Mostrando entradas con la etiqueta China. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta China. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de febrero de 2017

APORTACIÓNS AO PROXECTO

Seguimos avanzando no proxecto de China! 
Cada día coñecemos un pouco máis dito país, a sua cultura e peculiaridades. 
Ao longo destes días, algúns nenos trouxeron diferentes aportacións a aula para investigar, mostrándollas aos seus compañeiros moi entusiasmados!
 Aquí vos deixo unas imaxes.

 Xoana trouxo uns palillos Chinos.

Noa un DVD con contos e lendas do país. 

 Miguel aportou un gato da sorte.

 E Valeria unha figura dun buda.

jueves, 26 de enero de 2017

UNHA VISITA ESPECIAL

Familias!! como xa sabedes, os nenos/as de educación infantil estamos traballando China, e na aula de 3 anos hoxe tivemos unha visita moi especial! Li - Pei, a mama de Lucas, é de Taiwan e estivo contándonos moitas cousas sobre a cultura China!


Coa axuda de Lucas aprendemos como se din algunhas palabras en Chino Mandarín.


Trouxonos un mapa de China onde puidemos observar a súa gran extensión e onde se sitúa a Gran Muralla China.



Tamén nos contou que este fin de semana comeza o ano novo Chino. Explicounos que cada ano se corresponde cun animal como símbolo de protección, e contounos unha lenda sobre ditos animais e o seu orde. Este novo ano será o ano do galo!





Aprendemos a utlizar os palillos e puidemos practicar con eles porque nos trouxo un montón! Con eles probamos un fruto seco Chino, que tiña un sabor moi diferente aos que estamos acostumados.












Para finalizar mostrunos como se escribe en China, e fíxonos para cada un unha palabra nunha cartulina vermella, decía "primavera".






Quedáronnos xenial!



E antes de marchar regalounos a cada un o noso nome escrito en Chino!






Aprendemos un montón con Li- Pei! 
Moitísimas grazas pola visita!!

viernes, 6 de marzo de 2015

As familias colaboran...Coñecemos China

Tiñamos pendentes de compartir con todos estas imaxes da sesión realizada na aula de 4 anos, onde o alumnado coñeceu un pouquiño máis China.
Nesta aula, contamos coa presenza de Anika, unha nena con nai chinesa, que tivo o detalle de compartir con nós curiosidades variadas sobre este país, xusto o mesmo día que daba comezo ou se celebraba o Aninovo Chinés. Sabedes que en China este ano se celebra "O ano da cabra"???
As letras e os caracteres tamén son moi diferentes; puidemos trazar con pintura negra a palabra "primavera" nunha folla de papel. Nas imaxes poderedes ver que poucas "palabras" tivemos que precisar!!!
Por outro lado, un dos símbolos máis característicos deste país é o dragón, así que non deixamos pasar a oportunidade de pintar un, así coma de formar coas nosas mans un dragón xigante no corredor da aula.
Por último, Anika nos ensinou unha canción chinesa e un baile moi divertido.
Pasamos unha xornada moi, moi divertida e entretida na que, grazas á colaboración da nai de Anila (GRAZAS sempre ás familias por colaborar) puidemos descubrir máis aspectos doutras culturas.