzo de 2018

SEMANA DA POESIA

Dentro dos actos programados polo equipo de Biblioteca para a semana da poesía, este martes no ximnasio do cole fixemos unha xuntanza todo o cole para declamar poesía.
Aquí queda unha pequena mostra da intervención dos nenos de infantil.















 

martes, 24 de marzo de 2015

Día da Poesía 2015 (Actualizada)

Onte, celebramos na escola o DÍA DA POESÍA 2015, cun acto que tivo lugar na BiblioRía do colexio. Así, o alumnado baixou en dúas quendas diferentes (Educación Infantil con 1º ciclo de Educación Primaria, e 2º con 3º ciclo de Educación primaria) e recitaron alí as súas poesías, relacionadas co tema deste ano "Lendo coa arte que nos rodea".
Como en educación infantil estamos a traballar coa Prehistoria, aquí vos deixamos coas nosas poesías relacionadas con esta época, que agardamos vos gusten.

POESÍA 3 ANOS_"Hace miles de años"
HACE MILES DE AÑOS,
VIVÍAMOS EN CUEVAS
Y PINTÁBAMOS MAMUTS 
DENTRO DE ELLAS.
DESCUBRIMOS EL FUEGO,
APRENDIMOS A CAZAR,
Y DE LA NATURALEZA ESCUCHAR SONIDOS
Y CON ELLOS BAILAR. 

POESÍA 4 ANOS_"Soy el hombre de Cromañón"
 
 SOY EL HOMBRE DE CROMAÑÓN,
A LA CAZA DEL MAMUT,
CON LA LANZA LO ATRAPARÉ
Y CON SU PIEL ME ABRIGARÉ.
EN EL CAMPO SEMBRARÉ SEMILLAS,
EN EL RÍO PESCARÉ PESCADILLAS,
EN LA CUEVA FUEGO ENCENDERÉ
PARA ESTAR CALENTITO Y PODER VER.
EN SUS PAREDES, DIBUJOS HARÉ
Y PINTURAS RUPESTRES LOS LLAMARÉ.

POESÍA 5 ANOS_"Aquí nos quedamos"
LA VIDA DE MI FAMILIA
ERA IR DE AQUÍ PARA ALLÍ,
ATRAVESANDO RÍOS Y MONTAÑAS
SIN UN LUGAR FIJO DONDE IR.
PERO AL CONOCER LA AGRICULTURA
Y APRENDER A CUIDAR REBAÑOS,
TUVIMOS UNA NUEVA CULTURA:
¡NOS HICIMOS SEDENTARIOS!

Aquí vos deixamos cunha presentación en imaxes da xornada. Se queredes acceder a máis información, o poderedes facer a través da seguinte ligazón: http://biblioria.blogspot.com.es/
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

viernes, 21 de marzo de 2014

21 de marzo. Día da Poesía

Segunda entrada que publicamos hoxe; nesta ocasión para vos falar dunha conmemoración que tivo lugar na BiblioRía da escola.
Como cada curso, coa chegada do 21 de marzo, celebramos que xa é primavera, pero tamén outra conmemoración moi importante: o DÍA DA POESÍA.
A nosa BiblioRía é o lugar escollido para nos xuntar por cursos ou ciclos e recitar as nosas poesías; este curso, con motivo do proxecto de centro "Lendo con arte", decidimos facer poesías inventadas e alusivas aos diferentes cadros que traballamos nas aulas.
O alumnado de 6º de primaria foi o encargado de facer as presentacións.
A continuación fomos recitando as poesías preparadas sobre os cadros. Os primeiros en comezar foron os nenos e nenas de 3 anos, coa súa poesía sobre "A noite estrelada", de Van Gogh.

A NOITE ESTRELADA
Noite escura e silenciosa,
noite que non durmín nada.
Asomeime a miña fiestra
e vin a noite estrelada.
O ceo de azul escuro,
as estrelas salpicadas, 
todas cheíñas de cores,
sobre todo de cor branca.
A lúa preside o ceo,
toda enchida de laranxa.
O pobo está silencioso,
alá ao lonxe, na montaña,
o vento sopra suave,
nin sequera o can ladraba.
Posteriormente, chegou o turno do alumnado de 4 anos coa súa poesía sobre "A habitación de Arlès", de Van Gogh.

