Mostrando entradas con la etiqueta BiblioRía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BiblioRía. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de mayo de 2019

A NOSA BIBLIORIA

OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS COMEZAMOS A FACER FORMACIÓN DE USUARIOS NA NOSA BIBLIOTECA.






 

jueves, 2 de noviembre de 2017

MOCHILA VIAXEIRA

Esta semana comezaron a circular as mochilas viaxeiras dende a BiblioRia, se premedes no enlace poderedes disfrutar das imaxes.

martes, 24 de octubre de 2017

BIBLIORIA

Un ano mais o noso amigo Gaspar mandounos unha invitación para ir a inauguración da BIBLIORIA


Cando entramos os alumnos de sexto fixeron unha estupenda presentación




Para seguir coa festa estivemos esperando a un contacontos pero como non chegou a tempo sustituino outro moi especial






Para rematar e coma sempre Gaspar tiña preparados uns agasallos para os profes e unhas gominolas para os nenos e nenas de infantil

MOITAS GRAZAS A GASPAR A E A TODO O SEU EQUIPO DE BIBLIOTECA

martes, 29 de noviembre de 2016

VISITAMOS A BIBLIORÍA E COÑECEMOS A GASPAR

Ao longo deste mes coñecemos e visitamos a Biblioría! (http://biblioria.blogspot.com.es/)
A profe Geli presentounos a Gaspar, a mascota da Bilioteca do colexio e explicounos que Gaspar existe de verdade! É un golfiño que transita a Ría de Vigo e disfruta moito achegándose as persoas!

 (pulsade na primeira imaxe para obter máis información sobre Gaspar)

https://gl.wikipedia.org/wiki/Gaspar_(golfi%C3%B1o)



Tamén aprendemos a utilizar o Encerado Dixital Interactivo da biblioteca. Encantounos!




Cubimos o noso pasaporte lector para poder ir a biblioteca e coller libros de prestamo.








Xa na clase, fixemos os nosos propios marcapáxinas de Gaspar, para cando levemos contos de préstamos da Biblioría deixalos no lugar onde collemos os contos, e así saber cal era o seu lugar cando o devolvamos.





 Quedaron así de bonitos!



Tamén colocamos na porta da aula un buzón para Gaspar, e xa recibimos as súas primeiras cartas! onde nos conta que nos levará de viaxe, ao longo de todo o curso, polas diferentes marabillas do mundo!!




miércoles, 18 de noviembre de 2015

A MALETA DE GASPAR



A MALETA DE GASPAR


RECIBIMOS NAS AULAS DE INFANTIL UNHA CARTA E UNHA MALETA QUE NOS DEIXOU GASPAR, DENTRO DA MALETA DEIXOUNOS UNS REGALIÑOS: ESTABA GASPAR QUE NOS FOI DANDO UN BICO A CADA UN DE NOS, LOGO HABIA UNHA CARPERTA CON ACTIVIDADES PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS O LONGO DO CURSO E POR ÚLTIMI ATOPAMOS UN CONTO PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS, ESTE CONTO TITULASE “EL MONSTROU DE COLORES”.AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS IMAXES DESTA VISITA TAN ESPECIAL QUE TIVEMOS HOXE

jueves, 11 de junio de 2015

Mercadillo de libros

O pasado luns, 8 de xuño, puidemos desfrutar na escola dunha actividade que nos gusta moito: o MERCADILLO DE LIBROS.
Grazas á organización da BiblioRía nos divertimos moito despois do patio, escollendo libros como agasallo por tantas lecturas, así como compartindo co noso padriño/madriña a creación e montaxe dun pequeno libro que tamén levamos para casa.
 Podedes descubrir toda a información sobre este día a través do blog da BiblioRía ou premendo na imaxe que tedes debaixo:
http://www.biblioria.blogspot.com.es/2015/06/o-martes-dia-9-de-xuno-tivemos-duas.html

lunes, 1 de junio de 2015

II Quedada Literaria

O pasado xoves, o alumnado de 5 anos da escola, xunto co de 6º de primaria, asistiu á II Quedada Literaria, un acto celebrado no Parque de Castrelos e no que participaron milleiros de escolas, grazas as súas Bibliotecas Escolares.
A nosa representación da BiblioRía non podía faltar; se premedes na imaxe que tedes abaixo, poderedes acceder a toda a información sobre a xornada.
http://www.biblioria.blogspot.com.es/2015/05/ii-quedada-literaria.html

jueves, 28 de mayo de 2015

Teatro prehistórico

"La cueva de Altamira", esta foi a obra de teatro que tres nenos de 6º e un neno de 5º representaron para o alumnado de educación infantil. A obra tivo lugar na BiblioRía da escola e Gaspar foi a que a presentou.
A representación tiña dúas partes: na primeira, fixeron unha representación do conto e, na segunda parte, explicaron, sobre un power point, onde está a Cova de Altamira, como vivían naquela época e as pinturas que facían. 
Por último, un neno recitou unha fermosa poesía sobre o conto, creada por él mesmo.
Os nenos e nenas de infantil pasárono moi ben!!! e os nenos/a maiores o fixeron estupendamente.Dende aquí, lles damos as grazas e un bico enorme tamén á mestra Geli que lles axudou en todo o proceso de creación.
 Non vos perdades as fotos! Preme na imaxe e accede ao blog da BiblioRía para poder ver as imaxes.
http://biblioria.blogspot.com.es/2015/05/teatro-prehistorico-para-os-nenos-e.html
 Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

viernes, 24 de abril de 2015

Día do Libro 2015

Onte, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO.
En primeiro lugar, no ximnasio, algúns dos nenos/as de 6º curso, encargados/as da BiblioRía, presentaron o acto para celebrar este día tan especial. Esta actividade dividíuse en dúas partes: 
- A importancia da lectura: puidemos desfrutar dun vídeo  que nos transportou a un lugar máxico, e cunha poesía que nos lembrou cousas que podemos atopar na lectura.
- O libro "El Quijote": recitaron algúns parágrafos e lembraron algunhas das citas máis célebres desta obra, sobre todo unha das que máis teñen que ver coa lectura: "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". 
Por último, puxemos un vídeo dun dos fragmentos da obra máis coñecido: "A batalla cos molinos".
A continuación, cada curso foi saíndo ao patio e se colocou no lugar correspondente para facer as lecturas dos padriños/madriñas aos afillados/as e compartir uns marabillosos marcapáxinas, feitos por eles.
 Dende o equipo de BiblioRía agasallamos aos nenos/as cunha gominola de Gaspar e outra gominola de flor.
  A xornada foi un éxito! Os nenos/as disfrutaron moito das lecturas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!!


Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

martes, 21 de abril de 2015

Contacontos con Manuel Solla (Actualizada)

Onte, na BiblioRía, recibimos a visita de Manuel Solla, co que pasamos unha xornada moi divertida e chea de historias, grazas á editorial SM.
Recibírono todos os nenos e nenas da escola, en quendas diferentes. O alumnado de educación infantil desfrutou con diferentes historias relacionadas coa prehistoria: fixeron xogos de interpretación, debuxos sobre a época,... Nas nosas aulas, estamos a traballar con este conto de SM, titulado "La Prehistoria", co que as familias agasallaron aos nenos e nenas polo Nadal.
Aquí vos deixamos coas imaxes das sesións realizadas con todo o alumnado durante toda a mañá.
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)