A HABITACIÓN DE ARLÈS
Colgado dunha parede,
vin un cadro dun cuartiño,
non sei se será dun neno,
dun mozo ou dun velliño.
Tiña as paredes azuis,
na cama colcha amarela,
tiña, ademais, días cadeiras
e mesiña de madeira.
Era un cuarto pequerrecho
o que nese cadro vin!
Pregúntome cada noite:
Quen irá durmir alí?

Finalizada a quenda dos de 4 anos, lle tocaba o turno aos nenos e nenas de 5 anos, coa súa poesía sobre "Os xirasoles", de Van Gogh.

OS XIRASOLES

Un, dous tres,
catro, cinco, seis,
que cadro máis fermoso
o que alí atopei!
Tan cheo de flores,
conto que son doce,
de cor amarelo
con verdes e ocres.
Non son margaridas,
nin lirios, nin rosas,
son flores moi grandes,
son flores fermosas.
De pétalos amarelos
e co corazón marrón
cheíños de pipas
chaman a atención!
Dentro dun floreiro,
doce xirasoles son!
Cando o alumnado de educación infantil rematou de recitar as súas poesías, chegou o turno do alumnado de 1º ciclo de educación primaria, que compartiu a sesión con nós.
Así, escoitamos aos nenos de 1º e 2º de primaria recitar poesías diversas inspiradas no cadro "As Meninas", de Velázquez.
Coma sempre, foi unha xornada moi amena e divertida que culminou cun agasallo de Gaspar para todos os participantes en forma de marcapáxinas para cada un. 
Para máis información sobre este día, poderedes visitar o blog da BiblioRía: www.biblioria.blogspot.com

jueves, 21 de marzo de 2013

21 de marzo, Día da poesía

Coma todos os 21 de marzo, conmemoramos a chegada da primavera e o DÍA DA POESÍA na nosa BiblioRía. Así, durante esta mañá tivo lugar un Recital de poesía na BiblioRía, onde participaron dende os nenos/as de educación infantil ata o alumnado de 6º curso.
En relación ao proxecto de centro deste ano ("Lendo o mundo con Tintín") o alumnado de educación infantil escolleu unha sinxela canción do Congo titulada "Olelé".

Grazas ao blog http://mundosonidos.blogspot.com.es/ puidemos descobrir o seu significado e importancia.
"A canción Olelé está en lingua Lingala do Congo e ven incluida nun excelente traballo da Editorial Kokinos sobre "Canciones y nanas infantiles del Baobab" (que poderedes atopar na BiblioRía da escola xunto co seu correspondente CD).
Segundo os comentarios do libro sinalado, a canción procede dun conto no que os pescadores regresan sempre coas mans valeiras e van a outro lugar. Nos seus cantos invocan aos xenios do río Kasai. Despois, cando a corrente é moi forte e hai que remar duro invocan ao seu rei Benguela."

No conto "Tintín en el Congo" podemos atopar unha imaxe na que Tintín vai nunha canoa remando cos congoleños e cantando esta canción:

Vós tamén poderedes aprendela seguindo este sinxelo Karaoke:


Por último, aquí vos deixamos esta presentación de imaxes que recollen o Recital de Poesía que tivo lugar esta mañá na nosa BiblioRía.
Se queredes máis información sobre esta celebración podedes premer na seguinte ligazón:

jueves, 22 de marzo de 2012

21 de Marzo. DÍA DA POESÍA

Onte celebramos na BiblioRía da escola o Día da Poesía.
Como este ano, a "cousa" vai de barcos e piratas, decidimos traballar "La canción del pirata" de José de Espronceda.
Cada unha das aulas preparou un anaco da poesía e o traballou na clase.

Con diez cañones por banda,
viento en popa a toda vela,
no corta el mar, sino vuela,
un velero bergantín;


bajel pirata que llaman
por su bravura el Temido
en todo el mar conocido
del uno al otro confín.

La luna en el mar riela,
en la lona gime el viento
y alza en blando movimiento
ondas de plata y azul;
Se queredes descubrir máis información sobre esta celebración, poderedes visitar o blogue da BiblioRía:http://biblioria.blogspot.com.es/2012/03/21-de-marzo-dia-da-poesia.html